John Major


John Major, nado o 29 de marzo de 1943, é un político británico que foi primeiro ministro do Reino Unido e líder do Partido Conservador de 1990 a 1997. Exerceu como membro do gabinete de Margaret Thatcher como secretario xefe do Tesouro (19871989), secretario de Asuntos Exteriores (1989) e chanceler do Tesouro (1989 – 1990). Recibiu, entre outros, o título de Sir.

John Major
Prime Minister John Major (cropped).jpg
Nacemento29 de marzo de 1943
Lugar de nacementoLondres
NacionalidadeReino Unido
RelixiónIgrexa de Inglaterra e Igrexa Anglicana
Alma máterRutlish School
Ocupaciónpolítico, gestor bancário, autobiógrafo e banqueiro
PaiTom Major-Ball
NaiGwendolyn Minny Coates
CónxuxeNorma Major
FillosElizabeth Major e James Major
IrmánsTerry Major-Ball
PremiosKnight of the Garter e British Sports Book Awards
Na rede
http://www.johnmajor.co.uk/ e http://www.johnmajorarchive.org.uk/
IMDB: nm0538196 Musicbrainz: fd710384-f713-4cef-94df-5dd710c0e0f8 WikiTree: Major-1613 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Primeiros anos e carreiraEditar

Major naceu no Hospital St Helier e no Queen Mary's Hospital for Children en St Helier, Londres, en Inglaterra e deixou a escola aos 16 anos.[1] [2] En 1968 chegou a ser concelleiro conservador. Nas eleccións xerais de 1979, Major foi elixido Membro do Parlamento (MP) por Huntingdonshire (Huntingdon despois de 1983).

Primeiro ministroEditar

Despois de ocupar varios cargos no gabinete, Major foi elixido para substituír a Margaret Thatcher como primeira ministra e líder do partido.[3] Ao asumir o cargo, viu a acción británica na Guerra do Golfo (1991) e a estreita reelección do seu partido nas eleccións xerais de 1992.

Despois diso, os conservadores baixo Major tornáronse impopulares debido á caída do mercado de valores do "Mércores Negro" a finais de 1992 e como se dividiron sobre o tema da Unión Europea.

Durante o seu mandato tivo tensións internas sobre as cuestións económicas e sensibilidades políticas de Irlanda do Norte e Escocia[4], mais conseguiu manter a tranquilidade facendo certas concesións, como a devolución aos escoceses da Pedra de Scone.[5]

Golpeado nas eleccións xerais de 1997, Major foi sucedido como primeiro ministro por Tony Blair do Partido Laborista, e foi substituído como líder conservador por William Hague. Dimitiu como deputado nas eleccións xerais de 2001.

Vida persoalEditar

Major casou con Norma Johnson (agora Norma Major) o 3 de outubro de 1970. Era profesora e membro das xuventudes conservadoras (Young Conservatives). Comprometéronse despois de só dez días de se coñecer.[6] Teñen un fillo, James, e unha filla, Elizabeth. Teñen unha casa de vacacións na costa norte de Norfolk. É un gran seguidor do cricket, das carreiras de motor, e seareiro do Chelsea Football Club.[7]

Major rexeitou até agora unha pensión vitalicia ao desistir do Parlamento.[8]

NotasEditar

  1. Major, John. Autobio. p. 30. ISBN 978-0-00-653074-9. 
  2. Seldon, Anthony; Baston, Lewis (1998). Major: A Political Life (en inglés). Phoenix. ISBN 978-0-7538-0145-1. 
  3. "Major has every right to shop Lady Thatcher". The Independent (en inglés). 1999-08-14. Consultado o 2022-11-21. 
  4. "Bombshell documents reveal John Major’s ‘success’ in keeping Scotland quiet". The National (en inglés). Consultado o 2022-11-20. 
  5. "Stone of Scone going home after 700 years: from the archive, 4 July 1996". the Guardian (en inglés). 2015-07-04. Consultado o 2022-11-20. 
  6. "Perfil en". Number10.gov.uk. Arquivado dende o orixinal o 8 de setembro de 2008. Consultado o 17 de abril de 2010. 
  7. "Celebs". theshed.chelseafc.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2010. Consultado o 20 de novembro de 2022. 
  8. "news.bbc.co.uk; UK politics" (en inglés). 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar