Gaián (peixe)

especie de peixe
(Redirección desde «Labrus mixtus»)
Labrus mixtus
Gaián, rei


Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Orde: Perciformes
Suborde: Percoidei
Superfamilia: Percoidea
Familia: Labridae
Xénero: Labrus
Especie: L. mixtus
Nome binomial
Labrus mixtus
Linnaeus, 1758
Sinonimia
Véxase o texto

Labrus mixtus, coñecido como gaián ou como rei,[2][3] é un peixe osteíctio mariño da orde dos perciformes, suborde dos percoideos, superfamilia dos perocideos e familia dos lábridos,[4][5] unha das 4 especies integradas no xénero Labrus, segundo o WoRMS,[6] e a FishBase,[7] ou as 17, segundo o ITIS.[8]

É a especie tipo do xénero Labrus.

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1758 no Tomo I da súa obra Systema naturae per regna tria naturae: secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Holmiae: Impensis Direct. Laurentii Salvii.

Sinónimos editar

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[4][9]

  • Labrus bimaculatus Linnaeus, 1758
  • Labrus carneus Ascanius, 1772
  • Labrus coeruleus Ascanius, 1772
  • Labrus coquus J. F. Gmelin, 1789
  • Labrus larvatus Lowe, 1852
  • Labrus lineatus Bonnaterre, 1788
  • Labrus luvarus Rafinesque, 1810
  • Labrus ossifagus Linnaeus, 1758
  • Labrus quadrimaculatus A. Risso, 1827
  • Labrus trimaculatus Bonnaterre, 1788
  • Labrus variegatus J. F. Gmelin, 1789
  • Labrus varius Linnaeus, 1758
  • Labrus vetula Bloch, 1792
  • Sparus formosus Shaw, 1790

Nota taxonómica editar

Durante moitos anos a especie coñeceuse co nome de Labrus bimaculatus, un dos sinónimos do nome válido, e así aparece en numerosas obras, entre elas algunhas das citadas na bibliografía deste artigo,[2][3][10][11][12] así como nalgúns modernos dicionarios galegos.[13][14]

Hábitat e distribución editar

Hábitat editar

Labrus bimaculatus é unha especie litoral que se encontra onde hai rochas e outros substratos duros en zonas con algas, a profundidades de entre os 2 e os 200 m, pero principalmente entre os 20 e os 80 m.[10][12][15][16][17][18]

Distribución editar

A súa área de distribución é a zona suptropical do Atlántico oriental, desde o sur de Noruega até os Azores, Madeira e o Senegal, e tamén no Mediterráneo, entre os 68° e os 12° N, e os 32° O e os 34° L.[17][18]

Características editar

As principais características morfolóxicas do gaián son:[10][12][19][20]

  • Corpo delgado e alongado, máis do que o seu conxénere Labrus bergylta (a maragota), co que é simpátrico no Atlántico nororiental, cuberto de escamas relativamente pequenas, con máis d5 50 na liña lateral.
  • A súa coloracion é moi variada, amosando gran dimorfismo sexual. Os individuos novos e as femias son de cor alaranxada con dúas manchas negras na base da aleta dorsal e outra na parte alta do pedúnculo caudal. Nos machos a cor e parda verdosa, sen as manchas negras mencionadas, e con 4 ou 5 bandas lonxitudinais de cor violeta. Pero tamén os machos maduros podr presentar a cabeza azul e o resto do corpo alaranxado, con bandass azuis e patróns con pintas que se estenden ao longo do corpo e nos bordos das aletas.
  • Cabeza co fociño rematado en punta. Ollos grandes. Boca pequena, algo protráctil, con labios grosos, e con catro dentes bastante robustos e outros máis pequenos, finos e agudos, en cada maxilar. Ademais destes dentes bucais dispoñen doutros dentes, planos, na farinxe.
  • O perfil superior da aleta dorsal segue unha liña regular que pode ser ascendente, pro sen que a porción branda forme un lóbulo prolongado, como ocorre noutras especies da familia.
  • A aleta caudal é ampla, e co perfil posterior algo arredondado pero case vertical.

Bioloxía editar

Costumes editar

É o lábriodo que máis se afasta da costa, e os adultos son solitarios, ou viven emparellados con xuvenís.[12] Os adultos encóntranse en zonas con algas nas costas rochosas.[7]

Nutrición editar

Aliméntanse principalmente de crustáceos pero tamén comen moluscos, pequenos peixes e miñocas.[1][12] Os grosos labios e os afiados dentes cónicos frontais son unha adaptación para extraeren mariscos das rochas, e compleméntanse con potentes dentes farínxeos situados máis atrás, na garganta, que poden romper as cunchas para accederen á carne do interior.

Reprodución editar

Alcanzan a madurez sexual aos dous anos de vida. Reprodúcense na primavera. [12] No momento da desova os machos dominan un pequeno territorio a onde acudirán as femias, e constrúen un niño con algas, onde as femias poñen milleiros de óvulos, que son custodiados, e fecundados polos machos. Os machos defenden o niño até que os óvulos eclosionan en larvas peláxicas ao cabo dunha ou dúas semanas. O gaián é hermafrodita protóxino (ao naceren todos son femias), e cambian de sexo a machos, nun proceso que dura ao redor de sete meses.[1][7]

En Galicia editar

A primeira cita da presenza desta especie en augas galegas débese a José Cornide Saavedra, na súa obra Ensayo de una historia de los peces y de otras producciones marinas de la costa de Galicia arreglado al sistema del caballero Carlos Linneo[21], publicada en 1788, onde aparece citada como Labrus livens, pero xa desde 1952, con De Buen, figura como Labrus mixtus.[22][23]

Nomes galegos editar

Ademais dos consagrados pola Real Academia Galega, que Ríos Panisse recolleu en doce localidades como gaián (nalgunhas referido este nome so ás femias),[24] e en cinco como rei,[25] esta investigadora da lingua recolleu tamén, entre outros, o nome de taberneiro en dez localidades.[25]

Uso e ameazas editar

O gaián comese ocasionalmente, aínda que a súa carne non é aprezada en moitos lugares, por exemplo, na Gran Bretaña, polo que non ten moita demanda na pesca comercial. Porén, é capturado por pescadores deportivos.[20]

A maior ameaza para esta especie é a degradación do seu hábitat debido á eutrofización. Outras ameazas menores para o seu hábitat son o fondeo de barcos e as actividades dos mergulladores, que poden destruír as colonias de corais de Gorgonia sp. A degradación do hábitat é a principal ameaza nas áreas menos profundas da área de distribución desta especie. Os exemplares máis grandes captúranse para utilizarse como peixe comestíbel no mar Mediterráneo e nas illas da Macaronesia.[1] En Chipre captúrase comunmente con trasmallos.[26] A pesar di reducido das capturas, estas poden representar unha ameaza no futuro dados os factores intrínsecos, como a baixa densidade da poboación e a sexualidad da especie.[1]

Estado de conservación editar

Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UINC), esta especie está presente na maior parte do Mediterráneo e no Atlántico oriental. Nas zonas menos profundas da súa área de distribución, a degradación do seu hábitat é preocupante. Aínda que non hai información da súa poboación, crese que é estábel, polo que cualifica á especie como LC (pouco preocupante).[1]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Pollard, D. & Choat, J. H. (2010): Labrus viridis na Lista vermella da UICN. Versión 2020-2. Consultada o 10 de agosto de 2020.
  2. 2,0 2,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para gaián.
  3. 3,0 3,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rei.
  4. 4,0 4,1 Labrus viridis Linnaeus, 1758 no WoRMS. Consultada o 10 de agosto de 2020.
  5. Labrus viridis Linnaeus, 1758 no GBIF. Consultada o 10 de agosto de 2020.
  6. Labrus Linnaeus, 1758 no WoRMS. Consultado o 10 de agosto de 2020.
  7. 7,0 7,1 7,2 Labrus en FishBase. Consultado o 10 de agosto de 2020.
  8. Labrus, Linnaeus, 1758 no ITIS. Consultada o 10 de agosto de 2020.
  9. Froese, Rainer & Pauly, Daniel, eds. (2019): Labrus mixtus Linnaeus, 1758 Arquivado 28 de outubro de 2020 en Wayback Machine. en FishBase.
  10. 10,0 10,1 10,2 Bauchot & Pras 1982, p. 307.
  11. Ríos Panisse 1977, pp. 330-333.
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 12,5 Rodríguez Villanueva & Vázquez 1994, p. 188.
  13. Ledo Cabido, Bieito, director (2004): Dicionario de galego. Vigo: Ir Indo Edicións. ISBN 84-7680-504-7.
  14. VV. AA. (2009): Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
  15. Gomon, M. F. & P. Forsyth (1990): "Labridae", pp. 868-882. En J. C. Quero, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha (eds.) Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). Lisboa: JNICT, París: SEI e UNESCO, Vol. 2.
  16. Quignard, J.-P. & A. Pras (1986): "Labridae", pp. 919-942. En P. J. P. Whitehead, M.-L. Bauchot, J.-C. Hureau, J. Nielsen & E. Tortonese (eds.) Fishes of the north-eastern Atlantic and the Mediterranean. París: UNESCO, Vol. 2.
  17. 17,0 17,1 Labrus mixtus Linnaeus, 1758 en FishBase .
  18. 18,0 18,1 Gregory, P. (2003): Cuckoo wrasse (Labrus mixtus). En Tyler-Walters, H. & Hiscock K. (eds) Marine Life Information Network: Biology and Sensitivity Key Information Reviews. Plymouth: Marine Biological Association of the United Kingdom.
  19. Cuckoo wrasse. Labrus mixtus en Sussex Wild Life Trust (en inglés). Consultada o 13 de agosto de 2020.
  20. 20,0 20,1 Cuckoo Wrasse. Labrus mixtus en britishseafishing.co.uk (en inglés). Consultada o 13 de agosto de 2020.
  21. Cornide Saavedra, J. (1788): Ensayo de una historia de los peces y de otras producciones marinas de la costa de Galicia arreglado al sistema del caballero Carlos Linneo.
  22. De Buen, F. (1935): "Fauna ictiológica. Catálogo de los peces ibéricos de la planicie continental, aguas dulces, pelágicos y de los abismos próximos. II parte". Not. y Res. Inst. Esp. Ocean. 82: 89-148.
  23. Rodríguez Villanueva & Vázquez 1999, p. 189.
  24. Ríos Panisse 1977, p. 332.
  25. 25,0 25,1 Ríos Panisse 1977, p. 333.
  26. Golani D.; B. Oztürk & N. Basusta (2006): "Fishes of the eastern Mediterranean". Istambul: Turkish Marine Research Foundation, Publication Nº 24.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bauchot, M.-L. (1987): "Poissons osseux", p. 891-1421. in A. W. Fischer, M. L. Bauchot e M. Schneider, eds. Fiches FAO d'identification pour les besoins de la pêche. (rev. 1). Méditerranée et mer Noire. Zone de pêche 37. Vol. II. Commission des Communautés Européennes and FAO, Roma: Italia.
  • Bauchot, M. K. e Pras, A. (1982): Guía de los peces de mar de España y Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0685-6.
  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, Missouri, USA: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Helfman, G.; B. Collette e D. Facey (1997): The diversity of fishes. Malden, Massachusetts, USA: Blackwell Science Inc. ISBN 978-0-8654-2256-8.
  • Nelson, J. S. (2006): Fishes of the World, 4th Edition. Hoboken, New Jersey, USA: John Wiley & Sons Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Parenti, P. & J. E. Randall (2000): "An annotated checklist of the species of the Labroid fish families Labridae and Scaridae". Ichthyological Bulletin of the J. L. B. Smith Institute of Ichthyology, 68: 1-97.
  • Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N., eds. (1988): Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. ISBN 0-12-547665-5.
  • Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I, Invertebrados y peces. Verba. Anuario gallego de filología. Anexo 7. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1994): Peixes do mar de Galicia (II). Peixes óseos: xeneralidades e orde perciformes. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-784-6.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar