Campionato do Mundo de Rally Júnior

O Campionato do Mundo de Rally Júnior (tamén coñecido como WRC Júnior ou JWRC) é unha competición complementaria ao Campionato do Mundo de Rally (WRC) e está dirixido especificamente a ofrecer aos condutores novos a oportunidade de obter experiencia e publicidade a un custo accesible. A categoría foi un paso fundamental na carreira de moitos pilotos que logo triunfaron no WRC como Sébastien Loeb, Dani Sordo, Sébastien Ogier, Jari-Matti Latvala ou Thierry Neuville.

Campionato do Mundo de Rally Júnior
CategoríaJúnior
OrganizadorFIA
Tempada inicial2001
ÁmbitoMundial
Gañadores
Piloto campiónEspaña Jan Solans
Sitio webwww.wrc.com
Sébastien Loeb e Daniel Elena no Rally de Finlandia de 2001.
Per-Gunnar Andersson e Suzuki celebrando a vitoria na clase JWRC no Rally de Finlandia no 2004.

Historia editar

O campionato celebrouse por primeira vez en 2001 como Campionato de Pilotos Super 1600 e incluía seis probas en Europa. Sébastien Loeb converteuse no primeiro campión da competición, conducindo un Citroën Saxo Super 1600. O certame converteuse no Campionato do Mundo de Rally Júnior ao ano seguinte.

En 2007, o campionato non incluíu rallys fóra de Europa, e foi coñecido esa tempada como Campionato de Rally Júnior (JRC). En 2011, a FIA substituíu o WRC Júnior polo WRC Academy, un campionato de especificación único con vehículos Ford Fiesta R2. En 2013 pasou a chamarse Campionato do Mundo de Rally Júnior da FIA.[1]

En 2014, a grella do JWRC foi substituída polos Citroën DS3 R3T, mentres que M-Sport reutilizou as antigas unidades Ford Fiesta R2 para o Drive DMACK Fiesta Trophy. En 2017, o JWRC volveu usar o Ford Fiesta R2. Na tempada 2018 o número de rallys reduciuse a 5, dándose no último deles o dobre de puntos.

Regras editar

O WRC Júnior está aberto a pilotos menores de 30 anos que non competiran como pilotos de Prioridade 1 (P1) en ningunha proba do Campionato Mundial de Rallys da FIA. Dende 2018 os competidores circulan en Ford Fiesta R2T idénticos usando pneumáticos Pirelli.

O sistema de puntuación é o mesmo que nos campionatos WRC, WRC-2 e WRC-3, cos puntos asignados aos dez primeiros clasificados do seguinte xeito:

Posición       10º 
Puntos 25 18 15 12 10 8 6 4 2 1

Non obstante, a diferenza doutras categorías, os competidores do WRC Júnior obteñen puntos de bonificación no campionato polas vitorias nos treitos durante a tempada.

Palmarés editar

Campionato de Pilotos editar

Ano Nome Campión Vehículo Subcampión Vehículo Terceiro posto Vehículo
2019 Campionato do Mundo de Rally Júnior   Jan Solans Ford Fiesta R2   Tom Kristensson Ford Fiesta R2   Dennis Rådström Ford Fiesta R2
2018   Emil Bergkvist Ford Fiesta R2   Dennis Rådström Ford Fiesta R2   Jean-Baptiste Franceschi Ford Fiesta R2
2017   Nil Solans Ford Fiesta R2   Nicolas Ciamin Ford Fiesta R2   Terry Folb Ford Fiesta R2
2016   Simone Tempestini Citroën DS3 R3T   Martin Koči Citroën DS3 R3T   Vincent Dubert Citroën DS3 R3T
2015   Quentin Gilbert Citroën DS3 R3T   Ole Christian Veiby Citroën DS3 R3T   Terry Folb Citroën DS3 R3T
2014   Stéphane Lefebvre Citroën DS3 R3T   Alastair Fisher Citroën DS3 R3T   Martin Koči Citroën DS3 R3T
2013   Pontus Tidemand Ford Fiesta R2   Yeray Lemes Ford Fiesta R2   Sander Pärn Ford Fiesta R2
2012 WRC Academy   Elfyn Evans Ford Fiesta R2   José Antonio Suárez Ford Fiesta R2   Pontus Tidemand Ford Fiesta R2
2011   Craig Breen Ford Fiesta R2   Egon Kaur Ford Fiesta R2   Alastair Fisher Ford Fiesta R2
2010 Campionato do Mundo de Rally Júnior   Aaron Burkart Suzuki Swift S1600   Hans Weijs, Jr. Citroën C2 S1600   Todor Slavov Renault Clio R3
2009   Martin Prokop Citroën C2 S1600   Michał Kościuszko Suzuki Swift S1600   Aaron Burkart Suzuki Swift S1600
2008   Sébastien Ogier Citroën C2 S1600   Aaron Burkart Citroën C2 S1600   Martin Prokop Citroën C2 S1600
2007 Campionato de Rally Júnior da FIA   Per-Gunnar Andersson Suzuki Swift S1600   Urmo Aava Suzuki Swift S1600   Martin Prokop Citroën C2 S1600
2006 Campionato do Mundo de Rally Júnior   Patrik Sandell Renault Clio S1600   Urmo Aava Suzuki Swift S1600   Per-Gunnar Andersson Suzuki Swift S1600
2005   Dani Sordo Citroën C2 S1600   Kris Meeke Citroën C2 S1600   Guy Wilks Suzuki Ignis S1600
2004   Per-Gunnar Andersson Suzuki Ignis S1600   Nicolas Bernardi Renault Clio S1600   Guy Wilks Suzuki Ignis S1600
2003   Brice Tirabassi Renault Clio S1600   Salvador Cañellas Jr. Suzuki Ignis S1600   Daniel Carlsson Suzuki Ignis S1600
2002   Daniel Solà Citroën Saxo VTS S1600   Andrea Dallavilla Citroën Saxo VTS S1600   Janne Tuohino Citroën Saxo VTS S1600
2001 Copa de Pilotos Super 1600 da FIA   Sébastien Loeb Citroën Saxo VTS S1600   Andrea Dallavilla Fiat Punto S1600   Niall McShea Ford Puma S1600
Citroën Saxo VTS S1600

Estatísticas editar

Por nacionalidade do piloto

Países   Ouro   Prata   Bronce Total
  Francia 5 2 4 11
  Suecia 5 2 4 11
  España 4 3 0 7
  Reino Unido 1 2 4 7
  Alemaña 1 1 1 3
  República Checa 1 0 2 3
  Irlanda 1 0 0 1
  Romanía 1 0 0 1
  Estonia 0 3 1 4
  Italia 0 2 0 2
  Eslovaquia 1 1 2
  Países Baixos 1 1
  Noruega 1 1
  Polonia 1 1
  Bulgaria 1 1
  Finlandia 1 1

Por constructor

Países   Ouro   Prata   Bronce Total
  Citroën 8 7 7 22
  Ford 6 6 7 19
  Suzuki 3 4 5 12
  Renault 2 1 1 4
  Fiat 0 1 0 1

Rallys gañados editar

Actualizado despois da tempada 2019.

Galería editar

Notas editar

  1. "Exciting changes for 2013 WRC" (en inglés). 5 de outubro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2018. Consultado o 21 de setembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar