Laxoso de Abaixo, Ponte Caldelas, Ponte Caldelas

lugar da parroquia de Ponte Caldelas, no concello de Ponte Caldelas
(Redirección desde «Laxoso de Abaixo»)

Laxoso de Abaixo é un lugar da parroquia de Ponte Caldelas no concello pontevedrés de Ponte Caldelas, na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE,[1] en 2022 tiña 102 habitantes (56 homes e 46 mulleres).

Laxoso de Abaixo
ParroquiaPonte Caldelas
ConcelloPonte Caldelas
Coordenadas42°23′37″N 8°28′41″O / 42.3936415, -8.4781614Coordenadas: 42°23′37″N 8°28′41″O / 42.3936415, -8.4781614
Poboación102 hab. (2022)
editar datos en Wikidata ]

Etimoloxía editar

O nome desta pequena identidade local provén da grande abundancia de laxes (pedras) que existen no seu terreo. Un dos seus maiores atractivos son as vistas que ofrece cara ao alto do Pé da Múa.

Xeografía editar

Limita ao norte con Aguasantas pertencente ao concello Cerdedo-Cotobade e cara ao leste co concello da Lama. Pódese chegar pola estrada PO-534 (Ponte Caldelas-Aguasantas) e sitúase a 3 km de Ponte Caldelas, capital do concello.

Por aquí discorre a ruta de sendeirismo das Almiñas e do Foxo do Lobo (Os pasos da Fraga).

Lugares e parroquias editar

Lugares de Ponte Caldelas editar

Lugares da parroquia de Ponte Caldelas no concello de Ponte Caldelas (Pontevedra)

Caldelas | Ponte Caldelas | Laxoso de Arriba | Laxoso de Abaixo | Cuñas | Pazos | Gradín | Parada | Paradela | Sorreira

Parroquias de Ponte Caldelas editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Ponte Caldelas

Anceu (Santo André) | Caritel (Santa María) | Castro Barbudo (Santa María) | Forzáns (San Fiz) | A Insua (Santa Mariña) | Ponte Caldelas (Santa Eulalia) | Taboadelo (Santiago) | Tourón (Santa María) | Xustáns (San Martiño)

Notas editar

  1. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar