Santiago Cid Harguindey

político galego

Santiago Cid Harguindey, nado en Verín en 1944 e finado no mesmo concello o 4 de xuño de 2021,[1] foi un político galego.

Infotaula de personaSantiago Cid Harguindey
Biografía
Nacemento1944 Editar o valor em Wikidata
Verín, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de xuño de 2021 Editar o valor em Wikidata (76/77 anos)
Verín, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Verín
1983 – 1991
← Carmen LovelleEmilio González Afonso → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi un dos fundadores do Verín Club de Fútbol en 1971. En 1978 foi elixido membro da Cámara Agraria Provincial.[2] Durante a transición foi nomeado membro da xestora municipal de Verín presidida por Carmen Lovelle. Militante de UCD, encabezou a candidatura de Verín nas eleccións municipais de 1979, sendo a forza máis votada pero sen lograla alcaldía tras apoiar o PSdeG a Carmen Lovelle (Coalición Democrática). Nese mandato foi deputado provincial e vicepresidente da Deputación provincial de Ourense.

Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura de Coalición Galega ao concello de Verín e foi elixido alcalde por maioría simple. Nas municipais de 1987 encabezou a coalición de Alianza Popular e Centristas de Galicia e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. O 6 de febreiro de 1988, no primeiro congreso no Monte Medo (Baños de Molgas ), formou parte do comité executivo de Centristas de Galicia encabezado por Xosé Luis Baltar Pumar. En xuño de 1990 foi condenado a dez anos de inhabilitación por prevaricación.[3] Nas municipais de 1991 volveu ser elixido alcalde como candidato de Centristas de Galicia, nesta ocasión con maioría simple. Foi deposto por unha moción de censura encabezada por Emilio González Afonso o 17 de outubro de 1991.[4] En marzo de 1993 o Tribunal Supremo confirmou a súa inhabilitación de 10 anos, polo que abandonou a política.

Tras cumprila condena, nas municipais de 2003 ecabezou a formación Verinenses Independentes e logrou 3 concelleiros, sendo chave de goberno. Tras non chegar a un acordo con ningún partido, continuou gobernando o PPdeG da man de Juan Manuel Jiménez Morán. Porén, en abril 2004 apoiou unha moción de censura que fixo alcalde a Emilio González Afonso (agora membro socialista), pasando a formar parte dun goberno tripartito co PSdeG e o BNG. Nas municipais de 2007 pasou de 3 a 1 concelleiro, recuperando o PPdeG a maioría absoluta, polo que renunciou a recollela súa acta de concelleiro e abandonou a primeira liña política.


Predecesor:
María del Carmen Lovelle Alén
  
Alcalde de Verín
 
1983 - 1991
Sucesor:
Emilio González Afonso

Notas editar

  1. Fallece Santiago Cid Harguindey, exalcalde de Verín
  2. La Voz de Galicia, 3-6-1978, p. 15.
  3. La Voz de Galicia, 14-6-1990, p. 31.
  4. La Voz de Galicia, 18-10-1991, p. 31.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar