L'Année dernière à Marienbad
L'Année dernière à Marienbad é un filme experimental franco-italiano de 1961 dirixido por Alain Resnais a partir dun guión de Alain Robbe-Grillet. O filme gañou o León de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Venecia de 1961. Foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 34ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[1]
L'Année dernière à Marienbad | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | L'Année dernière à Marienbad |
Director | Alain Resnais |
Produtor | Pierre Courau Raymond Froment Robert Dorfmann Anatole Dauman |
Guión | Alain Robbe-Grillet |
Intérpretes | Delphine Seyrig Giorgio Albertazzi Sacha Pitoëff |
Música | Francis Seyrig |
Fotografía | Sacha Vierny |
Montaxe | Jasmine Chasney Henri Colpi |
Distribuidora | Cocinor |
Estrea | 25 de xuño de 1965 |
Duración | 94 minutos |
Orixe | Francia Italia |
Xénero | Experimental |
Na rede | |
Sinopse
editarNun hotel barroco, poboado por parellas adiñeiradas que socializan entre elas, un home solteiro achégase a unha muller. Afirma que se coñeceron o ano anterior en Marienbad e ela pediulle que esperase un ano antes de decidir un futuro xuntos. A muller insiste en que nunca se coñeceron. O home trata de reavivar o que afirma que é a tenrura que compartían, mentres ela o rexeita e contradí o seu relato. Un segundo home afirma repetidamente o seu dominio sobre o primeiro home, incluíndo vencelo cada vez nun xogo matemático (unha versión do nim).
A través de flashbacks ambiguos e desorientadores cambios de tempo e localización, o filme explora as relacións entre as tres personaxes. As conversas e os eventos repítense en varios lugares do edificio e do recinto, e hai numerosas tomas de seguimento dos corredores do hotel, con voces en off ambiguas e repetitivas. Non se ofrece ningunha conclusión certa.
Personaxes
editar- Giorgio Albertazzi como o home
- Delphine Seyrig como a muller
- Sacha Pitoëff como o segundo home
As personaxes non teñen nome no filme; no guión que se publicou, a muller refírese coa letra "A", o primeiro home é "X", e o home que podía ser o seu marido é "M".
Influencia
editarO impacto de L'Année dernière à Marienbad sobre outros cineastas foi ben recoñecido e ilustrado, desde directores franceses como Agnès Varda, Marguerite Duras e Jacques Rivette a figuras internacionais como Ingmar Bergman e Federico Fellini.[2] The Shining, de Stanley Kubrick,[3] e Inland Empire, de David Lynch[4] son dous filmes citados con frecuencia como mostra da influencia de Marienbad.
Terence Young indicou que deseñou a secuencia antes dos créditos de Desde Rusia con amor a partir de L'Année dernière à Marienbad.[5]
Peter Greenaway dixo que Marienbad fora a influencia máis importante do seu cinema. El mesmo trabou unha boa relación de traballo co director de fotografía, Sacha Vierny.[6]
O estilo visual do filme foi imitado en moitas anuncios televisivos e fotografías de moda.[7] Tamén foi a inspiración de Karl Lagerfeld para a colección primavera-verán de 2011 de Chanel.[8]
O videoclip de "To the End", sinxelo de 1994 do grupo británico Blur, está baseado no filme.
Notas
editar- ↑ Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
- ↑ Robert Benayoun, Alain Resnais: arpenteur de l'imaginaire. París: Ramsay, 2008. p. 106.
- ↑ E.g. Last Year at Marienbad: Which Year at Where?, por Mark Polizzotti (artigo para Criterion Collection). [Consultado o 11 de novembro de 2011]
- ↑ E.g. "Marienbad Returns, Unsettling as Ever", por Mark Harris, en The New York Times, 13 de xaneiro de 2008. [Consultado o 11 de novembro de 2011]
- ↑ p.27 Rubin, Stephen Jay James Bond Films Random House Value Publishing, 1 de marzo de 1982
- ↑ Film-makers on film: Peter Greenaway: an interview with John Whitley in The Daily Telegraph, 14 de xuño de 2004. [Consultado o 11 de novembro de 2011]
- ↑ Last Year in Marienbad, [review] by Philip French, in The Observer, 22 de abril de 2007. [Consultado o 11 de novembro de 2011]
- ↑ "Chanel’s Year in Marienbad", por Suzy Menkes, en The New York Times, 5 de outubro de 2010. [Consultado o 11 de novembro de 2011]
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Armes, Roy (1968). The Cinema of Alain Resnais. Zwemmer, A.S. Barnes.
- Benayoun, Robert (1980). Alain Resnais: arpenteur de l'imaginaire (en francés). Stock/Cinéma. ISBN 978-2-234-01358-2.
- Brunius, Jacques (1962). "Every Year in Marienbad". Sight & Sound 31 (3).
- Leutrat, Jean-Louis (2000). L'Année dernière à Marienbad. Traducido por Hammond, Paul. British Film Institute.
- Monaco, James (1978). Alain Resnais: The Role of Imagination. Secker & Warburg.
Outros artigos
editar- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 34ª edición dos Óscar
- Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
Ligazóns externas
editar- L'Année dernière à Marienbad na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)