Gregorio Ordóñez

político español


Gregorio Ordóñez Fenollar, nado en Caracas o 21 de xullo de 1958 e finado en Donostia o 23 de xaneiro de 1995, foi un político vasco.

Modelo:BiografíaGregorio Ordóñez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Gregorio Ordóñez Fenollar Editar o valor en Wikidata
21 de xullo de 1958 Editar o valor en Wikidata
Caracas, Venezuela Editar o valor en Wikidata
Morte23 de xaneiro de 1995 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Donostia, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Polloe Editar o valor en Wikidata
Deputado do Parlamento do País Vasco
30 de novembro de 1994 – 23 de xaneiro de 1995 – María Eugenia García Rico (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Guipúscoa
Deputado do Parlamento do País Vasco
18 de decembro de 1990 – 23 de xaneiro de 1995
Circunscrición electoral: Guipúscoa
Deputado do Parlamento do País Vasco
18 de decembro de 1990 – 30 de agosto de 1994

Circunscrición electoral: Guipúscoa
Concelleiro
20 de maio de 1983 – 23 de xaneiro de 1995 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Navarra Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Donostia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, xornalista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
IrmánsConsuelo Ordóñez Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1011585

Traxectoria política

editar

Aínda que naceu en Venezuela, a súa familia instalouse en San Sebastián en 1965 e alí realizou os seus estudos primarios e medios. Licenciouse en Ciencias da Información pola Universidade de Navarra, e logo dunha breve etapa traballando como xornalista, ingresa nas Novas Xeracións de Alianza Popular e, en maio de 1983, con apenas 24 anos, resulta elixido por primeira vez concelleiro en Donostia. Nesa primeira lexislatura asumiu a concellería de Legalidade Urbanística, en 1987 foi concelleiro de Turismo e Festexos e dende 1991 outra vez de Urbanismo, e asemade primeiro tenente de alcalde. Neses tres comicios encabezou a candidatura do Partido Popular e nas tres ocasións accedeu ao goberno logo do pacto co PSOE do alcalde Odón Elorza.

A candidatura de Alianza Popular encabezada por Ordóñez mellorou progresivamente os seus resultados electorais na cidade, despois baixo a denominación de Partido Popular, e conseguiu que, nas eleccións europeas de xuño de 1994 a súa lista fora a máis votada en Donostia.

Escollido como candidato á alcaldía para os comicios de maio de 1995, o 23 de xaneiro de 1995 foi asasinado por un comando de ETA formado por Francisco Javier García Gaztelu, "Txapote" e Juan Ramón Casatorre. Nese momento xantaba nun restaurante da cidade vella donostiarra con algúns compañeiros do concello, entre eles María San Gil.

A súa tumba foi profanada en varias ocasións.