Juan Rodríguez Cabrero

relixioso e escritor galego

Juan Rodríguez Cabrero,[1] nado en Cristosende (A Teixeira) o 8 de febreiro de 1880 e finado en Marín o 27 de decembro de 1949, foi un relixioso da Congregación de María e escritor galego en lingua castelá, membro numerario da Real Academia Galega.

Infotaula de personaJuan Rodríguez Cabrero
Biografía
Nacemento8 de febreiro de 1880 Editar o valor em Wikidata
Cristosende, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de decembro de 1949 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Marín, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Emigrou a Cuba e foi profesor e reitor do seminario de Matanzas. Foi un dos organizadores da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega e fixo a entrada, en prosa castelá, do libro de poesía Vento mareiro (A Habana, 1915) de Ramón Cabanillas.[2]

Ingresou na RAG o 10 de xuño de 1946, a proposta de Salustiano Portela Pazos, Celestino Sánchez Rivera e Antonio Couceiro Freijomil, co discurso "Fr. Francisco Fidalgo de Araújo", sobre o dominico Francisco Araújo, lido por Ángel del Castillo (Rodríguez tiña unha afección á vista), que foi respondido por Paulino Pedret.[3]

Gran biógrafo, escribiu moitos traballos sobre personalidades galegas en diversas publicacións, como o boletín da Comisión de Monumentos de Orense e o Boletín de la Real Academia Gallega.

Finou na súa residencia dos P.P. Paúles de Marín.[4]

Obra editar

  • "Errores sobre la Historia de Galicia", 1912.[5]
  • "El egregio filósofo e insigne escritor P. Luis de Losada [1681-1748]", 1932.[5]
  • Escritores ascéticos y místicos de Galicia, 1936.

Notas editar

  1. En ocasións o segundo apelido aparece escrito como Cabrera.
  2. Carballo, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. p. 579. ISBN 84-7154-227-7. 
  3. "Juan Rodríguez Cabrero". Real Academia Galega. 
  4. Fernández Gallego, José (1946-1950). "El P. Juan Rodríguez Cabrero". Boletín da Real Academia Galega (289-293): 157–159. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2023. Consultado o 25 de outubro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 Publicado por entregas no Boletín de la Real Academia Gallega.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar