Ilya Ilyich Mechnikov

Ilya Ilyich Mechnikov, ou en cirílico Илья Ильич Мечников, tamén coñecido como Elías Metchnikoff, nado en Khárkiv o 16 de maio de 1845 e finado en París o 16 de xullo de 1916, foi un microbiólogo ucraíno de orixe xudía, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1908.

Modelo:BiografíaIlya Ilyich Mechnikov

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalIlya Ilyich Mechnikov
Biografía
Nacemento3 de maio de 1845 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Ivanivka, Ucraína (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte2 de xullo de 1916 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata (71 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaParís Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Gotinga
Q106947038 Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseLeon Cienkowski e Louis Pasteur Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoInmunoloxía, microbioloxía, xerontoloxía, patoloxía, Embrioloxía e sistema inmunitario Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbiólogo, médico, fisiólogo, microbiólogo, entomólogo, inventor, zoólogo, químico, immunólogo, botánico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorInstituto Pasteur (1888–1916)
Universidade Nacional de Odessa (pt) Traducir
Imperial St. Petersburg University (en) Traducir
Imperial Novorossiia University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosDanylo Zabolotny (en) Traducir, Nikolay Gamaleya (pt) Traducir, Waldemar Haffkine (pt) Traducir, Q16535549 Traducir, Lev Tarassevitch (en) Traducir, Ivan Savchenko (en) Traducir e Alexandre Besredka Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoJules Bordet, Waldemar Haffkine (pt) Traducir, Alexandre Besredka, Eugène Wollman (pt) Traducir, Józef Nusbaum-Hilarowicz (pt) Traducir e Lev Tarassevitch (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Abreviación dun autor en botánicaMetschn. Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeQ130388202 (1869–)
Olga Belokopytova Editar o valor en Wikidata
PaisIlya Ivanovich Mechnikov Editar o valor en Wikidata  e Emilia Barto Mechnikov Editar o valor en Wikidata
IrmánsIvan Ilyich Mechnikov
Léon Metchnikoff Editar o valor en Wikidata
ParentesM. L. Nevakhovich
Q18590225
Maria Nikolaïevna Kouznetsova Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Мечников Илья Ильич)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1209399 WikiTree: Mechnikov-1 Find a Grave: 217526034 Editar o valor en Wikidata
Ilya Ilyich Mechnikov

Traxectoria

editar

Durante o traxecto da súa vida deulle as costas á tradición xudía dos seus devanceiros; converteuse lentamente nun fervente ateo e revolucionario. A lectura do libro A orixe das especies de Charles Darwin produciulle un forte impacto no seu concepto científico da natureza. Logo chegou, grazas ao azar, á microbioloxía, onde descubriu procesos como a fagocitose axudado e patrocinado por Louis Pasteur en Francia.

Estudou nas universidades de Khárkiv e Würzburg. En 1870 foi nomeado profesor de zooloxía da Universidade de Odesa, cargo que deixou en 1882 para dedicarse a investigar en bacterioloxía e patoloxía. Tras dirixir o Instituto Bacteriolóxico de Odesa entre 1886 e 1888, trasladouse ao Instituto Pasteur de París, sendo nomeado subdirector en 1895.

En 1884 formulou a "teoría fagocitósica da inmunidade", que explicaría a capacidade do corpo humano para resistir e vencer as enfermidades infecciosas. Pero os seus estudos máis importantes están relacionados coa sífilis, estudos que permitirían posteriormente a Paul Ehrlich descubrir un tratamento eficaz contra ela. Foi o introdutor do emprego dos fermentos lácticos en terapéutica para modificar a fermentación pútrida no intestino e creu atopar nos microbios do leite acedo -o iogur- a solución ao problema do envellecemento.

Tivo sempre un respecto reverencial pola morte e por iso creou disciplinas científicas como a xerontoloxía (ciencia da vellez) e a tanatoloxía (ciencia da morte). Ilya cría que a morte estaba vencellada, en certa forma, coa sífilis e buscou, xunto con Emile Roux, unha cura, descubrindo o ungüento gris a base de calomelanos.

En 1908 compartiu con Paul Ehrlich o Premio Nobel de Medicina polos seus traballos sobre a fagocitose e a inmunidade.

Bibliografía

editar

Entre as obras que deixou escritas destacan Patoloxía comparada da inflamación (1893), A natureza do home (1903), A inmunidade nas enfermidades infecciosas (1905) e O alongamento da vida (1908).


Véxase tamén

editar