Isaac Abravanel
Isaac Abravanel ou Abarbanel (hebreo: יצחק בן יהודה אברבנאל Isaac ben Yehuda de Abravanel) nado en Lisboa en 1437 e finado en Venecia en 1508, foi un teólogo, comentarista bíblico e empresario xudeu que estivo ao servizo dos reis de Portugal, Castela e Nápoles, así como da República de Venecia. Foi o pai do coñecido filósofo León Hebreo.
Isaac Abravanel | |
---|---|
Nacemento | 1437 |
Lugar de nacemento | Lisboa |
Falecemento | 23 de setembro de 1508 |
Lugar de falecemento | Venecia |
Soterrado | Padua |
Nacionalidade | Reino de Portugal |
Relixión | xudaísmo |
Ocupación | filósofo, empresario, poeta, teólogo, rabino, banqueiro e político |
Fillos | Judá Abravanel e Samuele Abarbanel |
Coñecido por | sen etiquetar |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Os seus antepasados pertencían a unha destacada familia de xudeus de Sevilla, que emigrou a Portugal tras as persecucións de 1391. O seu avó, Samuel Abravanel, fora tesoureiro dos reis Henrique II e Xoán I de Castela.
Isaac foi tesoureiro do rei de Portugal, Afonso V, pero en 1483 fuxiu a Castela debido á represión lanzada polo novo rei, Xoán II, contra a Casa de Bragança, coa que Abravanel estaba relacionado.[1] Instalouse primeiro en Plasencia e posteriormente en Alcalá de Henares e Guadalaxara. Foi axente probado, comercial e financeiro, dos reis Isabel e Fernando, aos que prestou importantes sumas para financiar a guerra de Granada. Na facenda castelá relacionouse co tamén xudeu Abraham Senior, o seu protector, do que se fixo íntimo amigo. asociándose aos seus negocios e ocupando o cargo de factor maior.[2][3] Ambos tamén realizaron xestións, inicialmente infrutuosas, a favor do proxecto de expedición transatlántica de Cristovo Colón.[4]
Ao contrario que Senior, negouse a converterse cando o edicto de Granada (31 de marzo de 1492) dispuxo a expulsión dos xudeus de España, que ambos tentaran inutilmente evitar utilizando a súa influencia sobre os Reis. Obrigado a saír de España, aínda que conservando a súa fortuna, instalouse no reino de Nápoles, onde estivo ao servizo do rei Ferrante e do seu sucesor, Afonso II.[5] Cando o reino foi invadido por Carlos VIII de Francia (1495), Abravanel debeu exiliarse a Sicilia co rei Afonso II. Posteriormente residiu en Corfú, na cidade de Monopoli, no norte de África, e por último en Venecia, onde faleceu en 1508.
Segundo a carta do pintor Leonid Pasternak, pai de Borís Pasternak, ao poeta Jaim Najman Biálik escrita en 1923, os Pasternak descendían de Isaac Abravanel.[6][7]
NotasEditar
- ↑ "Dos nuevos documentos para el conocimiento de la intervención de Luis de Santángel en el descubrimiento de las Yndias" (8). ISSN 0328-0284.
- ↑ Jewish Encyclopedia
- ↑ "mundohistoria.org". Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2018. Consultado o 19 de novembro de 2018.
- ↑ Daniel Mesa Los judíos en el Descubrimiento de América.
- ↑ Fernando e Isabel se mostraron xenerosos: compensaron ás débedas que aínda tiña co Fisco aceptando como pago as obrigacións dos debedores cristiáns; sumaban unhas e outras máis dun millón de marabedís. Ademais recibiu a autorización especial para sacar ata mil ducados en ouro e xoias polo porto de Valencia. (Luis Suárez Fernández, La expulsión de los judíos, reproducido en vallenajerilla.com).
- ↑ "Л.С. Флейшман. «К публикации письма Л.О. Пастернака к Бялику». (Lázar Fleishman. Acerca de la publicación de la carta de L.O.Pasternak a Biálik.) SlavicaHierosolymitana, Vol. I (1977), p. 311-316." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de novembro de 2016. Consultado o 19 de novembro de 2018.
- ↑ "Копельман, Зоя. «Письма Л. О. Пастернака X. Н. Бялику». (Zoya Kopelman. Cartas de L.O.Pasternak a J.N.Biálik.) STANFORD SLAVIC STUDIES. Vol. 20 (1999)". Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2017. Consultado o 19 de novembro de 2018.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Diálogos de amor. Recensión na enciclopedia Noguer
- Jewish Encyclopedia.
- Biografía de Borís Pasternak escrita por Dmitri Býkov, segundo a cal os Pasternak descenderían de Isaac Abravanel.