Lábridos
Lábridos | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Maragota (Labrus bergylta). | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Xénero | |||||||||||||
Ver texto |
Os Lábridos (Labridae, Cuvier 1816) son unha familia de peixes mariños, incluída dentro da suborde Labroidei, da orde dos perciformes.
Morfoloxía
editarPresentan tamaños, formas e cores moi variables pero adoitan ser alargados, oblongos e comprimidos ou non. Teñen boca terminal, máis ou menos protráctil, cos labios ben desenvolvidos, estando normalmente separadas as articulacións da mandíbula; xeralmente os dentes sobresaen da boca. A aleta dorsal, única, ten de 8 a 21 raios espiñosos (normalmente menos de 15) e 6 a 21 raios brandos. Na anal, 3-6 raios espiñosos (normalmente, 3) e 7-18 raios brandos.
Poden alcanzar tamaños máximos de 2 m, pero moitos non chegan a superar os 15 cm, e o máis pequeno mide 4,5 cm.
Hábitat e bioloxía
editarDistribúense polos océanos Atlántico, Índico e Pacífico. A maior parte das especies escavan área do fondo para comer invertebrados bentónicos pero tamén hai especies planctívoras.
Os lábridos son proteroxínicos: tódolos exemplares nacen femias pero, segundo medran, as femias dominantes transfórmanse gradualmente en machos, alterando tamén a súa cor (a cores máis brillantes) e aspecto físico. Se morre o macho dominante, outra femia experimentará a metamorfose e substituirá ó macho.
Aliméntanse de pequenos crustáceos, moluscos e vermes. Algunhas especies son coñecidas por actuar en simbiose con outros peixes, nadando xuntos a eles e limpándolles de ectoparasitos a boca e outras cavidades. O Labroides dimidiatus é un dos limpadores máis comúns en arrecifes tropicais.
Algunhas especies son apreciadas para acuariofilia, e outras son de grande interese pesqueiro para consumo humano, entre as que podemos citar, por seren máis coñecidas en Galicia, a maragota (Labrus bergylta), o vello (Symphodus bailloni) ou a doncela ou señorita (Coris julis).
Taxonomía
editarA familia divídese en 60 xéneros e 500 especies (FishBase).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Lábridos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lábridos |