Miguel Ángel Alonso Diz
Miguel Ángel Alonso Diz, nado en Madrid o 14 de xaneiro de 1976, é un escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de xaneiro de 1976 (48 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Traxectoria
editarLicenciado en Economía, ten exercido a docencia no ensino privado. Participa en numerosas iniciativas culturais en Galicia e Portugal. É membro do colectivo A porta verde do sétimo andar, un dos impulsores dos Cadernos Q de Vián, e colaborador habitual da revista Atenea. Tamén é un dos organizadores do Poetry Slam Vigo. Colabora no programa Banda Aparte 2.0 de Radio Allariz cunha sección que se chama "A cultura oculta"; e no portal "Letraenobras"[1].
Destaca o seu labor como contacontos[2] e as súas colaboracións cos Servizo de Normalización Lingüística de diversos concellos e centros educativos, tanto como contador de historias como impartindo obradoiros de poesía e de escrita.[3]
Deuse a coñecer no eido da literatura infantil e xuvenil xunto á ilustradora Luz Beloso no ano 2012 coa obra O cullarapo Croque. Este libro supuxo o primeiro libro galego auto editado a través do sistema de Crowdfunding, abrindo un novo camiño no mundo da autoedición. O soño de Esther [4] foi finalista dos premios Neira Vilas ao mellor libro infantil e xuvenil do ano 2014 e Isaac Díaz Pardo ao libro ilustrado do ano 2014. Co volume O valente coello que quixo soñar foi finalista do premio Frei Martín Sarmiento.
O seu segundo libro, A nena á que non deixaban ser feliz, foi seleccionado entre 10 000 títulos polo Servizo de Educación Pública de México para a súa incorporación ás bibliotecas de aula dos centros de ensino público.[5] En 2018 publica a novela infantil e xuvenil Música no faiado[6] e con Luz Beloso o álbum infaltil ilustrado Piratas no recreo.[7] Tamén con Luz Beloso autoeditaron en 2020 Unha folla vermella.
En 2022 editor de poesía de Antela Editorial.
Obra en galego
editarPoesía
editar- Poemas do día e da noite (2008). Publicado en Internet.
- Memorias da cidade escura (2009). Outrovigo.com.
- Imaxes e palabras (2010). Blurb.es.
- Beiramar inverno (2012). Publicado en Internet.
- Retorno ao país dos ananos sen moverse da habitación (2015). A porta verde do sétimo andar.
Literatura infanto-xuvenil
editar- O cullarapo Croque (2012). A porta verde do sétimo andar. Reeditado en 2013 por Nova Galicia Edicións (Vigo), con ilustracións de Luz Beloso. ISBN 978-8415164845.
- A nena á que non deixaban ser feliz (2013). A porta verde do sétimo andar. Reeditado en 2013 por Nova Galicia Edicións (Vigo), con ilustracións de Luz Beloso. ISBN 978-8415164883.
- O soño de Esther (2014). Vigo: Nova Galicia Edicións, con ilustracións de Luz Beloso. ISBN 978-8415164890. El sueño de Esther, Nova Galicia Edicións.
- O valente coello que quixo soñar (2015). Vigo: Nova Galicia Edicións, con ilustracións de Luz Beloso.[8] ISBN 978-8494388118.
- Mel, unha mosca agradecida (2016). Vigo: Nova Galicia Edicións, con ilustracións de Luz Beloso. ISBN 978-84-16879-21-2.
- Música no faiado (2018). Vigo: Xerais, con ilustracións de Laura Tova.
- Piratas no recreo (2018). Con ilustacións de Luz Beloso. Vigo: Belagua Ediciones. ISBN 978-84-946959-9-5.
- Unha folla vermella (2020). Con Luz Beloso. Vigo: autodedición. Álbum ilustrado de edición numerada e limitada a 300 exemplares no que, cunha soa voz, fan unha reflexión crítica sobre o proceso de creación. ISBN 978-84-09-20094-8. Prólogo de Kiko da Silva.[9]
- O país da choiva (2021). Antela Editorial. Ilustracións de Xosé Tomás. 80 páxs. ISBN 978-84-09-33067-6.
- O xigante de Allariz. Monchiño de Magarelos (2021). Antela Editorial. Con Xabier Domínguez Pérez. 26 páxs. ISBN 978-84-09-32428-6. Ilustracións de Tania Martíns. En verso.[10]
- Instrucións para ler este libro (2022). Vigo: Xerais, Sopa de Letras. Con ilustracións de Luz Beloso. 160 páxs. ISBN 978-84-1110-088-5. ePub: ISBN 978-84-1110-095-3.
- Axencia Galega de Asuntos Máxicos (2024). Vigo: Xerais. Con Ilustracións de Víctor Rivas. 104 páxs. ISBN 978-84-1110-549-1. ePub: ISBN 978-84-1110-556-9.
- O soño de Enma (2024). Ferrol: Embora. Con ilustracións de Luz Beloso. ISBN 9788419853127.
Traducións
editar- La niña a la que no dejaban ser feliz (2013). Autotradución de A nena á que non deixaban ser feliz. Nova Galicia Edicións.
- El renacuajo Croque (2013). Autotradución de O cullarapo Croque, 2013. Nova Galicia Edicións.
- El sueño de Esther (2014). autotradución de O soño de Esther.[11][12]
- As letras máis eu (2014). Xunto a Joaquina Ramilo Rouco. Editorial Sandia Books.
- El valiente conejo que quiso soñar (2015). Autotradución de O valente coello que quixo soñar. Nova Galicia Edicións.
Videopoesía
editar- En galego (2012). L’Avioneta.
- Guión de A muller lamprea IV (2014). Obradoiro de educación plástica IES As Barxas.
- Pedra e Pel (2014). Proxecto con Tere Freiría (fotografía), Susana Rocha e Sergio Martínez.
- Sinais na terra (2014). Con Flora Fernández.
Obras colectivas
editar- As voces do pan (2009). Entremos na Panificadora.
- Ciencia que conta (2010). Universidade de Vigo.
- Sétimo Andar, Poesía Alén (2010). (Nova Galicia Edicións, baixo licenza Creative Commons - Volume colectivo).
- Pegadas (2011). Nova Galicia Edicións.
- Coroa poética a Urbano Lugrís (2011). A nave das ideas.
- Sétimo andar (2012). A porta verde do sétimo andar - Cadernos de Q de Vian.
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (2013). A. C. Caldeirón.
- Xabarín 18 (2013). EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia.
- O xigante de Magarelos (2013). Edizer.
- Alén do silencio (2014). Abooks.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015). Libro electrónico.
- 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca (2015). Biblos Clube de Lectores. Poesía.
- Dez anos na Porta (2015) A porta verde do sétimo andar. Poesía.
- Aldeas sen voz (2016). Editorial Canela.
- E de súpeto o inverno (2017). Agalir.
- Latexo Beat (2017). Galaxia.
- Contos Estraños (2017). Volume 11. "A rebelión de Prometeo".
- Poemaria (2018). Amargord Ediciones.
Obra en castelán
editarLiteratura infanto-xuvenil
editar- La seguridad vial y yo (2016). Nova Galicia Edicións. Con ilustracións de Xosé Tomás.
- No quiero ir (2016). Nova Galicia Edicións. Con ilustracións de Xosé Tomás.
Premios
editar- Segundo premio do Certame de relatos Ciencia que conta no 2010.
- Premio do I Certame de micro-relatos OZOCOgz no 2013.
- Premio secundaria obrigatoria da Concellería de Normalización Lingüística de Compostela no 2014, por A muller lamprea IV.
- Premio Olloboi Orixinal no 2014, por A muller lamprea IV.
- Premio no Festival Internacional de Curtas de Bueu por Cabelos de Batalla, feito no obradoiro de plástica do IES As Barxas no 2016.
- Premio "Paraugas" 2017 do Cluster de Comunicación de Galicia ao libro infantil do ano con "Manual del Bullying", editado por Nova Galicia Edicións.
Notas
editar- ↑ Colaboracións do autor en Letraenobras
- ↑ "Cuentacuentos de Miguel Ángel Alonso en el CEIP A Pedra". farodevigo.es. Consultado o 30/11/2018.
- ↑ "Miguel Ángel Alonso Diz imparte un taller de escritura creativa". farodevigo.es. Consultado o 30/11/2018.
- ↑ "Criticalia.Un soño de vogais". armandorequeixo. Consultado o 30/11/2018.
- ↑ ""O libro galego reforza a súa proxección internacional a través dos centros de ensino público de México", El Correo Gallego, 03/02/2015". Arquivado dende o orixinal o 07/02/2018. Consultado o 06/02/2018.
- ↑ "Miguel Angel Alonso Diz. Obra". aelg.gal. Consultado o 30/11/2018.
- ↑ Alonso Diz, Miguel Ángel; Beloso, Luz (2018). Piratas no recreo. Belagua Ediciones. ISBN 978-84-946959-9-5.
- ↑ "O valente coello que quixo soñar, de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso". cadernodacritica.wordpress.com. Consultado o 30/11/2018.
- ↑ Nicolás, Ramón (2021-01-18). "Unha folla vermella, de Miguel Anxo Alonso Diz e Luz Beloso". Caderno da crítica. Consultado o 2022-08-02.
- ↑ "El «biopoema» de Monchiño de Magarelos". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-11-02. Consultado o 2021-11-02.
- ↑ "El sueño de Esther". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-22.
- ↑ "El sueño de Esther". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-22.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- O forxador de versos, blog do autor desactualizado.
- Biografía en As escollas electivas
- "O cullarapo Croque" e "A nena á que non deixaban ser feliz" en Fervenzas Literarias.
- Miguel Ángel Alonso Diz en aboutme
- Videopoema "En galego"
- Cal é a orixe da túa vocación literaria? Por que comezaches a escribir?
- Piratas no recreo, booktrailer