Xoán Manuel Jiménez Morán
Juan Manuel Jiménez Morán, nado en Verín o 22 de setembro de 1956, é un político galego do PPdeG.
Xoán Manuel Jiménez Morán | |
---|---|
Nacemento | 22 de setembro de 1956 |
Lugar de nacemento | Verín |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2015.) |
TraxectoriaEditar
Diplomado universitario en enfermería (ATS) e estudou menciña ata 4º curso na Universidade de Santiago de Compostela.
Nas eleccións municipais de 1983 concorreu como independente na listas de Centristas de Galicia e resultou escollido concelleiro en Verín e dende entón permaneceu case tres décadas na casa consistorial verinesa, ocupando diversas funcións de goberno e dende as locais de 1995 ademais como alcalde polo PPdeG. A vitoria revalidouna en 1999 con maioría absoluta e 2003 sen ela, pero en 2004 unha moción de censura do PSdeG-PSOE, o BNG e os independentes do anterior alcalde Santiago Cid Harguindey desaloxárono da alcaldía. Regresou a ela nas eleccións de 2007 e despois en 2011, nestas últimas dúas convocatorias con maioría absoluta.
Dende o 1994 foi membro do consello de administración da CRTVG ata o 2011.
Jiménez Morán é aliado e man dereita de Alberto Núñez Feijóo[1] nos conflitos internos do PPdeG na provincia de Ourense e chegou a disputarlle valentemente o liderado no territorio a Xosé Manuel Baltar[2], o fillo de Xosé Luís Baltar.
En novembro de 2011 logo das eleccións Xerais, foi designado polo Parlamento de Galicia como un dos senadores en representación da comunidade autónoma.
En decembro de 2015 logo das eleccións Xerais, foi designado polo Parlamento de Galicia como senador en representación da comunidade autónoma.[3]
Predecesor: Emilio González Afonso |
Alcalde de Verín 1995 - 2004 |
Sucesor: Emilio González Afonso |
Predecesor: Emilio González Afonso |
Alcalde de Verín 2007 - 2015 |
Sucesor: Gerardo Seoane Fidalgo |
Vida persoalEditar
Está casado e ten un fillo e unha filla.
NotasEditar
- ↑ "Alberto Núñez Feijóo será el único candidato para presidir el Partido Popular de Galicia". abc (en castelán). Consultado o 2016-04-24.
- ↑ "Jiménez Morán reta a Baltar a que revele la identidad de personas con doble firma - Portada de Ourense - Faro de Vigo". Faro de Vigo. Consultado o 2016-04-24.
- ↑ "Jiménez Morán será de nuevo senador por designación autonómica". europapress.es (en castelán). Europa Press. Consultado o 2016-04-24.