Rugby Club Cornellà
O Rugby Club Cornellà é unha entidade deportiva da cidade catalá de Cornellà de Llobregat, fundada no ano 1931, e tradicionalmente adicada ó rugby. No seu palmarés ten un título de liga (no ano 1979), e 7 copas catalás (nos anos 1975, 1979, 1980, 1981, 1989, 1993 e 2001).
Fundación | 1931 |
---|---|
Na rede | |
http://www.rugbyclubcornella.com/ | |
Historia
editarO RC Cornellà foi fundado no ano 1931 por veciños de Sant Boi de Llobregat, cidade na que se fundou o primeiro club de rugby en España, a UE Santboiana, coa intención de que houbese outro equipo de rugby na outra beira do río Llobregat que separa ámbolos dous concellos.
Dende a creación da Liga Española de rugby en 1970, o RC Cornellà foi un dos equipos máis habituais na División de Honra ata mediados dos anos 80. Mesmo acadou o título de campión na tempada 1978/79, ano no cal houbo 4 campións ao non xogarse os play offs polo título entre os 4 mellores equipos. Dende a tempada 1985/86 competiu na Primeira División Nacional, acadando 2 ascensos ao primeiro nivel que duraron 1 e 2 anos. En 1996 o equipo ascendeu á División de Honra B, na que competiu 2 anos. Na tempada 1997/98 rematou 8º no seu grupo, co cal tiña que descender de novo á Primeira División Nacional, pero a directiva tomou a decisión de retirarse das competicións nacionais e adicarse tan só ás categorías rexionais catalás cunha estrutura cento por cento afeccionada.
Actualmente a sección de rugby do RC Cornellà milita na 2ª División Catalá, categoría na cal o equipo rematou en 3ª posición na tempada 2010/11.
Nos últimos anos o club tamén está a promover a práctica doutros deportes relacionados co "balón oval", creando seccións deportivas de Fútbol australiano e Rugby a 13.
Palmarés
editar- Posicións do Rugby Club Cornellà nas competicións nacionais
Categoría | 2012 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 | 95 | 94 | 93 | 92 | 91 | 90 | 89 | 88 | 87 | 86 | 85 | 84 | 83 | 82 | 81 | 80 | 79 | 78 | 77 | 76 | 75 | 74 | 73 | 72 | 71 | 70 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Div.Honra | 10 | 12 | 8 | 9 | 8 | 7 | x | x | x | 1 | 4 | 5 | 6 | 10 | 9 | ||||||||||||||||||||||||||||
Div.HonraB | 8 | 3 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1ªNacional | 1 | 2 | 3 | 2 | 3 | 2 | 7 | 6 | 7 | 7 | 3 | 1 | 8 | 10 | 3 | 1 | 4 | 4 | 1 | ||||||||||||||||||||||||
Copa |
A División de Honra comezou a disputarse en 1970. A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español. A Primeira División Nacional existe dende a tempada 1972-73. Naceu como o 2º nivel do rugby español, e dende a tempada 1998-99 é o 3º.