Francisco Araújo

relixioso, escritor e teólogo galego

Francisco Fidalgo Araújo Chaves, nado en Verín en 1580 e finado en Madrid o 19 de marzo de 1664, foi un relixioso, escritor e teólogo galego. Membro da orde de San Domingos, chegou a ser bispo de Segovia. Foi catedrático na Universidade de Salamanca e mais na Alcalá de Henares, e escribiu varios tratados teolóxicos.

Infotaula de personaFrancisco Araújo
Biografía
Nacemento(es) Francisco de Araujo y Chaves Editar o valor em Wikidata
1580 Editar o valor em Wikidata
Verín Editar o valor em Wikidata
Morte19 de marzo de 1664 Editar o valor em Wikidata (83/84 anos)
Madrid Editar o valor em Wikidata
Roman Catholic Bishop of Segovia (en) Traducir
19 de setembro de 1647 – 1656
← Pedro de Neila Bravo (pt) TraducirJuan del Pozo Horta →
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico , bispo católico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Salamanca Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua latina Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Predicadores Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Era fillo do xeneral Domingo Fidalgo, familiar do Santo Oficio, restaurador da vila de Chaves (Portugal, daquela pertencente ao Reino de Castela) e de María Francisca de Araújo Chaves Teixeira, da casa de Chaves ou A Casa do Perú, da parroquia de Queizás. Naceu na Praza Maior de Verín, na casa dos Fidalgo Chaves, sobre a que pesaba un vínculo establecido pola súa avoa, María Díaz Estévez de Vilar e Ramírez de Vexel, casada con Alonso Fidalgo, corrixidor de Verín en 1561.

Estudou no colexio dos xesuítas de Monterrei e fixo Dereito en Salamanca. En 1600 ingresou no convento de Santo Estevo desa cidade, pertencente á orde predicadores, vestindo o hábito o 5 de marzo de 1601. Foi nomeado lector de Filosofía e mestre de estudantes nese convento. Ensinou Teoloxía no convento de San Paulo de Burgos até 1617, cando pasou a ser profesor de Teoloxía na Universidade de Alcalá e catedrático de prima e teoloxía en Salamanca, chegando a ser prior do convento de Santo Estevo.

Na reunión do capítulo xeral da orde, celebrada en Lisboa o 5 de xuño de 1618, foille concedido o grao de presentado ou bacharel en Teoloxía, ratificado no concilio de Toledo en xuño de 1621. Na reunión do capítulo xeral celebrada en Toro o 25 de abril de 1627 foi nomeado Mestre en Sagrada Teoloxía, e en 1633 en Benavente foi nombrado Provincial, coas actuacións de Definidor e Prior da Orde.

Foi catedrático en Salamanca até 1644, cando pediu permiso para retirarse ao Convento do Rosario en Madrid. O 3 de xaneiro de 1648 foi nomeado bispo de Segovia, e máis tarde foi nomeado bispo de Cartaxena, mais non aceptou o novo cargo e mesmo dimitiu da mitra segoviana, retirándose de novo a Madrid.

Trala súa morte, foi soterrado no convento de Santo Estevo de Salamanca.

Obra editar

  • Commentariorum in universam Aristotelis metaphisicam (2 tomos; Burgos e Salamanca, 1617).
  • Opuscula tripartita, hoc est in tres controversias triplicis theologia divisa. In quarum primae variae disputationes de pura scholastica, in secunda de morali, et in tertia de expositiva theologia utiliter expenduntur (Donai, 1633).
  • Comentarios a la Suma Teológica del Doctor Angélico (7 tomos).
  • Variae et selectae decisiones morales ad statum ecclesiasticum et civilem pertinens (Lión, 1664).
Predecesor:
Pedro de Neila Bravo
Bispo de Segovia
1648 – 1656
Sucesor:
Juan del Pozo Horta

Véxase tamén editar

Bibliografía editar