Abrir o menú principal

Carlos Marcos Blanco, nado na Coruña o 6 de agosto de 1961, é un político galego.

Carlos Marcos
Nacemento6 de agosto de 1961
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

É licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación na Universidade de Santiago de Compostela.[1]. Nos anos 80 fundou Unión Coruñesa, partido que non acadou o respaldo necesario para entrar no Concello da Coruña como concelleiro. Nesa mesma época fundou a revista Estilo Galicia.

No ano 2007 preséntase como cabeza de lista na Coruña do Partido Galeguista ás eleccións municipais, e non obtén representación no concello. Despois deste fracaso, aliouse co ex-concelleiro do PP Fernando Rodríguez Corcoba, que tamén se presentara sen éxito como independente ás eleccións municipais, para reflotar Unión Coruñesa, unha formación local de dereitas que xa confundara canda José González Dopeso.

É defensor do emprego do topónimo La Coruña, contrario á Lei de normalización lingüística [2] e á Lei de memoria histórica de España.[3]

“A nosotros [A Coruña] se nos discriminó porque a Santiago no le llaman ‘San Iago’ ni a Vigo ‘Aldea de aldeas’”
Entrevista a Carlos Marcos, en Xornal de Galicia o 17 de novembro de 2009. (en castelán)

Denunciou o proxecto Wikipedia perante un xuíz por cualificar a súa formación política de xenófoba e ultradereitista.[4]

Vida persoalEditar

Está casado e ten tres fillos.

NotasEditar

  1. Ficha na web de UC (en castelán)
  2. Propondremos la eliminación de la Concejalía de Normalización Lingüística y pediremos la creación de la Concejalía de Normalidad Lingüística en La Coruña Arquivado 08 de abril de 2011 en Wayback Machine., entrevista en Xornal de Galicia o 6 de abril de 2011. (en castelán)
  3. (...) Creo que en los movimientos organizados de las asociaciones de memoria histórica hay mucho rencor, mucho odio y poca concordia.
  4. Carlos Marcos denunciará a Wikipedia por llamarle ultraderechista y xenófobo, en La Opinión o 2 de xuño de 2009. (en castelán)

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar