Juan Carlos Rodríguez Cebrián

empresario galego

Juan Carlos Rodríguez Cebrián, nado en Ourense en maio de 1954, é un empresario galego, que foi director xeral de Inditex a finais do século XX.

Infotaula de personaJuan Carlos Rodríguez Cebrián
Biografía
Nacemento1954 Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria empresarial editar

Rodríguez Cebrián comezou a traballar en 1978 en Zara, no que posteriormente se habería converter no grupo Inditex. Grazas a unha ampliación de capital en 1992 a súa muller Dolores Ortega, sobriña de Amancio Ortega, entrou no accionariado do conglomerado de empresas téxtiles. Rodríguez Cebrián pasou a ser conselleiro executivo desde 1997.[1]

En 2005 abandonou Inditex e posteriormente en 2006, grazas aos beneficios obtidos trala saída a bolsa da empresa téxtil, entrou no capital de Fadesa[2] cando Manuel Jove lle vendeu a compañía a Fernando Martín.

En setembro de 2006 desfíxose de todas as súas accións en Unión Fenosa por 6,4 millóns de euros[3] e en decembro dese mesmo ano adquiriu o 9% da empresa inmobiliaria Hábitat, que acabaría en concurso de acredores.[4]

En 2011, coa venda do seu 20% do Grupo Modelo, abandonou o proxecto empresarial do sector sanitario que iniciara en 2004 coa adquisición da Maternidad Belén.[5]

Tamén é dono da promotora inmobiliaria Dricar, á que o Tribunal Supremo de España deu a razón en 2015 nunha disputa co Concello da Coruña, pola superficie edificábel no antigo convento das Adoratrices, na Agra do Orzán.[6]. Esta empresa tamén era propietaria en 2017 dos terreos da antiga fábrica de cosméticos La Toja, ao pé da ponte da Pasaxe, habitada durante décadas por familias xitanas.[7]

En 2016 asumiu o control en solitario do recentemente creado espazo de espectáculos coruñés Sala Pelícano.[8]

Azueiras editar

En 2013, ante a previsíbel saída de Augusto César Lendoiro da presidencia do Deportivo da Coruña, houbo un ruxe ruxe sobre a súa posíbel candidatura para liderar un novo consello de administración, feito que desmentiu o propio Rodríguez Cebrián[9], neto doutro expresidente deportivista: Jesús Cebrián.[10]

En 2014 o candidato localista Carlos Marcos desmentiu que Rodríguez Cebrián estivera a apoiar economicamente a candidatura de Unión Coruñesa.[11]

Vida persoal editar

Está casado con Dolores Ortega, empresaria e sobriña de Amancio Ortega

Notas editar

  1. Coruña, La Opinión de A. "Esposados al ladrillo". Consultado o 2017-03-11. 
  2. "El matrimonio Cebrián/Ortega repite fiasco: después de Habitat, ahora Martinsa-Fadesa. Noticias de Finanzas personales". El Confidencial (en castelán). Consultado o 2017-03-11. 
  3. elEconomista.es. "El consejero Rodríguez Cebrián vende 'todas' sus acciones en Unión Fenosa por 6,4 millones de euros - elEconomista.es". Consultado o 2017-03-11. 
  4. "La debacle inmobiliaria de la sobrina de Ortega: Hábitat, Martinsa... y ahora Realia. Noticias de Economía". El Confidencial (en castelán). Consultado o 2017-03-11. 
  5. gallego, El Ideal. "Cebrián abandona el grupo Modelo sin construir el gran hospital que había proyectado". El Ideal gallego (en inglés). Consultado o 2017-03-11. 
  6. Coruña, La Opinión de A. "El Supremo confirma que el Parque del Agra tendrá 3.000 metros cuadrados menos". Consultado o 2017-03-11. 
  7. La Opinión de A Coruña, La Opinión de A Coruña (25-04-2017). "El Concello ordena la demolición de la nave de La Toja a partir del 4 de mayo". Consultado o 2017-04-25. 
  8. "Rodríguez Cebrián asume en solitario el control de la Sala Pelícano". Galicia. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2017-03-11. 
  9. "Rodríguez Cebrián: “Nunca he pensado en presentarme”". www.riazor.org (en castelán). Consultado o 2017-03-11. 
  10. gallego, El Ideal. "La alternativa Cebrián". El Ideal gallego (en inglés). Consultado o 2017-03-11. 
  11. gallego, El Ideal. "“Rodríguez Cebrián jamás ha puesto un euro en Unión Coruñesa”". El Ideal gallego (en inglés). Consultado o 2017-03-11.