Lingua lidia

lingua anatolia

O lidio foi unha lingua indoeuropea[1] do grupo anatolio falada en Lidia, antigo reino de Anatolia occidental. Utilizaba un alfabeto específico considerado de base grega[2]. O seu estudo é complicado, xa que só se atopou unha escasa serie de 64 inscricións (unhas poucas en verso) e grafitis datados entre os séculos -VI e -IV, a maioría nunha necrópole próxima a Sardes, ademais de lendas en diversas moedas[3][4]. A pesar de todo, o idioma puido ser traducido en gran parte. Utilizado entre os séculos -VIII e -II, Estrabón escribiu que no s. -I xa apenas quedaban trazas residuais da súa existencia[5]. Consérvanse unha serie de textos bilingües da Antigüidade que axudaron en gran medida a descifralo.

Lidio
Falado en: Anatolia
Rexións: Suroeste da península
Total de falantes: c. -700 até -200
Familia: Indoeuropea
 Linguas anatólicas
  Lidio
Escrita: alfabeto lidio
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: xld
Mapa
Status

Escritura

editar

Os lidios escribían cun sistema de escritura alfabético derivado do alfabeto grego, aínda que os símbolos gregos non significaban os mesmos sons que os lidios[6]. A maioría dos textos lidios conservados están escritos de dereita a esquerda, mentres que outros o están á inversa, polo que ambos os métodos deberon de ser válidos. Os textos posteriores mostran exclusivamente este último. O uso de palabras-divisores é variábel. Os máis de 100 textos de Lidia atópanse principalmente na antiga capital de Sardis. Inclúen decretos e epitafios, algúns das cales foron compostos en verso; a maioría foron escritos durante os séculos -V e -IV, aínda que algúns puideron ser creados xa no século -VII[7].

Descrición lingüística

editar

Fonoloxía

editar

O lidio valíase de 7 vogais que poden ser nasais (ã, ) ou non nasalizadas (a, e, i, o, u) e de 13 consoantes, incluíndo consoantes palatalizadas

Gramática

editar

Había dous xéneros: común e neutro, e dous números: singular e plural. Todos os nomes comúns terminaban en s l 's, o cal é moi probabelmente herdanza hitita, do mesmo xeito que o acusativo común n / v. Sábese a existencia dos pronomes amu (eu), emi (meu), bi (el) e bili (seu), aínda que habería máis.

Morfoloxía

editar

Substantivos e adxectivos distinguen formas singulares e plurais e ocorren en dous xéneros, animado e inanimado. Só tres casos están ben testemuñados: nominativo, acusativo e dativo-locativo. Poida que haxa outros casos que permanecen descoñecidos debido á escaseza de material.

Sintaxe

editar

A orde das palabras básica é suxeito obxecto verbo, pero os constituíntes poden estar extrapostos á dereita do verbo. O lidio tiña polo menos unha posposición. Os modificadores do substantivo normalmente preceden ao substantivo.

Texto de mostra

editar

Unha inscrición en lidio e arameo, que estivo entre as primeiras das atopadas por investigadores estadounidenses a comezos do século XX, proporcionou un equivalente limitado da Pedra de Rosetta e permitiu unha primeira penetración do idioma. A primeira liña foi destruída, os oito restantes son:

[o]raλ islλ bakillλ est mrud eśśk [wãnaś]
laqrisak qelak kudkit ist esλ wãn[aλ]
bλtarwod akad manelid kumlilid silukalid akit n[ãqis]
esλ mruλ buk esλ wãnaλ buk esνaν
laqirisaν bukit kud ist esλ wãnaλ bλtarwo[d]
aktin nãqis qelλk fẽnsλifid fakmλ artimuś
ibśimsis artimuk kulumsis aaraλ biraλk
kλidaλ kofuλk qiraλ qelλk bilλ wcbaqẽnt

Exemplos de palabras

editar

    - ora - mes

        - laqrisa - muro

     - - bira - casa

     - qira - terra, chan, bens inmobles

Palabras lidias aínda en uso

editar

Unha palabra lidia que entrou na terminoloxía internacional moderna podería ser labrys, "dobre-machada'", unha palabra non grega non testemuñada aínda en inscrición lidia ningunha pero no tema de que Plutarco declara: «Os lidios chaman á machada labrys». Outro préstamo lidio agora usado internacionalmente podería ser tirano "gobernante mesquiño" , primeiro utilizado en fontes da Antiga Grecia, sen connotacións negativas, a finais do século -VIII / -VII. O rei Xixes de Lidia, fundador da dinastía mermnada. O nome derívase posibelmente da súa cidade natal, chamada Tyrrha na antigüidade clásica (actual Tire, Turquía)[8][9].

Tamén outro é o elemento molibdeno, tomado do grego antigo mólybdos, "chumbo", do grego micénico mo-ri-wo-do, presumibelmente un préstamo lingüístico do lido mariwda- "escuro"[10].

  1. Meriggi, Piero; Der indogermanische Character des Lydischen. Hirt Festschrift II, pp 285-290 (1936).
  2. Rodríguez Adrados, Francisco; Historia de la lengua griega p. 72.
  3. Lenguas Anatolias. Idioma lidio (Último acceso: 19-setembro-2008).
  4. Ricardo Accurso: Los lidios, cultura y lengua Arquivado 14 de abril de 2018 en Wayback Machine. (Última consulta: 9-agosto-2010).
  5. Burak Sansal - All about Turquey; en inglés (Último acceso: 20-setembro-2008.
  6. Everson, Michael; Proposal to encode the Lycian and Lydian scripts in the SMP of the UCS (2006). Versión .pdf Arquivado 09 de febreiro de 2012 en Wayback Machine..
  7. http://www.britannica.com/EBchecked/topic/22939/Anatolian-languages/74580/Lydian
  8. Plutarch - Frank Cole Babbitt. Moralia ISBN 978-1-4179-0500-3, Volume 4, p. 235. Kessinger Publishing. 
  9. Will Durant - Ariel Durant ISBN 978-1-56731-013-9. The story of civilization, Volume 2, pp. 122. Simon and Schuster. 
  10. Melchert, Craig. "Greek mólybdos as a Loanword from Lydian" (PDF). University of North Carolina at Chapel Hill. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de outubro de 2008. Consultado o 13 de abril de 2018.