Sergey Brin
Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
Serguéi Mijáilovich Brin, en cirílico ruso Сергей Михайлович Брин, nado en Moscova o 21 de agosto de 1973, é un científico da computación e empresario de Internet estadounidense de orixe rusa que, xunto a Larry Page, fundou Google, unha das máis rendibles, grandes e soadas compañías de internet. En conxunto, Brin e Page aínda manteñen o control dun 16% da compañía. É á súa vez unha das persoas máis ricas do mundo, cunha fortuna persoal estimada en 39 800 millóns de dólares (outubro 2017).[2][3]
Serguéi Mijáilovich Brin | |
---|---|
![]() Serguéi Brin na China en 2010 | |
Datos persoais | |
Nome completo | Сергей Михайлович Брин |
Nacemento | 21 de agosto de 1973 (50 anos) |
Lugar | Moscova, ![]() |
Nacionalidade | Unión Soviética e Estados Unidos de América |
Etnia | Pobo xudeu |
Cónxuxe | Anne Wojcicki (ata 2013)[1] |
Fillos | Benji Wojin e Chloe Wojin |
Actividade | |
Campo | empresario, informático teórico e inventor |
Alma máter | Universidade de Maryland, Universidade Stanford, Eleanor Roosevelt High School e Johns Hopkins Center for Talented Youth |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | cofundador de Google, cofundador de Alphabet Inc. |
Premios | Premio Marconi, Seoul Test of Time Award, Abramowitz Award, Prêmio Pioneiro da Computação, Asia's Most Influential Singapore, Financial Times Person of the Year e Great Immigrants |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Vida persoal Editar
O 7 de novembro de 2018 casou con Nicole Shanahan, unha fundadora de tecnoloxía legal. Teñen unha filla, nacida a finais de 2018.[4] Brin e Shanahan separáronse o 15 de decembro de 2021 e Brin solicitou o divorcio o 4 de xaneiro de 2022.[5] Segundo un informe de The Wall Street Journal, a causa da súa ruptura foi un romance entre Shanahan e Elon Musk, unha afirmación desmentida por Musk e Shanahan.[6][7]
Notas Editar
- ↑ "Sergey Brin, Google Co-Founder And Wife Ann Wojcicki Confirm Their Separation". The Huffington Post. 9/4/2013. Consultado o 8 de decembro de 2014. (en inglés)
- ↑ "The World's Billionaires". Forbes. outubro de 2014. Consultado o 15 de outubro de 2014.
- ↑ "Bill Gates". Forbes. outubro de 2014. Consultado o 15 de outubro de 2017.
- ↑ Leskin, Paige (2019-10-03). "Google's Sergey Brin has been married to the founder of a legal tech startup since 2018". Business Insider. Consultado o 2020-04-10.
- ↑ "Court filings reveal details of Google cofounder Sergey Brin's divorce from his wife, attorney Nicole Shanahan". 2022-06-17. Consultado o 2022-06-17.
- ↑ Glazer, Emily; Grind, Kirsten (2022-07-24). "Elon Musk's Friendship With Sergey Brin Ruptured by Alleged Affair". Wall Street Journal. Consultado o 2022-07-24.
- ↑ "Elon Musk denies affair with Sergey Brin's wife, Nicole Shanahan". Usatoday.com. Consultado o 2022-08-01.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |