Kachina Chasmata

(Redirección desde «Kachina Chasma»)

Kachina Chasmata (ou Kachina Chasma) é o canon máis longo da superficie da lúa de Urano, Ariel. O seu nome procede do nome dun espírito da mitoloxía Hopi.[2] A chasmata ten 622 km de longo por 50 de ancho, cun sistema de fallas normais que corre en dirección noroeste-sueste. As fallas forman bloques nos chanzos das fallas chamados graben.[1] Estes canons cortan terreos con cráteres, o cal indica que posiblemente estes canons se formasen nun estadio tardío da evolución da lúa, cando o interior de Ariel se expandiu e o xeo da superficie rachou coma resultado desta expansión.[3] O chan de Kachina Chasma non é visible nas imaxes obtidas pola sonda Voyager 2 en xaneiro do ano 1986;[1] así pois, non se sabe se o chan da chasmata está cuberto por chairas suaves coma no caso doutras chasmata de Ariel.[3]

Kachina Chasmata
Imaxe de Ariel feita pola Voyager 2. Kachina Chasma pode ser vista na parte superior da imaxe.
Tipo de accidente xeolóxico Chasmata
Accidente xeolóxico de Ariel
Dimensións 622 x 50 km[1]
Profundidade ?
Coordenadas 33,7° S 246° E[2](coord. centrais)
Procedencia do nome espírito da mitoloxía Hopi.[2]

Durante o sobrevoo da Voyager 2 no ano 1986 sobre o hemisferio norte de Ariel, este non estaba iluminado polo Sol xa que a sonda chegou durante o transcurso do solsticio do sur de Urano. Pero con todo e grazas á iluminación recibida da reflexión da luz sobre Urano, os científicos puideron detectar algúns detalles do 'hemisferio escuro' poñendo en funcionamento novos métodos de procesado de imaxes. Estas análises indican que a chasmata segue discorrendo a través do hemisferio escuro, posiblemente incluso chegue a acada-lo outro lado do limbo.[4][5] A distancia total de Kachina Chasmata podería acada-los 1800–2200 km, e podería ser comparable a Ítaca Chasma de Tetis. [6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Smith, B. A.; Soderblom, L. A.; et al. (1986). ""Voyager 2 in the Uranian System: Imaging Science Results".". Science 233 (4759): 97–102. Bibcode:1986Sci...233...43S. PMID 17812889. doi:10.1126/science.233.4759.43. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Ariel: Kachina Chasmata". Gazetteer of Planetary Nomenclature. USGS Astrogeology. Consultado o 02-12-2010. 
  3. 3,0 3,1 Plescia, J. B. (1987). ""Geological terrains and crater frequencies on Ariel".". Nature 327 (6119): 201. Bibcode:1987Natur.327..201P. doi:10.1038/327201a0. 
  4. Stooke, P.J. (2001). "Voyager Images Revisited: New Views of the Satellites of Saturn and Uranus". 32nd Annual Lunar and Planetary Science Conference, March 12–16, 2001, Houston. XXXII: 1074. Bibcode:2001LPI....32.1074S. 
  5. Stryk, T. (13-05-2008). The Planetary Society, ed. "Revealing the night sides of Uranus' moons". The Planetary Society Blog. Consultado o 28-06-2011. 
  6. Stryk, T.; Stooke, P.J. (2008). "Voyager 2 Images of Uranian Satellites: Reprocessing and New Interpretations". 39th Lunar and Planetary Science Conference, held March 10–14, 2008 in League City, Texas. XXXIX: 1362. Bibcode:2008LPI....39.1362S. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar