Larry Page

Científico informático estadounidense e empresario de Internet, cofundador de Google

Lawrence Edward "Larry" Page[1], nado en East Lansing (Míchigan) o 26 de marzo de 1973, é un científico informático e empresario estadounidense. Page é cofundador, xunto con Serguei Brin[2][3] de Google, anteriormente chamada BackRub. Page é o director executivo (CEO) da compañía matriz de Google, Alphabet Inc.

Infotaula de personaLarry Page

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalLawrence Edward Page
Biografía
Nacemento26 de marzo de 1973 (51 anos)
East Lansing, Míchigan, U.S.A.
Director executivo Alphabet Inc.
agosto de 2015 – decembro de 2019
Director executivo Google
4 de abril de 2011 – agosto de 2015
Director executivo Google
2000 – 2001
Board of directors member (en) Traducir Alphabet Inc.
1998 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPalo Alto Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidade estadounidense
EducaciónEast Lansing High School (en) Traducir (1987–1993)
Universidade de Míchigan - enxeñaría informática
Universidade Stanford - ciencias da computación
Centro Interlochen de Artes (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor , informático teórico , enxeñeiro Editar o valor em Wikidata
EmpregadorGoogle Editar o valor em Wikidata
Membro de
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Patrimonio estimado34.800 M$ (28 de xuño de 2016) Editar o valor em Wikidata
Participou en
21 de xaneiro de 2004World Economic Forum Annual Meeting 2004 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLucinda Southworth (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsCarl Victor Page, Jr. (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

TED: sergey_brin_and_larry_page WikiTree: Page-11534 Editar o valor em Wikidata

Page é o inventor de PageRank, o algoritmo de clasificación de procura máis coñecido de Google.[4][5][6][7][8][9][10] Page recibiu o Premio Marconi en 2004.[11]

É, ademais, un dos homes máis ricos do mundo; en outubro de 2017 estimábase que tiña un patrimonio neto de 40.7 mil millóns de dólares (2017).[2]

Traxectoria editar

Page é fillo de dous docentes universitarios, Gloria Page, profesora de programación no Lyman Briggs College e na Universidade Estatal de Míchigan e Carl Victor Page, profesor de ciencias da computación e intelixencia artificial da Universidade Estatal de Míchigan, foi un pioneiro e autoridade no campo da Intelixencia artificial, prematuramente falecido en 1996.[12]

Desde os dous anos de idade asistiu en Lansing a unha escola do método Montessori. A paixón de Page polos computadores e a informática empezou aos seis anos, e o seu interese pola tecnoloxía e os inventos aos doce. O seu ídolo xuvenil foi Nikola Tesla.[13] Seguindo os pasos dos seus pais, e baixo a súa orientación, cursou estudos na East Lansing High School e graduouse con honras na Universidade Estatal de Míchigan, obtendo un grao en enxeñería de computadores (Computer Engineering). Doutorouse en ciencias da computación na Universidade Stanford. O Instituto de empresa premiouno cun máster honorífico en administración de empresas e foi o primeiro en recibir o premio Alumni society recent engineering graduate da Universidade de Míchigan.

Google editar

Durante o seu doutoramento en Stanford coñeceu a Sergey Brin. Xuntos desenvolveron e puxeron en marcha o buscador Google, que empezou a funcionar en 1998. Google está baseado na tecnoloxía patentada PageRank. Dise que lle puxeron este nome ao buscador pola súa semellanza coa palabra googol ou gúgol (nome dun número extremadamente grande, 10 elevado á 100, ou 10100).

O primeiro artigo sobre Google que ambos publicaron nun periódico científico foi "The Anatomy of a Large-Scale Hypertextual Web Search Engine" (1998),[14] que figurou pronto entre os dez artigos máis citados de todos os tempos.[15] Page foi presidente de Google xunto con Sergey Brin ata 2001, ano en que decidiron contratar a Eric Schmidt. Page dirixe Google xunto a Serguey Brin e Schmidt.

A data 4 de abril de 2011 Eric Schmidt cesou a súa actividade como director executivo (CEO) de Google para dar paso a Larry Page.

Outros datos editar

Page deu conferencias en diversos foros internacionais, como o Foro Económico Mundial, a Conferencia de Tecnoloxía, Entretemento e Deseño, o Cume sobre Tecnoloxía do The Wall Street Journal, ou o Club Commonwealth. Foi nomeado World Economic Forum Global Leader for Tomorrow (Líder Global para o Futuro do Foro Económico Mundial) en 2002, así como Young Innovator Who Will Create the Future (Mozo Innovador Que Creará o Futuro) pola revista Technology Review do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT). Membro do National Advisory Committee (NAC) da Facultade de Enxeñería da Universidade de Míchigan, foi nomeado Innovator of the Year (Innovador do Ano) pola revista Research and Development e foi elixido membro da Academia Nacional de Enxeñería en 2004.

En 2004, xunto con Brin, recibiu o Premio Marconi, e o 24 de outubro de 2008, en nome de Google, o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades.

O seu irmán máis vello, Carl Victor Jr., foi cofundador de eGroups, máis tarde vendido a Yahoo.[16]

O 8 de decembro de 2007, na hawaiana illa Necker, Larry Page casou con Lucinda (Lucy) Southworth, licenciada en ciencias biomédicas das universidades de Pensilvania e Oxford.

Notas editar

  1. Brent, Corley (2017). Stanford Web Site, ed. "Corley Page". Cloud. Consultado o 18 de maio de 2010. 
  2. 2,0 2,1 Forbes Magazine (2017). "Larry Page". Forbes Magazine. Consultado o 21 de outubro do 2017. 
  3. Mashable, ed. (27 de setembro do 2013). "In The Garage Where Google Was Born". Consultado o 20 de xullo do 2016. 
  4. Nicholas Carlson (24 de abril de 2014). Business Insider, Inc, ed. "The Untold Story Of Larry Page's Incredible Comeback". Business Insider. Consultado o 22 de outubro do 2017. 
  5. TechCrunch. AOL, ed. "Gmail Now Has 425 Million Users, Google Apps Used By 5 Million Businesses And 66 Of The Top 100 Universities". 
  6. DMR - Digital Marketing Ramblings (ed.). "60 Amazing Google Search Statistics and Facts". 
  7. internetlivestats.com (ed.). "Google Search Statistics". 
  8. "Google locations". google.com. 
  9. "Google Inc. Announces Fourth Quarter and Fiscal Year 2014 Results". 
  10. Google, ed. (2 de febreiro de 2015). "Management team". Google Company. Consultado o 2 de febreiro de 2015. 
  11. marconisociety.org (ed.). "The Marconi Society Fellows". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2012. Consultado o 21 de outubro de 2017. 
  12. "Former faculty member dies". Noticiero del Departamento de Computación de la University of North Carolina at Chapel Hill, nº 18, otoño de 2004 Arquivado 16 de febreiro de 2018 en Wayback Machine. (consultado el 27-9-2011).
  13. A. Ignatius, "In Search Of The Real Google", revista Time, 12-2-2006 Arquivado 23-08-2013 en Wayback Machine. (consultado el 27-9-2011).
  14. Actas da WWW7. Seventh International Conference on World Wide Web, publicado na revista Computer Networks and ISDN Systems 30, núms. 1-7, 1 abril de 1998.
  15. Documento sobre Larry Page en "Seminar on People, Computers, and Design" na Universidade Stanford, 11 de xaneiro de 2001 (consultado o 27-9-2011).
  16. Biografía de Larry Page.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar