Leonardo Sciascia
Leonardo Sciascia, nado en Racalmuto (Agrigento) o 8 de xaneiro de 1921 e finado en Palermo o 20 de novembro de 1989, foi un escritor siciliano.
Leonardo Sciascia | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 8 de xaneiro de 1921 |
Lugar de nacemento | Racalmuto |
Falecemento | 20 de novembro de 1989 |
Lugar de falecemento | Palermo |
Nacionalidade | Italia e Reino de Italia |
Ocupación | político, escritor, xornalista, novelista, dramaturgo, guionista, poeta e ensaísta |
Coñecido por | Il contesto |
Premios | Bagutta Prize |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estudou Maxisterio en Caltanissetta e foi mestre en Racalmuto entre 1949 e 1957 e en Caltanissetta entre 1957 e 1969. En 1970 deixou a ensinanza e pasou a exercer o xornalismo en Corriere della Sera. Simpatizou co Partido Comunista Italiano, mais acabou por afastarse da liña oficial para adoptar unha posición independente, o que lle valeu o recoñecemento e estima de literatos, políticos e público en xeral, que o consideraran "conciencia crítica de Italia" pola súa implacable denuncia da corrupción política e da violencia mafiosa. En 1975 foi elixido concellleiro na cidade de Palermo, mais dimitiu dous anos máis tarde; despois foi elixido deputado europeo e deputado ao congreso italiano (1979-1983) polo Partido Radical de Marco Panella. Formou parte da comisión de investigación sobre o asasinato de Aldo Moro.
Finou por mor dun cancro.
ObraEditar
Sicilia e as súas xentes están presentes na maioría das súas obras. En 1956 publicou Le parrocchie di Regalpetra, unha narración aparentemente neorrealista mais de carácter autobiográfico e ensaístico, ambientada nunha aldea siciliana, trasunto de Racalmuto. En 1961 publicou a súa primeira novela policíaca sobre a mafia, Il giorno della civetta, de temática similar a A ciascuno il suo (1966). Il consiglio d'Egitto (1963) está ambientado en Sicilia a finais do século XVIII.
- Le favole della dittatura (1950)
- La Sicilia, il suo cuore (1952)
- Pirandello e il pirandellismo (1953)
- Le parrocchie di Regalpetra (1956)
- Gli zii di Sicilia (1958)
- Il giorno della civetta (1961)
- Il consiglio d'Egitto (1963)
- Morte dell'Inquisitore (1964)
- L'Onorevole (1965)
- Feste religiose in Sicilia (1965; fotografías de Ferdinando Scianna)
- A ciascuno il suo (1966)
- Narratori in Sicilia (1967; con S. Guglielmino)
- Recitazione della controversia liparitana dedicata ad A.D. (1969)
- La corda pazza (1970)
- Atti relativi alla morte di Raymond Roussel (1971)
- Il contesto (1971)
- O mar da cor do viño (Il mare color del vino, 1973; tradución ao galego de Silvia Gaspar)
- Todo modo (1974)
- La scomparsa di Majorana (1975)
- Cola pesce (1975)
- I pugnalatori (1976)
- Candido, ovvero un sogno fatto in Sicilia (1977)
- L'affaire Moro (1978)
- Nero su nero (1979)
- Dalle parti degli infedeli (1979)
- Il teatro della memoria (1981)
- Conversazioni in una stanza chiusa (1981; con Davide Lajolo)
- Kermesse (1982)
- La sentenza memorabile (1982)
- Cruciverba (1983)
- Cronachette (1983)
- Per un ritratto dello scrittore da giovane (1985)
- La strega e il capitano (1986)
- 1912+1 (1986)
- Porte aperte (1987)
- Il cavaliere e la morte (1988)
- Ore di Spagna (1988)
- Alfabeto pirandelliano (1989)
- Una storia semplice (1989)
- Occhio di capra (1990)
- Fatti diversi di storia letteraria e civile (1989)
- A futura memoria (se la memoria ha un futuro) (1989)
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Leonardo Sciascia |