IES Monte Carrasco

instituto de ensino público en Darbo, Cangas

Coordenadas: 42°16′32″N 8°47′38″O / 42.275613971603, -8.7937831135383

O IES Monte Carrasco é un instituto público de ensino secundario obrigatorio situado na localidade pontevedresa de Cangas.

IES Monte Carrasco
Enderezo
Datas
Educación
Xestión
Na rede

Localización editar

Está situado no monte Carrasco, na parroquia de Darbo. Do monte toma o nome e o logotipo, pois este reproduce unha mostra da arte rupestre da zona.

Historia editar

Foi creado no ano 1987 como colexio de educación primaria, e como desdobramento do colexio de ensino infantil e primario de San Roque, situado na mesma parroquia de Darbo. No ano 1998 transfórmase en instituto coa entrada en funcionamento da nova rede de centros contemplada na LOXSE e é ampliado. A partir dese momento terá como único centro adscrito o citado CPEIP de San Roque. Conta con oito unidades de ensino secundario obrigatorio en liña 2 con capacidade para 240 alumnos e alumnas. A súa oferta educativa conta con medidas de atención á diversidade (seccións bilingües, agrupamentos específicos, desdobres en materias instrumentais, programas de diversificación curricular e programas de cualificación profesional inicial), e a participación en plans de mellora da calidade. No curso 2010-2011 foi seleccionado para o desenvolvemento do Proxecto Abalar na nosa comunidade; conta con catro aulas de 1º e 2º ESO equipadas para a inclusión das novas tecnoloxías na práctica educativa e catro Aulas dixitais en 3º e 4º ESO. No curso 2015-2016 implanta a materia LOMCE de libre configuración "Información e Tratamento da Información" para os cursos de 1º e 2º de ESO. Dende o curso 2017-2018 participa no Proxecto Edixgal coa implantación do libro dixital. O seu lema: "Atención personalizada á diversidade".

Dirección do centro editar

  • Xosé Ramón Bernárdez (1987-1990)
  • Xosé Francisco Dalama (1990-1993)
  • Manuela Barrio Val (1993-1996 e 2002-2003)
  • Xosé Ramón Vidal Calvelo (1996-2002 e 2003-2004)
  • Dolores Nores Maquieira (2004-2008)
  • Begoña Otero Riobó (2008-2012)
  • Alexandre Cortés Ayaso (2012-2015)
  • Miguel Cameselle Teijeiro (2015-2018)
  • Seila Acuña Ferradanes (2018-2021)
  • Ana María Soliño Pérez (2021-Actualidade)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar