Lista dos accidentes xeolóxicos da lúas de Urano
Este artigo é unha lista dos accidentes xeolóxicos das lúas de Urano. As lúas que posúen accidentes xeolóxicos con nomenclatura son Ariel, Miranda, Oberón, Titania, Umbriel e Puck, o resto dos satélites de Urano aínda non teñen nomes para os seus accidentes xeolóxicos. A meirande parte destes accidentes xeolóxicos reciben un nome dunha entidade mitolóxica ou un nome dunha personaxe ficticia dunha obra literaria (sobre todo procedentes de obras de William Shakespeare.
Procedencia da nomenclatura da cada lúa
editar- A nomenclatura de Puck baséase en nomes de espíritos travesos ou falcatrueiros (semellantes a Puck).
- A nomenclatura de Miranda baséase en personaxes, cidades e vilas que aparecen nas obras de William Shakespeare.
- A nomenclatura de Ariel baséase en nomes de espíritos bondadosos.
- A nomenclatura de Umbriel baséase en nomes de espíritos escuros ou maliciosos
- A nomenclatura de Titania baséase en personaxes femininos, cidades e vilas que aparecen nas obras de William Shakespeare.
- A nomenclatura de Oberón baséase en heroes tráxicos, cidades e vilas que aparecen nas obras de William Shakespeare.
Polo momento os satélites pequenos de Urano aínda non teñen nomes para os seus accidentes xeolóxicos, pero as normas da nomenclatura para obxectos astronómicos prevé que se lles poñan nomes das heroínas das obras de Shakespeare e Pope.
Valles
editarNormalmente na xeoloxía planetaria, os vales ou canóns que existen nos astros (exceptuando a Terra) do Sistema Solar reciben o nome de vallis, que é a palabra latina para val (o seu plural latino é valles').
Ariel | |
---|---|
Vallis | Procedencia do Nome |
Leprechaun Vallis | Leprechauns da mitoloxía irlandesa |
Sprite Vallis | Sprites da mitoloxía celta |
Chasmata
editarNormalmente na xeoloxía planetaria, as depresións alargadas e normalmente bastante profundas que existen nos astros (exceptuando a Terra) do Sistema Solar reciben o nome de chasma, que é a palabra latina para depresión (o seu plural latino é chasmata').
Ariel | |||
---|---|---|---|
Chasma | Lonxitude (ou diámetro) en kms | Coordenadas | Procedencia do Nome |
Brownie Chasma | Brownies (Folclore británico) | ||
Kachina Chasma | Kachina (mitoloxía Hopi) | ||
Kewpie Chasma | Kewpie (Folclore británico) | ||
Korrigan Chasma | Korrigans (Folclore bretón) | ||
Kra Chasma | Kra (Akan sistema de crenzas) | ||
Pixie Chasma | Pixie (Folclore británico) | ||
Sylph Chasma | Sylph (Folclore británico) | ||
Oberón | |||
Chasma | Lonxitude (ou diámetro) en kms | Coordenadas | Procedencia do Nome |
Mommur Chasma | 537 | -16,3 N 323,5 E | Mommur, Folclore británico |
Titania | |||
Chasma | Lonxitude (ou diámetro) en kms | Coordenadas | Procedencia do Nome |
Belmont Chasma | 238 | -8,5 N 32,6 E | Belmont, Italia (O Mercador de Venecia) |
Messina Chasma | 1.492 | -33,3 N 335 E | Messina, Italia (Much Ado About Nothing) |
Cráteres
editarCoronae
editarAs coronae son estruturas ovais que existen en Venus e Miranda, pensase que están formadas por magma procedente do manto ou no caso de Miranda por diapiros baseados no ascenso de xeos quentes (no canto de sales, o cal sería o normal nos diapiros), a parte central destes domos elevados, colapsaríase e afundiríase , deixando unha forma de coroa, de aí o nome latino de corona (en plural, coronae).
Miranda | |
---|---|
Corona | Procedencia do Nome |
Arden Corona | Bosque de Arden (Ao voso gusto) |
Elsinore Corona | Elsinore (Hamlet) |
Inverness Corona | Inverness (Macbeth) |
Rexións
editarNormalmente na xeoloxía planetaria, as rexións con albedos ou cores marcadamente diferentes en relación coas súas áreas circundantes, que existen nos astros (exceptuando a Terra) do Sistema Solar reciben o nome de regio, que é a palabra latina para rexión (o seu plural latino é regiones').
Miranda | |||
---|---|---|---|
Regio | Latitude | Lonxitude | Procedencia do Nome |
Dunsinane Regio | 31,5 S 11,9 E | 244.0 | Dunsinane Hill (Macbeth) |
Ephesus Regio | 15,0 S 250,0 E | 225.0 | Efeso (The Comedy of Errors) |
Mantua Regio | 39,6 S 180,2 E | 399.0 | Mantua (The Two Gentlemen of Verona e Romeu e Xulieta) |
Sicilia Regio | 30,0 S 317,2 E | 170.0 | Sicilia (The Winter's Tale) |
Rupēes
editarNormalmente na xeoloxía planetaria, as escarpas no terreo que existen nos astros (exceptuando a Terra) do Sistema Solar reciben o nome de rupes (o seu plural latino é rupēes), que é a palabra latina para escarpa ou acantilados (evidentemente sen mar).
Miranda | |||
---|---|---|---|
Rupes | Lonxitude (ou diámetro) km | Coordenadas | Etimoloxía do nome |
Argier Rupes | Alxeria (A Tempestade) | ||
Verona Rupes | Verona (Romeu e Xulieta) | ||
Titania | |||
Rupes | Lonxitude (ou diámetro) km | Coordenadas | Etimoloxía do nome |
Rousillon Rupes | 402 | -14,7 N 23,5 E | Rosellón, Francia (All's Well That Ends Well) |
Sulci
editarNormalmente na xeoloxía planetaria, as Sulci (en singular Sulcus) son un grupo de regueiros ou sucos con cristas no medio, por cada regueiro profundo viría paralelamente unha banda de terreo en forma de crista o que seguiría outro regueiro paralelo, e así sucesivamente, Sulcus é a palabra latina para suco ou regueiro; este nome outorgáselles a este tipo de accidentes xeolóxicos que existen nos astros (exceptuando a Terra) do Sistema Solar.
Miranda | |
---|---|
Sulcus | Procedencia do Nome |
Naples Sulcus | Nápoles (A Tempestade) |
Syracusa Sulcus | Siracusa (The Comedy of Errors) |
Notas
editarCase tódolos datos están extraídos de páxinas da nomenclatura dos satélites e aneis de Urano aloxados na web da UGSS, polo cal non se fornece de referencias individuais (das nomenclaturas), podes atopa-las ligazóns a estas páxinas e á web da UGSS no apartado de Ligazóns externas.
Notas
editar- ↑ "PIA00044: Miranda high resolution of large fault". JPL, NASA. Consultado o 23-07-2007.
- ↑ Chaikin, Andrew (16-10-2001). Imaginova Corp., ed. "Birth of Uranus' provocative moon still puzzles scientists". space.com. Arquivado dende o orixinal o 08-11-2001. Consultado o 23-07-2007.