Kerry Wetterstrom

numismático estadounidense

Kerry Keith Wetterstrom,[1] nado o 21 de setembro de 1960, é un coleccionista, editor e comerciante numismático estadounidense.[2]

Modelo:BiografíaKerry Wetterstrom
Biografía
Nacemento21 de setembro de 1960
País de nacionalidade estadounidense.
Educación Universidade de Colorado.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Premios
(1994): Wagner (CPNA).
(2000): Presidencial (ANA).
(2000): P. Haleman (RRCC).
(2006): G. Smedley (ANA).
(2010): Ao mérito (ANA).
(2019): A. G. Wilde (ANA).
(2021): Margolis (NYINC).
(2021): F. Zerbe (ANA).

Traxectoria

editar

Aínda que Wetterstrom se graduou en Enxeñaría Mecánica e do Petróleo, na Universidade de Colorado,[2] o seu recoñecemento vénlle dado pola súa dedicación á numismática, pola que se empezou a interesar en 1974.[3][4]

Como coleccionista e investigador, centra o seu interese na moeda da Antiga Grecia e na da Antiga Roma, sinaladamente nas cuñaxes Tolemaicas e do Exipto romano, e é o autor do capítulo relativo a estas emisións no traballo de Wayne G. Sayles sobre as moedas da Antigüidade.[5] Outros dos seus intereses son as medallas de proclamación dos reis de España en México ou as moedas-placa de cobre suecas. Ademais, no ámbito notafílico, interésase polo papel moeda emitido no condado de Lancaster.[3][4]

No ámbito editorial, foi editor xeral de The Celator[2] entre 1999 e 2012, e neste período esta publicación periódica pasou de editarse en formato xornal ao de revista.[3][4][6] Tamén pertenceu ao equipo editorial da revista Classical Numismatic Review.[7]

Mais o seu labor máis destacado encádrase dentro do comercio numismático. Entre 1987 e 1999 foi o director de poxas da compañía Classical Numismatic Group, de Lancaster, Pensilvania, e en 2013 integrouse novamente no cadro desta compañía.[2][3][4][8]

En tanto que coñecedor do mercado numismático do seu país xoga un papel moi activo na Convención Numismática Internacional de Nova York (NYINC), de cuxo programa educativo foi responsable entre 2000 e 2020, e en varias ocasións participou en condición de experto no Comité Asesor de Bens Culturais, do Departamento de Estado dos EEUU, en materia de restricións á importación de obxectos numismáticos.[3][4]

Entre outras entidades académicas e asociativas, Wetterstrom preside o Gremio de Coleccionistas de Moedas Antigas.[9] Ademais, é membro da American Numismatic Association (que o premiou en diversas ocasións), da American Numismatic Society, da Asociación Numismática de Pensilvania, da Royal Numismatic Society (Londres), da Real Asociación Numismática do Canadá e da Sociedade de Coleccionistas de Papel Moeda.[3][4]

Recoñecementos

editar
  1. "Wetterstrom, Kerry Keith". WorldCat Identities.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Smith, P. (2012).
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 "Wetterstrom, Kerry K.". En Coins Weekly. 24 de maio de 2017.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 "Coinsweekly biography: Kerry Keith Wetterstrom". En The E-Sylum. Vol. 20. Nº 22. 28 de maio de 2017.
  5. Sayles, W. G. (1998). Ancient Coin Collecting IV: Roman Provincial Coins. Krause Publications. ISBN 978-0873415521
  6. Marotta, M. E. (2000). "The Celator".
  7. "Production Staff". En Classical Numismatic Review. Vol. 39. Nº 2. Verán de 2014.
  8. "Meet the Team". Classical Numismatic Group, LLC.
  9. "Meet our board of directors". Ancient Coin Collectors Guild.
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 "Past ANA awards recipients Arquivado 11 de xuño de 2021 en Wayback Machine.". American Numismatic Association.
  11. "Kerry Wetterstrom granted Adna G. Wilde Jr. Memorial Award for exemplare service". En Coins Weekly. 25 de xullo de 2019.
  12. "Kerry Wetterstrom to receive NYINC Medal". En Coins Weekly. 11 de febrero de 2021.
  13. "Kerry Wetterstrom Named as Recipient of Inaugural Richard Margolis Medal of Merit". En The E-Sylum. Vol. 24. Nº 3. 17 de xaneiro de 2021.
  14. "Kerry Wetterstrom receives ANA Farran Zerbe award". En Coin Word. 6 de agosto de 2021.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar