Abrir o menú principal

Historia do PartidoEditar

No ano 2007 Carlos Marcos presentou a súa candidatura ás eleccións municipais baixo as siglas do Partido Galeguista namentres que o antigo candidato do PPdG Fernando Rodríguez Corcoba actuou de igual modo co partido CORCOBA (CORuñeses con Buenos Argumentos). Tras do fracaso nas urnas, decidiron aunaren forzas e acordaron traballar por resucitar Unión Coruñesa, tomando certos puntos como a reposición do topónimo castelán La Coruña[1] ou a reforma da Lei de Normalización lingüística a fin de devolver a sociedade ao bilingüismo harmónico[2] do que fala o núcleo duro da dereita política de Galiza.

AnecdotarioEditar

En xuño de 2009, Carlos Marcos cursou unha denuncia por calumnias e inxurias[3] a fin de coñecer a identidade dun editor da Wikipedia en castelán pola súa edición da páxina do seu partido, Unión Coruñesa, que era definida como "ultradereitista". Marcos reclama unha fianza de 25.000 euros e accións contra o autor do texto e mais contra a propia Wikipedia.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar