José María Calleja

Xornalista e escritor español

José María Fernández Calleja, coñecido como José María Calleja, nado en León[1] o 16 de maio de 1955[2] e finado en Madrid,o 21 de abril de 2020, foi un xornalista, escritor e profesor universitario español.[3]

Modelo:BiografíaJosé María Calleja

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de maio de 1955 Editar o valor en Wikidata
León, España Editar o valor en Wikidata
Morte21 de abril de 2020 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteCOVID-19 Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Valladolid
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, presentador de televisión, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1980 Editar o valor en Wikidata - 2020 Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm2966971 BNE: XX1067949 Dialnet: 69480 Editar o valor en Wikidata

Entre 1987 e 1995, traballou en ETB, conducindo entre outros espazos o «Teleberri».[1] De 1999 a decembro de 2010 foi redactor xefe de CNN+, canle na que presentaba o programa El Debate desde 1999. Ademais de colaborador en distintos diarios e programas de radio e televisión, compaxinou o seu labor nos medios de comunicación coa de profesor asociado de Xornalismo na Universidade Carlos III de Madrid.

Faleceu o 21 de abril de 2020 por COVID-19, enfermidade pola que ingresou nun hospital de Madrid o 29 de marzo.

Traxectoria

editar

Nado en León, aos dous anos trasladouse coa súa familia a Valladolid. Entre 1973 e 1974, con tan só dezaoito anos de idade, estivo no cárcere por oposición ao réxime franquista.[4]

Licenciouse en Historia na Universidade de Valladolid, fixo o doutoramento en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid.

País Vasco

editar

A comezos da década de 1980, marchou ao País Vasco onde comezou a súa carreira xornalística na delegación da Axencia EFE nesa comunidade.

Tralo seu paso por EFE, estivo a traballar durante sete anos na Euskal Telebista (ETB) nunhas condicións moi complicadas, cando empezou a recibir ameazas, en 1993,[1] por parte de ETA. Nun primeiro momento estivo sen protección policial, ata que se produciu o atentado terrorista do 23 de xaneiro de 1995, no que foi asasinado o político popular Gregorio Ordóñez. Daquela, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado informárono de que era obxectivo dos etarras. A partir de entón e até a fin do terrorismo viviu baixo a protección de escoltas. En xullo de 1995, foi despedido de ETB.[1]

Madrid

editar

En marzo de 1996, marchou a Madrid por mor dunha oferta de Canal Plus e, dende entón, foi asiduo colaborador en faladoiros políticos en televisión e radio.

Televisión

editar

Entre 1999 e até o seu peche en 2010, dirixiu e presentou o programa El debate de CNN+ na cadea do mesmo nome.[1] Participou en programas de debate como La respuesta (2003-2004) e Ruedo ibérico, ambos en Antena 3; 59 segundos (2004-2012), en Televisión española. Neste programa, en 2007, mantivera unha dura lea coa tamén peiodista Isabel San Sebastián, que o denunciou nos tribunais por acusala de "defender á extrema dereita, golpista e antidemocrática" e de "engordar a ETA durante anos co seu silenzo"[5]. Aínda que Calleja foi condenado, en 2010, pola Audiencia Provincial de Madrid a indemnizala con 12.000 euros,[6] finalmente, en 2014, o Tribunal Supremo absolveuno indicando que as frases anteriores eran unha crítica política e non unha acusación de colaboración coa banda armada.[7] Tamén participou noutros programas como Al rojo vivo (2011) en La Sexta2 ou El gran debate (2012-2013) en Telecinco.

Na radio colaborou entre 2010 e 2015, nos programas de Onda Cero La brújula, Herrera en la onda e Julia en la Onda. Dende setembro de 2011 colaborou no magazine Las Mañanas de Cuatro, como comentarista político e, dende 2015, participou nas tertulias do programa Hoy por hoy da Cadena SER.

A súa derradeira columna titulouse "Entre resistiré y no tocarse" e foi publicada o 17 de marzo de 2020. Nela describía como compartir "unha situación límite" en plena emerxencia sanitaria polo coronavirus "está a fomentar unha relación entre veciños fermosa, estimulante e, desde logo, inesquecíbel".[8] O seu derradeiro artigo de opinión, foi publicado o mesmo día do seu falecemento en El Correo.[9]

Mentres tanto, tamén foi profesor asociado de Xornalismo na Universidade Carlos III de Madrid.[10]

O 29 de marzo de 2020, foi ingresado por coronavirus nun hospital madrileño. Faleceu o 21 de abril tras pasar dúas semanas na UCI.[2]

Medios

editar

En colaboración

editar
  • 2003: ¡Basta ya!. Contra el nacionalismo obligatorio. Madrid: ElPais-Aguilar ISBN 978-8403093430
  • 2003: Terrorismo, víctimas y medios de comunicación. Fundación Víctimas del Terrorismo. ASIN: B00A4A3Q84
  • 2004: Estrategias de la desinformación. Conselleria de Cultura, Educació i Esport. Generalitat Valenciana.
  • 2004: Gritos de libertad. Madrid: La Esfera de los libros. ISBN 9788497342018
  • 2006: La derrota de ETA. De la primera a última víctima. En colaboración con Ignacio Sánchez-Cuenca. Las Rozas (Madrid: Editorial Adhara Publicaciones. ISBN 84-934838-5-0
  • 2011: Estudios sobre la violencia. Valencia: Editorial Tirant lo Blanc. ISBN 9788490040416

Premios

editar
  • 2001: Premio Espasa de ensaio.
  • 2003: Medalla do Mérito Constitucional
  • 2008: Premio Agustín Merello da Asociación da Prensa de Cádiz.
  • 2005: VIII Premio á Convivencia Miguel Angel Branco.
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Lamata Molina, Juan F. (25-7-2012). "José María Calleja: «Hoy los políticos no esperan al editorial de El País para que les digan lo que tienen que pensar»". periodistadigital.com (en castelán). Consultado o 21-4-2020. 
  2. 2,0 2,1 "Muere por coronavirus el periodista José María Calleja: voz de la lucha contra ETA". lainformacion.com (en castelán). 21-4-2020. Arquivado dende o orixinal o 22-04-2020. Consultado o 21-4-2020. 
  3. "José María Calleja analiza hoy la situación social en el País Vasco". diariodeleon.es. 20-2-2004. Consultado o 21-4-2020. 
  4. "Encuentros digitales con José María Calleja (resposta nº 15)". elmundo.es (en castelán). 22-2-2006. Consultado o 21-4-2020. 
  5. "Calleja amplía sus insultos a San Sebastián: "Antietarra de discoteca"". libertaddigital.com (en castelán). 9-11-2007. Consultado o 21-4-2020. 
  6. F., E. (4-8-2010). "Condenan a José María Calleja a pagar 12.000 euros a Isabel San Sebastián". elmundo.es (en castelán). Consultado o 21-4-2020. 
  7. "El Supremo revoca la condena a José María Calleja por sus ataques a Isabel San Sebastián". libertaddigital.com (en castelán). 6-11-2014. Consultado o 21-4-2020. 
  8. Calleja, José María (17-3-2020). "Entre resistiré y no tocarse". eldiario.es (en castelán). Consultado o 21-4-2020. 
  9. Calleja, José María (21-4-2020). "El último artículo de opinión de José María Calleja: Diario de la fiebre". elcorreo.com (en castelán). Consultado o 21-4-2020. 
  10. "El periodista y columnista de eldiario.es José María Calleja fallece a los 64 años con coronavirus". eldiario.es (en castelán). 21-4-2020. Consultado o 21-4-2020. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar