Jan Solans
Jan Solans Baldó, nado en Matadepera, provincia de Barcelona, o 25 de decembro de 1997, é un piloto español de rallys que compite no Campionato do Mundo de Rally 3.
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de decembro de 1997 (26 anos) Matadepera, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | piloto de rally |
Lingua | Lingua castelá |
Deporte | rally |
Copiloto | Mauro Barreiro Zas |
Familia | |
Irmáns | Nil Solans |
Páxina web | jansolans.com |
En 2019 foi campión do mundo júnior, no ano do seu debut en dita competición, despois de acadar unha vitoria e dous podios xunto ao seu copiloto habitual, o galego Mauro Barreiro.[1] Anteriormente fora campión de España do grupo N en 2016, campión de dúas rodas motrices e do grupo R2 no Campionato de España de Terra en 2018 e gañador do Iberian Rally Trophy en 2016.[2]
De xeito esporádico tamén participou nalgunha proba como copiloto e ten un irmán máis vello, Nil Solans, tamén piloto de rallys.
Traxectoria
editarSeu pai, Pere Solans, tamén foi piloto, así como o seu irmán Nil, cinco anos maior que el, que debutou en Cataluña aos 20 anos, o que motivou a Jan a seguilo, converténdose pronto en afeccionado aos rallys, aos que acudía cunha cámara de vídeo no ombreiro. Deste xeito interesouse polo mundo do automóbil e aínda que xa probara no mundo do karting de pequeno de maneira puntual, non foi ata os 15 ou 16 anos cando o seu irmán probou un carcross, o que motivou a Jan a probalo tamén, a pesar da negativa inicial de seu pai. Acabou proclamándose campión de España de Car Cross Júnior no 2014.[2]
En 2015 debutou como copiloto do galego Mauro Barreiro, a bordo dun Citroën Saxo VTS no Rally Concello de Curtis. Participou ese ano en dúas probas máis, o Rally 2000 Viraxes e o Rally Empordà e fixo o seu debut finalmente como piloto en febreiro de 2016, no Rally Terras Altas de Lorca, do nacional de terra. Correu cun Peugeot 208 R2 e con Barreiro como copiloto, finalizando na vixésimo primeira posición. Participou no nacional de asfalto en sete probas co apoio de Mitsubishi aos mandos dun Mitsubishi Lancer Evo X. O seu mellor resultado foi un duodécimo posto no Rally Villa de Llanes. Ao ano seguinte alternou probas locais de Cataluña cun Peugeot 208 R2 con participacións de novo no nacional onde logrou unha vitoria na Beca Júnior R2, programa organizado pola Federación Española para pilotos novos, rematando en terceiro lugar na clasificación final. Debutou no Campionato do Mundo en outubro no Rally Cataluña cun Ford Festa R2T co que terminou na posición 41º. En 2018 continuou a súa participación co Peugeot 208 R2 e acudiu ao Rally de Portugal onde abandonou tras unha avaría mecánica. Logrou vencer na Beca Júnior R2 con seis vitorias mentres que no campionato nacional de terra proclamouse vencedor nas categorías R2 e dúas rodas motrices e subcampión na categoría júnior.
Campión do mundo júnior
editarEn 2019 e xunto a Mauro Barreiro, deu o salto ao Campionato do Mundo Júnior cun Ford Fiesta R2T do Rallye Team España e recibiu unha bolsa da Federación Española ao gañar a Beca Junior R2 o ano anterior. Na primeira carreira conseguiu o seu primeiro podio ao rematar terceiro no Rally de Suecia e máis tarde en Córsega conseguiu ser cuarto.[3] Acudiu a continuación ao Rally Terra da Auga a modo de test para preparar a súa participación no Rally de Sardeña, rematando décimo quinto. En Sardeña comezou liderando, pero no terceiro treito caeu ao sétimo lugar, conseguindo logo remontar despois de marcar doce scratchs, e lograr a vitoria, o que ademais lle serviu para colocarse líder do campionato e loitar polo título no seu primeiro ano de participación.[4] En Finlandia na súa primeira participación logrou a segunda posición por detrás do sueco Tom Kristensson, o seu principal rival na loita polo título, que se colocou cun punto de vantaxe sobre o catalán.[5] Na última cita, Gran Bretaña, logrou a vitoria na categoría e con ela o título de campión do mundo,[6] converténdose así no cuarto español en gañar este trofeo, dous anos despois de que o gañase o seu irmán Nil Solans.
Campionato do Mundo de Rally 3
editarEn 2020 anunciouse que correría varias probas do Campionato do Mundo de Rally 3.[7]
Resultados
editarWRC
editarAno | Equipo | Coche | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | Pos. | puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2017 | Escudería Motor Terrassa | Ford Fiesta R2T | MON | SWE | MEX | FRA | ARG | POR | ITA | POL | FIN | GER | ESP 41 |
GBR | AUS | - | 0 | |
2018 | Escudería Motor Terrassa | Peugeot 208 R2 | MON | SWE | MEX | FRA | ARG | POR Ret |
ITA | FIN | GER | TUR | GBR | ESP 26 |
AUS | - | 0 | |
2019 | Rallye Team España | Ford Fiesta R2T | MON | SWE 32 |
MEX | FRA 27 |
ARG | CHI | POR | ITA 21 |
FIN 18 |
GER | TUR | GBR 21 |
- | 0 | ||
Nil Solans | Ford Fiesta R5 MK2 | ESP 22 |
AUS C | |||||||||||||||
2020 | Ford Fiesta R5 MK2 | MON | SWE | MEX | EST 26 |
TUR 14 |
ITA | BEL | - | 0 |
WRC3
editarAno | Equipo | Coche | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | Pos. | puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2020 | Ford Fiesta R5 MK2 | MON | SWE | MEX | EST 12 |
TUR 6 |
ITA | BEL | 23º | 8 |
JWRC
editarAno | Equipo | Vehículo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2019 | Rallye Team España | Ford Fiesta R2T | SWE 3 |
FRA 4 |
ITA 1 |
FIN 2 |
GBR 1 |
1º | 151 |
Campionato de España de Rallys
editarAno | Equipo | Automóbil | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2016 | Mitsubishi Repsol | Mitsubishi Lancer Evo X | CNR | ADE | SMO 15 |
FER Ret |
CAN Ret |
OUR | PDA 17 |
LLA 12 |
MED 14 |
MAD Ret |
26º | 28 | |
2017 | Escudería Motor Terrassa | Peugeot 208 R2 | SMO | ECI | ADE | OUR | FER | PDA | LLA 10 |
CAN | MED Ret |
MAD | 47º | 13 | |
2018 | Escudería Motor Terrassa | Peugeot 208 R2 | COC | SMO | ECI 11 |
ADE | OUR 7 |
FER | PDA 9 |
LLA | CAN | MED | MAD | 17º | 45 |
Campionato de España de Rallys de Terra
editarAno | Equipo | Coche | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | Pos. | puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2016 | Escudería Motor Terrassa | Peugeot 208 R2 | LOR 20 |
NAV | GAL | BIE | CER | EXT | CTG | POZ Ret |
59º | 1 |
2017 | Escudería Motor Terrassa | Peugeot 208 R2 | LOR | NAV | GAL 12 |
CER 14 |
EXT 7 |
POZ | CTG | 18º | 35 | |
2018 | Escudería Motor Terrassa | Peugeot 208 R2 | LOR 11 |
POZ 5 |
VOL | TDA | CER | NAV 7 |
GRA 8 |
MAD 12 |
10º | 81 |
2019 | Arteixo Motorsport | Ford Fiesta R2T | LOR | POZ | NAV | TDA 15 |
AST | VOL | GRA | 48º | 7 |
Notas
editar- ↑ "Jan Solans". ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 5 de julio de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 "Palmarés". www.jansolans.com (en castelán). Consultado o 21 de setembro de 2020.[Ligazón morta]
- ↑ "Jan Solans sube al podio en su primer Suecia" (en castelán). 17 de febreiro de 2019. Consultado o 21 de setembro de 2020.
- ↑ "Jan Solans, a por el Mundial Júnior: "El título es posible"" (en castelán). 5 de xullo de 2019. Consultado o 21 de setembro de 2020.
- ↑ "Jan Solans sube al podio en su primer Rally de Finlandia" (en castelán). 4 de agosto de 2019. Consultado o 21 de setembro de 2020.
- ↑ "Tanak gana el Rally de Gales y Jan Solans se proclama campeón júnior" (en castelán). 6 de outubro de 2019. Consultado o 21 de setembro de 2020.
- ↑ "Jan Solans correrá los rallyes de Estonia, Turquía, Alemania y Cerdeña". 12 de agosto de 2020. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2021. Consultado o 21 de agosto de 2020.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jan Solans |