Lavandula angustifolia

especie de planta

Lavandula angustifolia

Lavandula angustifolia
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Lamiales
Familia: Lamiaceae
Subfamilia: Nepetoideae
Tribo: Lavanduleae
Xénero: Lavandula
Subxénero: Lavandula
Sección: Lavandula
Especie: L. angustifolia
Nome binomial
Lavandula angustifolia
Mill.

A Lavandula angustifolia Mill. 1768, tamén chamada Lavandula vera DC. 1815 ou Lavandula officinalis Chaix 1786 é unha especie do xénero Lavandula. Varios nomes latinos que demostran o interese que lle manifestou a farmacia hai moito tempo (officinalis) e que detallan os seus aspectos morfolóxicos (angustifolia : “con follas angostas”). En galego pódese denominar lavanda [1], nome que tamén recibe todo o xénero.

A Lavandula angustifolia forma pequenas matas con sumidades floridas curtas sen ramificacións. Dado que a súa espiga floral pode ter varios aspectos tanto na súa forma como na súa cor, poderase utilizar o termo “lavanda angustifolia de poboación”.

Descrición

editar

Presenta follas opostas, simples, enteiras e pinnatífidas. Posúe inflorescencias de tipo verticilastro dispostas en pisos separados ao longo do eixo florífero, axilados por brácteas "florais", e unha coroa de brácteas que aparecen no alto da inflorescencia, cuxa función é atraer os insectos polinizadores.

As flores son de cor azul-violácea, pequenas, cun cáliz tubular, case actinomorfo, acostelado con 5 dentes curtos e un apéndice romboidal na parte superior. A corola é bilabiada, co labio superior recto, ergueito, formado por dous lóbulos. O labio inferior é trilobado. Posúen catro estames, didínamos e o ovario dividido en catro partes. O froito preséntase en tetranúcula.

A planta florea no verán e a colla das flores para uso medicinal lévase a cabo nos meses de xullo e agosto.

Cultivo

editar

Esta planta é endémica da rexión mediterránea occidental e reprodúcese por sementes, é dicir, naturalmente. Non se pode atopar brava noutra parte do mundo. A Lavandula angustifolia atura ben o frío e os terreos que máis lle corresponden áchanse entre 800 metros de altitude e 1400 metros ou máis alto.

A Lavandula angustifolia na súa forma de aceite esencial serve para o tratamento de[Cómpre referencia]:

- Os insomnios (2 a 3 gotas sobre o traveseiro), a irritabilidade (difusión no ar), as dores de cabeza (masaxar as tempas), o estrés (5 a 6 gotas no baño). A Lavandula angustifolia é calmante.

- As feridas e queimaduras (1 a 2 gotas), o eccema seco (2 a 3 gotas nun cacho de algodón e pasar sobre as placas sen fretar), as escamas, as queimaduras do sol, as picadas de insectos. A Lavandula angustifolia é desinfectante e cicatrizante.

- Os arrefriados e a sinusite (1 a 2 gotas por inhalar en auga quente). A Lavandula angustifolia é antiinfeccioso.

- As dores de gorxa (1 a 2 gotas sobre unha pedra de azucre o unha culler de mel).

- As contraccións e reumatismos (fretar cunhas gotas na zona). A lavanda é relaxante e calma a dor.

- Os piollos (1 gota detrás das orellas en prevención), os parasitos intestinais (1 gota nunha pedra de azucre en cura de 3 días). A Lavandula angustifolia é antiparasitario.

Uso da flor

editar

Apáñanse os extremos dos talos ao principio da floración coas flores azuis ou violetas. Cando se enxuguen poden facerse moitas cousas con elas, como:

  1. Metelas en saquiños para pólos en armarios ou zapateiros xa que é excelente contra a traza.
  2. Caixas de perfumes.
  3. Dúas presadas de flor de Lavandula angustifolia nun recipiente cheo ata a metade con auga destilada e con alcol de 90º o resto, é un desinfectante ecolóxico.
  4. Se no preparado anterior engadimos unha presada de pétalos de rosa e un vaso de vinagre de sidra obterase unha loción suavizante para as mans.
  5. Unha presada de flor de esprego macerado durante 15 días en 1/4 L de aceite de oliva, é bo contra as picadas de insectos.
  6. Unha cataplasma xunto con tomiño e romeu alivia os retorzóns e as escordaduras.
  7. Para facer infusións: 8 g por litro para o insomnio e 20 g para febre.

Variedades e sinonimia

editar
 
Lavandula angustifolia

subsp. angustifolia. De Francia a Italia.

  • Lavandula spica L., Sp. Pl.: 572 (1753), nom. rej.
  • Lavandula minor Garsault, Fig. Pl. Méd.: t. 331 (1764), opus utique oppr.
  • Lavandula vulgaris Lam., Fl. Franç. 2: 403 (1779).
  • Lavandula officinalis Chaix, Pl. Vapinc.: 51 (1785).
  • Lavandula fragrans Salisb., Prodr. Stirp. Chap. Allerton: 78 (1796).
  • Lavandula vera DC. in J.B.A.M.de Lamarck & A.P.de Candolle, Fl. Franç., Suppl.: 398 (1805).
  • Lavandula delphinensis Jord. ex Billot, Cent. 27, 28: 4 (1859).
  • Lavandula Momparler Valencia, descuberta por Juan Ismael Momparler Albors, (2012).

subsp. pyrenaica (DC.) Guinea, Bot. J. Linn. Soc. 65: 263 (1972). Dos Pireneos e norte de España.

  • Lavandula pyrenaica DC. in J.B.A.M.de Lamarck & A.P.de Candolle, Fl. Franç. 5: 398 (1815).
  • Lavandula vera var. pyrenaica (DC.) Benth., Labiat. Gen. Spec.: 149 (1833).
  • Lavandula spica var. pyrenaica (DC.) Nyman, Consp. Fl. Eur.: 572 (1881).
  • Lavandula officinalis var. pyrenaica (DC.) Chaytor, J. Linn. Soc., Bot. 51: 174 (1937).
  • Lavandula spica var. faucheana Briq., Lab. Alp. Mar.: 468 (1895).
  • Lavandula officinalis var. faucheana (Briq.) Rouy in G.Rouy & J.Foucaud, Fl. France 11: 255 (1909).
  • Lavandula spica var. turolensis Pau, Bol. Soc. Iber. Ci. Nat. 27: 170 (1928).[2]
  1. VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  2. "Lavandula angustifolia". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 6 de abril de 2010. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar