Camiño é un libro escrito por san Xosemaría Escrivá de Balaguer, fundador do Opus Dei. Foi publicado por primeira vez en Cuenca no 1934, baixo o título de Consideraciones Espirituales.

Camiño (libro)
Autor/aXosemaría Escrivá de Balaguer
OrixeEspaña
Lingualingua castelá
Data de pub.1934
editar datos en Wikidata ]

Na seguinte edición, publicada en Valencia en 1939, o libro foi ampliado e recibiu o título de Camiño. Leva vendidas preto de 5 000 000 copias en 471 edicións en 51 linguas, o que fai deste libro nunha das obras máis editadas do seu xénero.[1][2]

Temática editar

Camiño consta de 999 puntos para a meditación persoal que abordan diferentes aspectos da vida cristiá: oración, traballo, virtudes, apostolado etc. Os textos, froito da propia oración do seu autor e da súa experiencia sacerdotal, están redactados nun ton coloquial e directo, con frases curtas e incisivas. É a obra máis popular de San Xosemaría Escrivá.

 
Camiño

A principal fonte literaria de Camiño son os Evanxeos.

Ademais, o autor emprega textos dos Pais Antigos, os clásicos da espiritualidade (Santa Tareixa de Xesús, San Xoán da Cruz, Santa Catarina de Siena ou Santa Tareixa de Lisieux), e tamén dos grandes autores da literatura castelá, entre outros Miguel de Cervantes e Calderón de la Barca.[3]

En galego editar

A versión galega do libro apareceu en 1968.[4]

Notas editar

  1. "Obras de San Josemaría Escrivá, fundador del Opus Dei". www.escrivaobras.org. Consultado o 2019-12-11. 
  2. "Camino. (Agenda, rústica)". www.rialp.com (en castelán). Consultado o 2019-12-11. 
  3. "Obras de San Josemaría Escrivá, fundador del Opus Dei". www.escrivaobras.org. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2013. Consultado o 2019-12-11. 
  4. "La página web del Opus Dei en gallego". opusdei.org (en castelán). Consultado o 2019-12-11. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar