División de Honra de Rugby 1981-1982

A tempada 1981-1982 da Liga Nacional de rugby foi a décimo quinta edición da máxima categoría do rugby en España, e a cuarta cun formato composto por 4 grupos. A liga contou con 29 equipos. O calendario da competición estivo formado por un número variable de xornadas dependendo do grupo. Na primeira fase enfrontáronse entre si dúas veces tódolos equipos de cada grupo, denominados "Levante", "Centro", "Sur" e "Norte". Na segunda fase enfrontáronse entre si os campións de cada grupo nunha liguiña denominada "Superliga" para determinar o campión do torneo, que finalmente foi o Club Deportivo Arquitectura de Madrid.

División de Honra
Fundación1952
RexiónEspaña España
Equipos29
Actual campión-
OrganizadorFederación Española de Rugby
Sitio webwww.ferugby.es

Sistema de puntuaciónEditar

O sistema de puntuación foi o seguinte:

  • 2 puntos por vitoria.
  • 1 punto por empate.
  • 0 puntos por derrota.
  • 1 punto por encontro xogado (só na primeira fase).

ClasificaciónsEditar

Primeira FaseEditar

SuperligaEditar

  División de Honra — Tempada 1981/82 - Superliga
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. PF PC
1   CD Arquitectura 6 3 3 0 0 125 23
2   Hernani CRE 4 3 2 0 1 34 86
3   FC Barcelona 2 3 1 0 2 57 36
4   CR Ciencias 0 3 0 0 3 24 95

En azul      o equipo campión (1º).

O Club Deportivo Arquitectura acadou o campionato nacional de liga. Foi o 5º título de liga para o club madrileño.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar