L'equivoco stravagante

L'equivoco stravagante (en galego O curioso malentendido) é unha ópera en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Gaetano Gasbarri. Foi estreada o 26 de outubro de 1811 no Teatro del Corso de Boloña (Italia). Trátase da primeira ópera a grande escala de Rossini.

L'equivoco stravagante
Un curioso malentendido
FormaÓpera
Actos e escenas2 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaGaetano Gasbarri
Estrea26 de outubro de 1811
Teatro da estreaTeatro del Corso
Lugar da estreaBoloña
Música
CompositorGioachino Rossini
Localización da partituraPerdida
Personaxes

Ernestina (contralto)
Gamberotto (baixo buffo)
Buralicchio (baixo buffo)
Ermanno (tenor)
Rosalia (soprano)
Frontino (tenor)

Historia

editar

L'equivoco stravagante foi estreada no Teatro del Corso de Boloña o 26 de outubro de 1811. A pesar do seu éxito inicial, a ópera non tivo unha longa vida e tan só foi representada tres veces antes de que a policía pechara a produción, posíblemente a causa de que o texto tocaba o tema da deserción do exército. A música da abertura perdeuse posteriormente.

Logo dun longo período esquecida, tivo varias representacións no Teatro San Carlo de Nápoles en 1974, con Sesto Bruscantini como Gamberotto, e Rolando Panerai como Buralicchio.

A ópera foi producida por primeira vez nos Estados Unidos (na tradución inglesa como The Bizarre Deception) pola Bronx Opera en xaneiro de 2004.[1]

Esta ópera represéntase moi pouco na actualidade, figurando nas estatísticas de Operabase con tan só dúas representacións no período 2005-2010.[2] A pesar de non ter entrado aínda no repertorio habitual, conta con grandes interpretacións no Rossini Opera Festival.

Personaxes

editar
Poersonaxe Tesitura Elenco na estrea, 26 de outubro de 1811
(Director: Giuseppe Boschetti)
Gamberotto, un rico granxeiro baixo Domenico Vaccani
Ernestina, filla de Gamberotto contralto Marietta Marcolini
Buralicchio, un home xove rico, prometido de Ernestina baixo Paolo Rosich
Ermanno, un home xove pobre, namorado de Ernestina tenor Tommaso Berti
Rosalia, unha empregada de Ernestina mezzosoprano Angiola Chies
Frontino, un servinte de Gamberotto e confidente de Ermanno tenor Giuseppe Spirito

Argumento

editar

A ópera ten lugar a principios do século XIX en Italia. Baséase na historia de amor na que o rico e parvo Buralicchio é disuadido de casar con Ernestina polas calumnias verquidas sobre ela por parte do seu amante Ermanno, con quen si poderá casar.

Acto I

editar

Gamberotto, novo rico dedicado á venda de hortalizas, decide casa-la súa filla, Ernestina, co parvo Buralicchio. Ermanno, namorado de Ernestina, logrará converterse no seu profesor de filosofía grazas á axuda dos dous servos de Gamberotto, Rosalía e Frontino. Unha vez dentro da casa de Gamberotto, Ermanno confesa o seu amor a Ernestina, quen rechaza a súa petición ao estar prometida a Buralicchio. Ermanno, desolado, trata de suicidarse, mais Ernestina e os servos evítano a tempo. Agora Ermanno e Ernestina son amantes. Buralicchio percátase de que hai algo entre eles, polo que arma tal escándalo que a policía persónase na casa de Gamberotto.

Acto II

editar

Frontino deixa caer unha carta falsa na que se di que Ernestina é en realidade Ernesto, un castrado que pretende desertar do exército, co fin de desfacerse de Buralicchio e que Ermanno poida casar con Ernestina. Buralicchio le a carta e, cego pola ira, comunica a traizón do falso Ernesto á garda, polo que Ernestina é detida. Mais Ernestina conseguirá escapar da prisión vestida de policía e coa axuda de Ermanno. Frontino descúlpase a Gamberotto polos problemas causados. Finalmente, Gamberotto permitirá o matrimonio entre Ernestina e Ermanno.

Orquestración

editar

A partitura de Rossini require:

Para os recitativos:

Estrutura

editar
  • Sinfonia

Acto I

editar
  • 1 Introduzione:
    • Terzetto Si cela in quelle mura (Ermanno, Frontino, Rosalia)
    • Coro Allegri, compagnoni
    • Cavatina Mentre stavo a testa ritta (Gamberotto)
    • Stretta Se mi destina un tanto onore (Gamberotto, Ermanno, Frontino, Rosalia)
  • 2 Cavatina Occhietti miei vezzosi (Buralicchio)
  • 3 Duettino Ah, vieni al mio seno
  • 4 Coro e cavatina Oh come tacita - Nel cuor un vuoto io provo (Ernestina)
  • 5 Coro Andrem, vedrem
  • 6 Quartetto Ti presento a un tempo istesso (Gamberotto, Ernestina, Ermanno, Buralicchio)
  • 7 Aria Parla, favella, e poi (Gamberotto)
  • 8 Aria Quel furbarel d'amore (Rosalia)
  • 9 Duetto Sì, trovar potrete un altro (Ermanno, Ermanno)
  • 10 Finale I
    • Terzetto Volgi le amabili (Gamberotto, Buralicchio, Ernestina)
    • Quartetto Che vedo, oh stelle! (Ermanno, Frontino, Rosalia, Ernestina)
    • Stretta Alme infide! (Buralicchio, Gamberotto, Ermanno, Ernestina, Rosalia, Frontino, Coro)

Acto II

editar
  • 11 Introduzione Perché sossopra (Coro, Frontino)
  • 12 Aria Vedrai fra poco nascere (Frontino)
  • 13 Duetto Vieni pur, a me t'accosta (Ernestina, Buralicchio)
  • 14 Recitativo e Aria E mi lascia così? - Sento da mille furie (Ermanno)
  • 15 Quintetto Speme soave (Ernestina, Ermanno, Rosalia, Gamberotto, Buralicchio, Coro)
  • 16 Aria Il mio germe (Gamberotto)
  • 17 Cavatina D'un tenero ardore (Ermanno)
  • 18 Scena e rondò con cori Il periglio passò - Se per te lieta torno - Vicina al termine (Ernestina, Coro)
  • 19 Finale Scapperò, questo mi pare (Buralicchio, Frontino, Gamberotto, Ermanno, Ernestina, Coro)

Discografía

editar
Ano Elenco:
Gamberotto, Ernestina, Buralicchio, Ermanno
Director,

Orquestra e Teatro

Selo [3]
2001 Marco di Felice,
Petia Petrova,
Marco Vinco,
Vito Martino
Alberto Zedda,
Czech Chamber Soloists and Chorus,
Rossini in Wildbad Opera Festival
CD de son: Naxos
Cat: 8.660087-88
2002 Bruno Praticò,
Silvia Tro Santafé,
Lorenzo Regazzo,
Antonino Siragusa
Donato Renzetti,
ROF Orchestra e Coro de Cámara de Praga,
Rossini Opera Festival
CD de son: Hose of Opera
Cat: CD9927
2008 Bruno de Simone,
Marina Prudenskaja,
Marco Vinco,
Dmitry Korchak
Umbero Benedetti Michelangeli,
Orchestra Haydn di Bolzano e Trento,
Rossini Opera Festival
DVD: Dynamic
Cat: 33610
2018 Giulio Mastrototaro,
Antonella Colaianni,
Emmanuel Franco,
Patrick Kabongo
José Miguel Pérez Sierra,
Virtuosi Brunenses e Górecki Chamber Choir,
Rossini in Wildbad Opera Festival
  1. Tommasini, January 16, 2004
  2. "Estatísticas de Operabase". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2017. Consultado o 02 de xullo de 2012. 
  3. Gravacións de L'equivoco stravagante en operadis-opera-discography.org.uk

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar