Iria Collazo
Iria Collazo López, nada en Barro o 26 de xuño de 1981, é unha escritora galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de xuño de 1981 (43 anos) Barro, España |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | profesora, escritora |
Traxectoria
editarIria Collazo López naceu en Barro e trasladouse coa súa familia aos sete anos a Moaña. Licenciouse en Filoloxía Galega en 2003 na Universidade de Vigo, obtendo o Premio Extraordinario Fin de Carreira. Ao ano seguinte aprobou as oposicións ao Ensino Secundario. Hoxe vive en Cangas e traballa como profesora de Lingua e Literatura Galega no IES As Barxas, de Moaña, onde colabora con pequenas creacións literarias e como coordinadora, xunto con Luz Beloso, Miguel Ángel Alonso Diz e Seso Durán en proxectos audiovisuais (A Muller Lamprea, Alicia) nos obradoiros Eduplástica e MusicasBarxas, que resultaron gañadores dalgúns premios do audiovisual escolar, coma o 1º Premio de Videocreación do Concello de Santiago de Compostela, o Premio Olloboi Orixinal 2014, un accésit polo fomento do uso do galego do IES Monte Carrasco e outra nos premios Impinxidela. En 2018 colaborou na revista Ligeia.[1]
En 2015 publicou na Colección Costa Oeste da Editorial Galaxia a súa primeira obra literaria, Coma unha áncora, unha historia de amor, naufraxios e memoria. En 2016 saíu A soidade das medusas tamén na editorial Galaxia, seis relatos diferentes pero con moitas cousas en común[2]. Nesta mesma editorial publicou en 2019 A casa do paralelo 54.
Foi IIº Premio Certame de poesía Torre de Caldaloba 2019 con De casa queimada.[3]
En 2021 gañou a primeira bolsa do programa de intercambio de escritores entre Galicia e Xeorxia, para realizar unha estadía literaria na Writers’ House of Georgia de Tblisi, ao tempo que un autor xeorxiano viaxa á Residencia Literaria 1863 da Coruña.[4]
Obra
editarNarrativa
editar- Coma unha áncora (2015). Vigo: Editorial Galaxia.[5] ISBN 978-84-9865-611-4. 128 p.[6]
- A soidade das medusas (2016). Vigo: Editorial Galaxia. [7] ISBN 978-84-9151-019-2. 84 p. En portugués, A solidão das medusas (2018). Mar Maior. ISBN 9788491512547. Tradución de Manuele Masimi.
- A casa do paralelo 54 (2019). Vigo: Editorial Galaxia. 226 p. ISBN 978-84-9151-299-8. Ilustracións de Luz Beloso.[8]
- Os mortos que amei (2024). Vigo: Editorial Galaxia, Col. Ronsel. 172 páxs. ISBN 978-84-1176-223-6.[9]
Poesía
editar- De casa queimada (2020). Alvarellos. 56 páxs. ISBN 978-84-16460-93-9.
Notas
editar- ↑ "Iria Collazo". Ligeia. Revista de Literatura (1). xuño/setembro 2018. ISSN 2603-7416.
- ↑ "A soidade das medusas". lecturafilia.com. Consultado o 22/09/2018.
- ↑ "De casa queimada de Iria Collazo López". De casa queimada de Iria Collazo López ... Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2021. Consultado o 2021-01-25.
- ↑ Galicia, Xunta de (2021-06-24). "A profesora Iria Collazo gaña a primeira bolsa do programa de intercambio de escritores entre Galicia e Xeorxia". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2021. Consultado o 2021-06-24.
- ↑ "Coma unha áncora de Iria Collazo", no Caderno da Crítica, 15 de agosto de 2015.
- ↑ "Recensión: Iria Collazo López, Como unha áncora". palabradegatsby (en castelán). Consultado o 2020-09-04.
- ↑ "Ficha na Editorial Galaxia". editorialgalaxia.gal. Consultado o 22/09/2018.
- ↑ "A casa do paralelo 54". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-02-08.
- ↑ "Os mortos que amei". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-06-27.