Juan de la Concha Castañeda

político español

Juan de la Concha Castañeda, nado en Plasencia, Cáceres, o 29 de agosto de 1818 e finado en Madrid o 30 de agosto de 1903,[1][2] foi un avogado e político español, ministro de Facenda durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena .

Infotaula de personaJuan de la Concha Castañeda

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de agosto de 1818 Editar o valor em Wikidata
Plasencia, España Editar o valor em Wikidata
Morte30 de agosto de 1903 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSacramental de Santa María cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Gobernador civil
Governador civil da província de Guadalajara (pt) Traducir
Senador de España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Liberal-Conservador Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou Dereito na Universidade de Salamanca e marchou en 1841 a Madrid onde casou[2] e se incorporou ao Colexio de Avogados. En 1844, entrou ao servizo do Estado en 1844 como xuíz de primeira instancia no xulgado de Pastrana; despois foi conselleiro provincial, gobernador interino de Guadalaxara e, posteriormente, oficial no Ministerio da Gobernación en Madrid. Entre 1850 e 1864, foi redactor do xornal xurídico El Faro.

Cando os progresistas triunfaron en 1854, abandonou a súa carreira administrativa e despois de participar nas eleccións de 1863 obtivo a súa primeira acta de deputado pola circunscrición de Gata e en 1864 por Cáceres, tomando parte activa na discusión dos orzamentos e outros aspectos de Facenda e economía. Renovou a acta de deputado nas seguintes eleccións até 1867. En 1866, a proposta do marqués de Barzanallana, ocupou a Dirección Xeral de Propiedades do Ministerio de Facenda. Ao cesar, en 1868, publicou unha Memoria na que narra a súa xestión.

Coa Revolución de 1868 e durante o Sexenio revolucionario, afastouse da política activa e mesmo da Administración durante a Primeira República e non regresou ata 1874 ao se produci-la Restauración na que ocupou, de novo, a Dirección. de Propiedades. Máis tarde chegou a ser fiscal do Consello de Estado, presidente da súa Sección de Facenda. En 1876, como militante do recentemente creado Partido Conservador, foi elixido senador por Cáceres até 1886 e despois en representación da Real Academia de Ciencias Morales e Políticas até a súa morte.[1][3]

O 10 de xullo de 1890, foi nomeado Fiscal do Tribunal Supremo[2] e, posteriormente, foi ministro de Facenda entre o 23 de novembro de 1891 e o 11 de decembro de 1892 nun goberno presidido por Cánovas del Castillo e foi gobernador do Banco de España desde xaneiro de 1900 até abril de 1901.[4]

Obra editar

  • 1848, Manual de Procuradores. Madrid: Compañía de Impresores y Libreros del Reino.

Recoñecementos editar

O 16 de febreiro de 1877, recibiu a Gran Cruz de Isabel a Católica, e a Encomenda de número de Carlos III.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Excmo. Sr. D. Juan de la Concha Castañeda". fiscal.es (en castelán). Consultado o 14-7-2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Sampedro Escolar, José Luis. "Juan de la Concha Castañeda". dbe.rah.es (en castelán). Consultado o 14-7-2020. 
  3. "Juan de la Concha Castañeda". senado.es (en castelán). Consultado o 14-7-2020. 
  4. "Gobernadores del Banco de España". bde.es (en castelán). Consultado o 9-7-2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Fernando Cos-Gayón y Pons
 Ministro de Facenda
 
 
1891 - 1892
Sucesor:
Germán Gamazo y Calvo
Predecesor:
Antonio María Fabié Escudero
 Gobernador do Banco de España
 
 
xaneiro 1900 - abril 1901
Sucesor:
Pío Gullón Iglesias