Interleucina 1
A interleucina 1 (IL-1 ou IL1) é unha citocina producida por múltiples estirpes celulares, principalmente por macrófagos activados. Prodúcese en grandes cantidades como resposta a infeccións ou calquera tipo de lesión. É un mediador fundamental na resposta inflamatoria ocasionando febre, neutrofilia e produción de proteínas de fase aguda. Codificada no cromosoma 2, historicamente foi unha das primeiras citocinas descubertas.
Interleucina 1 beta
| |
Identificadores | |
Símbolo | IL1B |
Símbolos alt. | IL1F2 |
Entrez | 3553 |
HUGO | 5992 |
OMIM | |
PDB | 2MIB |
RefSeq | NM_000576 |
UniProt | P01584 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 2 q13-q21 |
Características
editarA IL-1 é liberada polos macrófagos, monocitos e células dendríticas en resposta ao factor de necrose tumoral alfa (TNF-α). Coñécense tres formas:
- IL-1α. [1] É maiormente intracelular e termina adherida á membrana celular con certos efectos parácrinos no contorno da célula secretora.
- IL-1β. É secretada á circulación e interacciona con dous tipos de receptores.
- - Tipo I: atópanse sobre a maioría das células do corpo e parece ser o mediador das respostas clásicas da IL-1.
- - Tipo II: atópanse sobre linfocitos B, neutrófilos, monocitos e células da medula ósea.
- IL-1RA. É inhibitoria sobre as outras dúas formas actuando como antagonista impedindo a unión de IL-1a e β aos seus respectivos receptores.
A pesar das diferenzas estruturais entre a IL-1α e a IL-1β, ambas se unen ao mesmo receptor. Por suposto, o antagonista IL-1RA ten afinidade por ese mesmo receptor. As tres moléculas, así como o seu receptor, sintetízanse a partir de xenes localizados no mesmo cromosoma. IL-1α e IL-1β son fragmentos de 17 kDa orixinados a partir de proteínas precursoras inactivas, duns 30 kDa, chamadas pro-IL-1α e pro-IL-1β.
Funcións
editarA interleucina 1 ten accións estimuladoras, así como inhibitorias, sobre diversos tipos celulares e incluso promove a apoptose doutras. Entre as súas funcións principais están:
- Efectos proinflamatorios produto da liberación de histamina por mastocitos, causando vasodilatación e os signos de inflamación localizada.
- Ten actividade quimotáctica sobre os granulocitos.
- Causa febre por liberación de prostaglandinas, sobre todo por incrementar os niveis de prostaglandina E2 (PGE2)
- Xunto con IL-6 causa elevación das proteínas hepáticas de fase aguda (por ex., fibrinóxeno e proteína C reactiva).
- Actúa sobre o sistema nervioso central producindo sono e anorexia durante procesos infecciosos polo efecto do óxido nítrico. Ese mesmo efecto inhibe a contracción da musculatura lisa das arterias e do músculo cardíaco.(Cabe dicir que o oxido nítrico é un mediador soluble das inflamacións, nestas produce vasodilatación)
- Estimula a liberación de hormonas da hipófise.
- Incrementa o número de células precursoras da medula ósea.
- Promove a expresión dos xenes que a producen, así como da síntese das prostaglandinas, leucotrienos, interleucina-8 e de certos protooncoxenes como c-fos.
- Incrementa a expresión cos complexos de histocompatibilidade. Isto podería provocar o rexeitamento dun transplante previo á administración de IL1.
Investigación
editarEnsaiouse o seu uso na estimulación da reacción inflamatoria en doentes inmunodeprimidos. Así mesmo, o hipotético uso de antagonistas da IL-1 como antiinflamatorios.
Notouse que certos tumores medran máis lentamente do común, ou non se desenvolven, en ratos carentes de IL-1.
Crese que IL-1 é un intermediario das hormonas gonadotropinas no ciclo da ovulación
Notas
editarLigazóns externas
editar- IL-1 en Prospecbio (en inglés)