Alphabet Inc.

conglomerado de empresas relacionadas con Google

Alphabet Inc. é un holding e conglomerado de empresas que posuirá directamente varias compañías pertencentes previamente ou unidas a Google, incluíndo a Google en si mesma.[1][2]

Alphabet Inc.
Logo
Tipoholding, empresa de capital aberto e negocio
Data de fundación2 de outubro de 2015
Fundador(es)Sergey Brin e Larry Page
Nomeado en referencia aalfabeto
Director/aLarry Page e Sundar Pichai
Nº de empregados190.234 (2022)
Organización subsidiariaGoogle, Google X, GV, Calico, Google Nest, Google Fiber, Google Ireland Holdings Unlimited Company, Projeto Loon, Wing, Owlchemy Labs, Fitbit, Google Driverless Car, Waymo Holding e XXVI Holdings
SedeMountain View
PaísEstados Unidos de América
Na rede
https://abc.xyz/
editar datos en Wikidata ]

Compañías Editar

Alphabet Inc. é un conglomerado de varías empresas: Google, a principal subsidiaria que desenvolve produtos e servizos como o motor de procura de Google, o sitio web YouTube, servizos como Google Maps ou Gmail entre moitos outros; Calico, compañía biotecnolóxica de investigación sobre lonxevidade; Google Capital; Google Fiber, proxecto de Alphabet Inc. para construír unha infraestrutura de rede de banda larga a Internet experimental, usando comunicación con fibra óptica en Kansas City (Kansas) e Kansas City (Missouri), despois dun proceso de selección; Life Science, división de investigación médica; Nest, empresa de domótica con sede en Pau Alto, California, que deseña e fabrica termóstatos e detectores de fumes impulsados por sensores, habilitados para Wi-Fi, autoaprendientes e programables; Google Ventures; Google X, división de investigación e desenvolvemento de novos produtos; e Sidewalk Labs, que investigará sobre como mellorar cidades para elevar a calidade de vida.

Notas Editar

  1. "Google to be part of new holding company, 'Alphabet'". Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2015. Consultado o 11 de agosto de 2015. 
  2. Page, Larry. "G is for Google". Google Official Blog. Consultado o 11 de agosto de 2015.