Filmes propostos ó mellor filme internacional na 34ª edición dos Óscar

artigo de listas da Wikimedia

seguintes 13 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 34ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Dinamarca, o Xapón, México, España e Suecia. por segundo ano consecutivo, o Óscar recaeu nun filme de Ingmar Bergman en representación de Suecia, desta volta Como nun espello.[1]

Ingmar Bergman, director do filme gañador.

A Arxentina, Austria e Suíza presentaron os seus filmes por vez primeira. Francia e Italia non conseguiron ser nomeados por primeira vez dende a introdución da categoría.

Propostas editar

País Título Lingua(s) Director(es) Resultado
  Arxentina Piel de verano Castelán Leopoldo Torre Nilsson Non nomeado
  Austria Jedermann Alemán Gottfried Reinhardt Non nomeado
  Dinamarca Harry og kammertjeneren Dinamarqués Bent Christensen
Nomeado
  España Plácido Castelán Luis García Berlanga
Nomeado
  Exipto Wa Islamah Árabe Enrico Bomba e Andrew Marton Non nomeado
  Filipinas The Moises Padilla Story tagalo Gerardo de León Non nomeado
  Francia L'Année dernière à Marienbad Francés Alain Resnais Non nomeado
  India Stree Hindi Rajaram Vankudre Shantaram Non nomeado
  Italia A noite Italiano Michelangelo Antonioni Non nomeado
  México Ánimas Trujano Castelán Ismael Rodríguez
Nomeado
  Suecia Como nun espello Sueco Ingmar Bergman Premio da Academia
  Suíza Die Schatten werden länger Alemán Ladislao Vajda Non nomeado
  Xapón Eien no Hito Xaponés Keisuke Kinoshita
Nomeado

Notas editar

  1. oscars.org (ed.). "The 34th Academy Awards (1962) Nominees and Winners". Consultado o 29 de outubro de 2011.