Xosemaría Escrivá de Balaguer

relixioso español
(Redirección desde «José María Escrivá de Balaguer»)

Xosemaría Escrivá de Balaguer y Albás[1] de nome secular José María Julián Mariano Escrivá de Balaguer y Albás[2], nado en Barbastro o 9 de xaneiro de 1902 e finado en Roma o 26 de xuño de 1975, foi un sacerdote católico aragonés, coñecido por ser o fundador do Opus Dei.[3] Foi canonizado en 2002 polo papa Xoán Paulo II.

Xosemaría Escrivá de Balaguer
e
Presbítero da Igrexa católica latina
Biografía
Nacemento9 de xaneiro de 1902 en Barbastro, Navarra
Pasamento26 de xuño de 1975 en Roma, Italia
Secretario Xeral do Opus Dei
1928 - 1975
SucesorÁlvaro del Portillo
Outros

Escudo de Xosemaría Escrivá de Balaguer

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Naceu en 1902 en Barbastro, no seo dunha familia profundamente cristiá, fillo de José Escrivá e Dolores Albás. O seu pai era comerciante de tecidos e posuía así mesmo unha pequena chocolatería.

En 1915 quebrou o negocio de tecidos do pai e a familia houbo de trasladarse a Logroño, onde o pai comezou outro traballo. Segundo o seu propio relato, nesa cidade, despois de ver unhas pegadas na neve dos pés descalzos dun relixioso, intúe que Deus desexa algo del, aínda que non sabe exactamente que é. Pensa que poderá descubrilo máis doadamente se se fai sacerdote, e comeza a prepararse primeiro en Logroño e máis tarde no seminario de Zaragoza.

Seguindo o consello de seu pai, na Universidade de Zaragoza estuda tamén a carreira civil de Dereito como alumno libre. José Escrivá finou en 1924 e Xosé María queda como cabeza de familia. Recibe a ordenación sacerdotal o 28 de marzo de 1925 e comeza a exercer primeiro nunha parroquia rural e logo en Zaragoza.[4]

En 1927 trasládase a Madrid con permiso do seu bispo para obter o doutoramento en Dereito. En Madrid, o 2 de outubro de 1928 funda o Opus Dei. Dende aquel día traballa no desenvolvemento da fundación ao tempo que continúa co ministerio pastoral que ten encomendado, e que lle pon en contacto coa enfermidade e a pobreza en hospitais e en barriadas populares de Madrid.

Guerra civil editar

 
Estatua de san Xosemaría no Vaticano.

Cando estoupa a guerra civil española, en 1936, Xosemaría Escrivá atópase en Madrid. A persecución relixiosa obrígalle a refuxiarse en diferentes lugares. Exerce o seu ministerio sacerdotal clandestinamente, ata que dá saído de Madrid. Despois dunha travesía polos Pireneos ata o sur de Francia, trasládase a Burgos.

Cando remata a guerra civil, en 1939, volve a Madrid. Nos anos seguintes dirixe exercicios espirituais para laicos, para cregos e para relixiosos. No mesmo ano 1939 remata os seus estudos de doutoramento en Dereito.

Despois da Guerra editar

En 1946 fixa a súa residencia en Roma. Obtivo o doutoramento en teoloxía pola Pontificia Universidade Lateranense, grazas á súa obra La Abadesa de las Huelgas.[5] É nomeado consultor de dúas Congregacións Vaticanas, membro honorario da Pontificia Academia de Teoloxía e prelado de honra da Súa Santidade. Segue os preparativos e as sesións do Concilio Vaticano II (1962-1965), e mantén trato con moitos dos pais conciliares.

Dende Roma viaxa a distintos lugares de Europa para dar pulo ao establecemento e consolidación do traballo apostólico do Opus Dei. Co mesmo obxecto, entre 1970 e 1975 fai viaxes a México, á Península Ibérica, América do Sur e Guatemala onde, ademais, ten reunións de catequese con grupos de homes e mulleres.

Falece en Roma o 26 de xuño de 1975. Varios milleiros de persoas, entre elas bispos de distintos países —en conxunto, un terzo do episcopado mundial—, solicitan á Santa Sé a apertura da súa causa de beatificación e canonización[6].

Veneración editar

San Xosemaría Escrivá de Balaguer
Proceso de canonización
Beatificación17 de maio de 1992, en Cidade do Vaticano, por Xoán Paulo II
Canonización6 de outubro de 2002, en Cidade do Vaticano, por Xoán Paulo II
Veneración
Venerado/a enIgrexa católica
Festividade26 de xuño
Santuario principalNosa Señora da Paz, Igrexa Prelaticia do Opus Dei, Roma

A súa causa foi introducida en 1981, e o 17 de maio de 1992 Xoán Paulo II beatificouno na praza de San Pedro, en Roma. O 6 de outubro de 2002 foi canonizado en Roma, cunha asistencia de milleiros de persoas.[7] Durante a cerimonia de canonización, o papa animou os presentes a buscar a santidade en medio do mundo, no traballo e na vida ordinaria, ensinanza central de Xosemaría Escrivá.

Polémicas editar

Solicitude e concesión do Marquesado de Peralta editar

Posiblemente un dos episodios máis controvertidos na vida de Escrivá de Balaguer sucedeu no 1968. Cando solicita e lle concede o goberno de Franco, en parte grazas á colaboración dun membro do Opus Dei no Ministerio de Xustiza[8], o título de III marqués de Peralta, título que retivo sen usar durante catro anos, antes de renunciar a el en 1972 en favor do seu irmán Santiago. Segundo a investigación de Ricardo de la Cierva,[9] a concesión, aínda que con boa intención, foi obtida de xeito irregular.[10]

Proceso de canonización editar

O rápido proceso aos altares [11] non estivo exento de polémica e oposición. Os detractores critican o que ven como unha canonización inmediata ou "turbosantidade" de Escrivá, e afirman que o proceso enteiro estivo cheo de irregularidades.[12] Porén, tamén obtivo o apoio de diversas figuras da xerarquía eclesiástica.[13]

Publicacións editar

Algúns libros foron publicados en vida; outros son póstumos. O máis coñecido é Camiño, unha colección de 999 aforismos, que tivo unha importante recepción. Postumamente, publicáronse outras dúas coleccións de aforismos: Surco[14] e Forja.[15]

La Abadesa de las Huelgas[16] é un estudo teolóxico-xurídico, a partir das fontes e documentos orixinais, sobre o caso extraordinario de xurisdición cuasiepiscopal por parte da abadesa do famoso mosteiro burgalés. A primeira edición publicouse en 1944.

Amar a la Iglesia[17] reúne tres homilías do fundador do Opus Dei: Lealtad a la Iglesia, El fin sobrenatural de la Iglesia e Sacerdote para la eternidad. O volume inclúe ademais, dous artigos de Mons. Álvaro del Portillo arredor da figura do fundador do Opus Dei.

Discursos sobre la Universidad[18] é un volume elaborado pola Universidade de Navarra por mor da beatificación do seu Fundador e Primeiro Gran Chanceler, no que se recollen diversos discursos académicos pronunciados por Escrivá de Balaguer ante a corporación universitaria, a homilía pronunciada no campus da Universidade de Navarra en outubro de 1967 e algunhas outras declaracións públicas súas sobre temas universitarios.

Ademais, publicaronse dúas coleccións de homilías, Es Cristo que pasa,[19] adicado aos grandes momentos do ano litúrxico, e Amigos de Dios,[20] no que glosa unha serie de virtudes. Santo Rosario[21] e Via Crucis[22] (obra póstuma) están adicados a estas dúas formas tradicionais da piedade católica. Finalmente, Conversaciones con monseñor Escrivá de Balaguer[23] reúne nun volume entrevistas concedidas a diversos medios de comunicación e unha homilía pronunciada no campus da Universidade de Navarra en 1967.

Tanto de Camiño como de Santo Rosario[24] publicáronse edicións crítico-históricas. Camiño, Vía Crucis e Santo Rosario foron traducidas ao galego[25].

No cine editar

No ano 2011 estreouse There be Dragons (en galego, Atoparás dragóns), película protagonizada por Charlie Cox, Wes Bentley, Dougray Scott e Olga Kurylenko, na que Charlie Cox dá vida a Xosemaría. A raíz do horror da guerra civil española, un candidato para a canonización é investigado por un xornalista que atopa que o seu propio pai tiña unha conexión profunda, escura e devastadora.

Notas editar

  1. "Biografía de Xosemaría Escrivá de Balaguer". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2010. Consultado o 18 de xuño de 2010. 
  2. Carta da Escrivá Albás nos documentos do Opus Dei (en castelán)
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2010. Consultado o 18 de xuño de 2010. 
  4. http://www.ideasrapidas.org/escrivabalaguer.htm
  5. "Gli studi di teologia di san Josemaría Escrivá" (PDF). Studia et Documenta. ISSN 1970-4879. 
  6. vatican.va (ed.). "Beato Josemaría Escrivá: Cristo presente en los cristianos" (en castelán). Consultado o 28/01/14. 
  7. Artigos de El País e El Mundo sobre a canonización.
  8. En Madrid, unha das persoas que interviu na obtención do título nobiliario foi Alfredo López, membro supernumerario do Opus Dei, que se encargou como subsecretario do Ministerio de Xustiza de xestionar directamente a concesión do marquesado de Peralta; para máis detalles véxase Jesús Ynfante: "El santo fundador del Opus Dei", Cap. 9
  9. Véxase
  10. Ver o controvertido artigo de Ricardo de la Cierva Falsificación do marquesado de Peralta Libro: Los años mentidos. Cap. X (páxinas 143 a 158) Autor: Ricardo de la Cierva. Editorial Fénix. No que se expoñen os datos da súa investigación. Por outra parte segundo, o irmán do Fundador, Santiago Escrivá de Balaguer, "fue una decisión heroica, porque sabía muy bien que de aquella decisión él sólo recibiría críticas y daría ocasión a calumnias y difamaciones; pero Josemaría era profundamente justo y no quería privarnos, sólo por esa razón, de ese derecho. Hizo siempre lo que pensaba en conciencia que debía hacer: obraba cara a Dios, y nos enseñó, ante la maledicencia, a perdonar y a olvidar... Actuó de forma solidaria conmigo y, pasado el tiempo oportuno, sin haber usado nunca el título -jamás tuvo la intención de utilizarlo- me lo cedió." [1] Arquivado 02 de marzo de 2008 en Wayback Machine.
  11. http://opus-dei.blogspot.com.es/2001_09_01_archive.html#110279255759015339
  12. Kenneth Woodward, xornalista da revista Newsweek, que escribiu o libro A fabricación de santos subtitulado "Como a igrexa católica determina quen se converte en santo, quen non, e porqué" (1990), di que o opoñente oficial, foi puenteado e que importantes testemuñas críticas co opus non foron chamados. Segundo el, non é certo que oíron a once críticos da canonización de Escrivá, senón que soamente había un. Rexeitando de entrada membros próximos ao fundador, entre eles: María do Carmen Tapia, Miguel Fisac, o pai Vladimir Feltzman e John Roche. A este respecto hai que dicir que os nomes das testemuñas contrarias foron introducidos pola Postulación do Opus Dei na proposta de testemuñas para a Causa. Con todo, foron rexeitados polo Tribunal. O Opus Dei tamén incluíu na documentación as publicacións contrarias a Escrivá publicadas ata entón (cfr. Josemaría Escrivá de Balaguer. Itinerario da causa de canonización, Madrid, Palabra, 1991). Woodward tamén afirma que os consultores eran principalmente italianos e membros do Opus Dei. Con todo, malia que, segundo a praxe vixente na Congregación para as Causas dos Santos, os nomes dos consultores non se poden facer públicos (nin, xa que logo, o seu procedencia), no proceso fíxose constar explicitamente que ningún deles pertencía ao Opus Dei. Ademais, Woodward incide en que a abundancia de recursos económicos do Opus Dei foi utilizada para premer financeiramente sobre centenares de bispos, especialmente do terceiro mundo, para enviar informes favorables aos que levaban o proceso de canonización en Roma. Con todo, para o xuíz do proceso (o pai Rafael Pérez, agustino que durante anos foi Avogado do Diaño mentres existiu esta figura), esta acusación é insostible: "Non se fai caso de ningún tipo de presións. Sería case imposible e ineficaz que as houbese, porque en cada un dos distintos pasos interveñen moitas persoas", dixo nunha entrevista aparecida no xornal Heraldo de Aragón o 1 de decembro de 1991. Woodward alega que 1300 bispos mostráronse favorables a Xosemaría, pero que de todos eles, soamente 128 coñeceran persoalmente a Escrivá. Número este que, malia a valoración de Woodward, non deixa de ser elevado. A revista Newsweek pescudou tamén que dous dos xuíces, Mons. Luigi De Magistris, e Mons. Xusto Fernández Alonso, reitor da igrexa nacional española en Roma, non aprobaron a causa. De feito, un dos disidentes escribiu segundo o seu informe, que a beatificación de Escrivá podía causar grave escándalo público na igrexa.
  13. O arcebispo de París, en 1979 afirmou que se a Igrexa recoñecese a santidade de Monseñor Escrivá, o mundo enteiro obtería un gran beneficio, ou o do Cardeal Frantisek (arcebispo de Praga), que dixo poucos meses logo do seu falecemento: a súa morte selou unha exemplar vida cristiá e sacerdotal, modelo para a Igrexa. Mons. García Lahiguera, arcebispo de Valencia, que tratou a Escrivá durante máis de 40 anos, dixo que contemplando a súa vida podíase dicir que Josemaría Escrivá de Balaguer y Albás era un santo, e o Cardeal Ángel Suquía afirmou na clausura do Proceso de Virtudes (paso previo á canonización) que tiña a segura esperanza de que a súa canonización serviría para espertar e promover desexos e propósitos de santidade (estes e outros testemuños en Josemaría Escrivá de Balaguer. Itinerario de la Causa de Canonización, Op. cit., pp. 77-91).
  14. Josemaría Escrivá de Balaguer (2007). Ediciones Rialp, ed. Surco (23ª ed.). ISBN 9788432136580. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  15. Josemaría Escrivá de Balaguer (2001). Ediciones Rialp, ed. Forja (11ª ed.). ISBN 9788432133664. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  16. Josemaría Escrivá de Balaguer (1988). Ediciones Rialp, ed. La Abadesa de las Huelgas (3ª ed.). ISBN 9788432124389. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  17. Josemaría Escrivá de Balaguer (1996). Ediciones Palabra, ed. Amar a la Iglesia (5ª ed.). ISBN 9788482398518. 
  18. Obras de san Josemaría Escrivá. Discursos sobre la Universidad
  19. Josemaría Escrivá de Balaguer (1988). Ediciones Rialp, ed. Es Cristo que pasa (25ª ed.). ISBN 9788432124396. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  20. Josemaría Escrivá de Balaguer (1988). Ediciones Rialp, ed. Amigos de Dios (14ª ed.). ISBN 9788432124402. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  21. Josemaría Escrivá de Balaguer (2003). Ediciones Rialp, ed. Santo Rosario (49ª ed.). ISBN 9788432134630. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  22. Josemaría Escrivá de Balaguer (2002). Ediciones Rialp, ed. Via Crucis (27ª ed.). ISBN 9788432131837. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  23. Josemaría Escrivá de Balaguer (1985). Ediciones Rialp, ed. Conversaciones con Mons. Escrivá de Balaguer (14ª ed.). ISBN 9788432122682. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  24. Pedro Rodríguez, Constantino Anchel, Javier Sesé (2010). Ediciones Rialp, ed. Santo Rosario. Edición crítico-histórica. ISBN 9788432138188. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  25. "Obras de San Josemaría Escrivá, fundador del Opus Dei". www.escrivaobras.org. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2020. Consultado o 2020-09-30. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
(Non houbo)
 
 
Secretario Xeral do Opus Dei
 
1928 - 1975
Sucesor:
Álvaro del Portillo