Lavandula latifolia

especie de planta

Lavandula latifolia
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Lamiales
Familia: Lamiaceae
Subfamilia: Nepetoideae
Tribo: Lavanduleae
Xénero: Lavandula
Subxénero: Lavandula
Sección: Lavandula
Especie: L. latifolia
Nome binomial
Lavandula latifolia
Medik.

A Lavandula latifolia é un arbusto da familia das lamiáceas (Lamiaceae), presente en España, o sur de Inglaterra, e Francia, sobre todo en comunidades de zonas montañosas, en matogueiras. Tamén pode encontrarse nos Pireneos e nas montañas que separan Valencia de Aragón e de Cataluña, onde conviven Lavandula latifolia e Lavandula angustifolia, abrindo as primeiras flores L. latifolia, e L. angustifolia acabando a floración.

Ilustración.

O aroma de Lavandula latifolia é desagradable, e o de L. angustifolia moi bo.

Descrición editar

A Lavandula latifolia é un arbusto perenne en forma de mata. Alcanza os 80 cm de altura. As follas son lineares-oblongas, duns 10 cm de lonxitude. As flores (as cales son polinizadas por diferentes insectos) son perfumadas, hermafroditas e de cor azul ou violeta; aparecen en agosto e prodúcense en espigas terminais. Toda a planta desprende un olor alcanforado.

Composición química editar

  • d-alcanfor (36%)
  • 1-8 cineol (33%)
  • d-borneol (4%) (substancia coñecida como alcanfor de Borneo, de fórmula C10H18O)
  • alfa Pineno (4%)
  • beta pineno (3%)
  • cariofileno (2%)
  • d-canfeno (2%)
  • azulenol 2%
  • lineol
  • xeraniol

Usos medicinais editar

  • A lavanda Lavandula latifolia ten características medicinais similares á Lavandula angustifolia. Produce tamén un aceite esencial, aínda que de inferior calidade. O aceite esencial obtido das flores é abortivo, antibacteriano e antiséptico, e pode ser utilizado con fins de aromaterapia.
  • É utilizada vía tópica para tratar feridas, queimaduras, picaduras etc. Tamén pode ser utilizada para tratar desordes dixestivas e do sistema inmunitario.
  • Débese lembrar que as esencias poden producir gastrite e úlcera péptica, reaccións alérxicas e, en doses elevadas, dores de cabeza, náuseas, vómitos e somnolencia; razón pola cal, para o seu uso, débese ter asesoramento médico ou farmacéutico.

Sinónimos editar

  • Lavandula spica subsp. latifolia Bonnier e Layens [1894]
  • Lavandula latifolia var. tomentosa Briq. [1895]
  • Lavandula latifolia var. erigens (Jord. e Fourr.) Rouy [1909]
  • Lavandula interrupta Jord. e Fourr. [1868]
  • Lavandula inclinans Jord. e Fourr. [1868]
  • Lavandula guinandii Gand. [1875]
  • Lavandula decipiens Gand. [1875]
  • Lavandula cladophora Gand.[1]
  • Lavandula spica var. vulgaris Ging., Hist. Nat. Lavand.: 154 (1826), nom. inval.
  • Lavandula major Garsault, Fig. Pl. Méd.: t. 330 (1764), opus utique oppr.
  • Lavandula spica var. ramosa Ging., Hist. Nat. Lavand.: 154 (1826).
  • Lavandula ovata Steud., Nomencl. Bot., ed. 2, 2: 17 (1841).
  • Lavandula erigens Jord. e Fourr., Brev. Pl. Nov. 2: 88 (1868).
  • Lavandula hybrida E.Rev. ex Briq., Lab. Alp. Mar.: 469 (1895).[2]

Notas editar

  1. "Sinonimia en Tela Botánica.". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2011. Consultado o 01 de decembro de 2013. 
  2. "Lavandula latifolia". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 6 de abril de 2010. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Blumenthal M, Goldberg A, Brinckmann J. Herbal Medicine, Expanded Commission E Monographs. Integrative Medicine Communications, Newton. First Edition, 2000.
  • Grases F, Melero G, Costa-Bauza A et al. Urolithiasis and phytotherapy. Int Urol Nephrol 1994; 26(5): 507-11.
  • Paris RR, Moyse H. Matière Médicale. Masson & Cia., París; 1971. Tome.
  • PDR for Herbal Medicines. Medical Economics Company, Montvale. Second Edition, 2000.

Ligazóns externas editar