Knyaz Igor
Knyaz Igor ou Knez Igor (en galego, O príncipe Igor) é unha ópera nun prólogo e catro actos con música de Aleksandr Borodin e libreto en ruso do propio compositor. Debido á morte de Borodin en 1887, o ópera quedou inacabada e foi corrixida e rematada polos compositores Nikolai Rimskii-Korsakov e Aleksandr Glazunov, debido a isto existen varias versións da mesma ópera, xa que Rimski-Korsakov e Glazunov eliminaron boa parte do que Borodin escribira.[2] A estrea póstuma tivo lugar no Teatro Mariinski de San Petersburgo o 4 de novembro de 1890.
Князь Игорь, Knyaz' Igor' O príncipe Igor | |
---|---|
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 4 actos cun prólogo |
Idioma orixinal do libreto | Ruso |
Libretista | O compositor. |
Fontes literarias | Sinopse dramática de Vladimir Stásov, baseada no Cantar das huestes de Igor |
Estrea | 4 de novembro de 1890 |
Teatro da estrea | Teatro Mariinski |
Lugar da estrea | San Petersburgo |
Duración | 2 horas |
Música | |
Compositor | Aleksandr Borodín (rematada por Nikolái Rimski-Kórsakov e Aleksandr Glazunov) |
Personaxes | |
Ígor Sviatoslávich (barítono dramático) |
O libreto de Borodin está baseado nunha epopea rusa do século XII e se corresponde, vagamente, coa historia narrada no Cantar das hostes de Igor (Slovo o plŭku Ígorevě), que relata a campaña do príncipe ruso (knyaz ou knez) Ígor Sviatoslávich contra as tribos dos pólovtsy, invasoras en 1185.
A partitura inclúe as famosas danzas corais coñecidas como «Danzas polovtsianas» (ou Danzas dos pólovtsy, o fragmento máis coñecido da ópera), que divulgaron en Europa occidental os ballets de Diáguilev e que son interpretadas independentemente en concertos. Outra peza destacada é a aria do khan Konchak, para baixo.
Esta ópera é pouco representada; nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. aparece no posto n.º 153 das óperas representadas no período 2005-2010, sendo a 11.ª en Rusia, con 20 representacións.
Personaxes
editarPersonaxe | Tesitura | Intérpretes na estrea, 4 de novembro de 1890 Director: Karl Kuchera |
---|---|---|
Ígor Sviatoslávich (príncipe de Nóvgorod) | barítono | Iván Mélnikov |
príncipe Gálitski (cuñado de Ígor) | baixo | |
O Khan Konchak (khan dos pólovtsy) | baixo | Mikhaíl Koriakin |
Yaroslavna (dona en segundas nupcias de Ígor) | soprano | Olga Ólgina |
Vladímir Ígorevich (fillo do primeiro matrimonio de Ígor) | tenor | Mijaíl Vasíliev |
Konchákovna (filla do Khan) | contralto | María Slávina |
Skulá (tañedor de gusli) | baixo | Fiódor Stravínski |
Yeroshka (tañedor de gusli) | tenor | Grigori Ugrinóvich |
Ovlur (soldado polovtsiano cristianizado) | tenor | |
A nodriza de Yaroslavna | soprano | |
Rapaza polovtsiana | soprano | Dolina |
Notas
editar- ↑ Martín Triana, José María (1992). El libro de la ópera (en español) (2.ª ed.). Alianza Editorial, S.A. p. 364. ISBN 84-206-0284-1.
- ↑ La ópera de la A a la Z (en español). Naxos. 2002. p. 658. ISBN 1-84379-034-3.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Ligazóns externas
editar- Ópera completa representada no Teatro Bolshoi en 2013 con subtítulos en francés