Hugo o Grande (robertiano)

(Redirección desde «Hugo de París»)

Hugo o Grande[1], chamado ás veces Hugo o Branco por mor da súa cor pálida, nado en Fontaines-en-Sologne en torno ao 898 e finado o 16 de xuño de 956 en Dourdan, foi conde de París, marqués de Neustria de 923 a 956, despois duque dos francos desde 936 e conde de Auxerre desde 954 ata a súa morte. Foi o pai de Hugo Capeto.

Infotaula de personaHugo o Grande

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Hugues le Grand Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 898 Editar o valor em Wikidata
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte16 de xuño de 956 Editar o valor em Wikidata (57/58 anos)
Dourdan, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePeste Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Saint-Denis Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuque dos francos (pt) Traducir
Markgraf of Neustria (en) Traducir
Count of Auxerre (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastia robertina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeEdviges da Saxônia (pt) Traducir
Eadhild
Rohaut of Maine (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosErberto d'Auxerre (en) Traducir, filho ilegítimo (pt) Traducir
 () Edviges da Saxônia (pt) Traducir
Beatriz de França (pt) Traducir
 () Edviges da Saxônia (pt) Traducir
Hugo I de Francia
 () Edviges da Saxônia (pt) Traducir
Emma of Paris (en) Traducir
 () Edviges da Saxônia (pt) Traducir
Otto, Duke of Burgundy (en) Traducir
 () Edviges da Saxônia (pt) Traducir
Henrique I de Borgoña
 () Edviges da Saxônia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisRoberto I de Francia Editar o valor em Wikidata  e Béatrice de Vermandois (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsEmma da França (pt) Traducir e Adela da França (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Robertian-1

Traxectoria editar

Fillo de Roberto I, rei de Francia Occidental, e Beatriz de Vermandois, descendente en sexta grao pola súa nai de Carlomagno, Hugo o Grande, era unha figura poderosa no reino de Francia Occidental na orixe do establecemento da dinastía Capeto.

Na Batalla de Soissons (923)[2] morreu seu pai, Roberto, pero foi derrotado Carlos III. Despois subiu ao trono Raúl I de Francia, casado con Emma de Francia, filla de Roberto e irmá de Hugo o Grande.

 
Lois IV coa súa nai Òxiva, chamada ao trono por Hugo o Grande.

Despois da súa morte sen descendencia, en xaneiro de 936, do seu cuñado, o rei Raúl I, Hugo o Grande decidiu non solicitar a coroa de Francia occidental, que quedaba con todo ao seu alcance, na medida en que supoñía tanto para Neustria como para Francia, un potencial que o situaba por encima de todos os outros grandes do reino ("une puissance qui l'emportait sur tout autre grand")[3].

 
A coroación de Lois IV, do que foi rexente Hugo o Grande.

Pero Hugo preferiu chamar ao trono ao fillo novo de Carlos III o Simple, Lois IV de ultramar, que marchara coa súa nai no momento do exilio en Inglaterra. Esperaba gobernar no lugar do seu sobriño pola alianza familiar que os unía (casara en 926 coa irmá de Óxiva, a nai de Lois IV). A partir dese momento era o seu deber de rexente, pero ademais tiña un poder maior que se o obtivese co ascenso directo ao trono, evitando así inquietar a unha parte da nobreza. Por outra banda, isto permitíalle opoñerse ás ambicións do seu outro cuñado Heriberto II de Vermandois na loita pola hexemonía na Francia occidental. O domingo 19 de xuño de 936, Lois IV foi coroado e consagrado rei por Artaldo, o arcebispo de Reims. A cerimonia de consagración tivo lugar na igrexa da abadía de Saint-Vincent de Laon, a súa cidade natal e feudo da súa familia carolinxia.

Un mes despois, o 25 de xullo de 936, Lois IV deulle a Hugo os medios para manifestar ao reino a súa preeminencia sobre os outros príncipes do reino, outorgándolle o título de dux Francorum, duque dos francos. A importancia deste título foi explicitada o 26 de decembro do mesmo ano por un documento no que Lois IV salientaba que facía de Hugo "en todos os nosos reinos, o segundo despois de nós"[3]. asimilado a un « vicerrei" de posición equivalente ao mordomo de palacio baixo os últimos merovinxios[4]. Os diplomas de xullo, que afirmaban que era abade laico de Saint-Germain de Auxerre e amo de Autun, dous elementos fundamentais do principado borgoñón, xa acentuaran o seu poder, discutindo a lexitimidade de Hugo o Negro para se proclamar príncipe dunha Borgoña que pensara haber herdado do seu irmán o rei Raúl.

Non obstante, a preponderancia de Hugo o Grande acaba por exasperar ao novo rei que, intentando emanciparse, tomou as armas para combatelo. Hugo aliouse con Heriberto II de Vermandois e Guillerme Espada Longa, duque de Normandía[4]. En 940, Lois IV foi derrotado preto de Reims e, en 945, capturado polos normandos e entregado a Hugo, que o encomendou a Teobaldo I de Blois. Hugo liberouno baixo a presión do emperador Otón I, pero obtivo a cidade de Laon a cambio.

En 946, arranxou a sucesión de Heriberto II de Vermandois entre os seus fillos, que eran os seus sobriños, e debilitou así o poder da liñaxe. Durante un sínodo en Ingelheim en 948, o terceiro da serie despois dos de Verdun e Mousson, dedicados esencialmente a regular a cuestión da sede episcopal de Reims, Lois IV logrou excomungar a Hugo o Grande.

Dispoñendo xa da soberanía de Borgoña, que Lois IV de Francia lle concedera en 943[5], obtivo a confirmación do seu título de "duque dos francos"[4] así como a Aquitania (cuxa tutela asegurou dende o 954 ata a súa morte en 956) a cambio de que despois da morte de Lois IV consentise a subida ao trono do fillo do rei, Lotario I.

Matrimonios e descendencia editar

De Raingarda, a súa concubina, tivo a Heriberto de Auxerre († 996 ) que foi bispo de Auxerre .

Casou tres veces:

Morte de Hugo editar

Hugo o Grande morreu no "XVI das calendas de xullo do 956", é dicir o 16 de xuño de 956, no castelo de Dourdan[6]. A súa tumba está na basílica de Saint-Denis, na necrópole dos reis de Francia.

Ligazón xenealóxica entre carolinxios e capetos editar

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Hadrián
conde
Hildegarda
 
 
 
 
 
Carlomagno
(† 814)
emperador
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Pipino de Italia
(777 † 810)
rei de Italia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Lois o Piadoso
(† 840)
emperador
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Roberto III
conde de Hesbaye
 
Waldrada
 
Bernardo de Italia
(797 † 818)
rei de Italia
 
 
 
Eberardo
marqués de Friúl
 
Xisela
 
 
 
 
Carlos o Calvo
(823 † 877)
rei de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Pipino
(† despois de 850)
conde
Inxeltruda
 
 
Henrique
(† 886)
marqués de Neustria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Lois II o Tatexo
(846 † 879)
rei de Francia
 
 
Roberto o Forte
(† 866)
marqués de Neustria
 
 
 
Heriberto I
(† 900/907)
conde de Vermandois
 
 
 
 
Otón
(† 912)
duque de Saxonia
 
Hedwiga
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Roberto I
(860 † 923)
rei de Francia
 
 
 
Beatriz
 
 
 
 
 
 
Henrique I
(876 † 936)
rei de Alemaña
 
 
 
 
 
Carlos III o Simple
(879 † 929)
rei de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Hugo o Grande
(† 956)
duque dos Francos
 
 
 
 
 
Edwiga
(† 965)
 
Otón I
(912 † 973)
emperador
 
Xerberga
(† 969)
 
Lois IV de Ultramar
(† 954)
rei de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Hugo Capeto
(† 996)
rei de Francia
Otón II
(955 † 983)
emperador
Lotario
(† 986)
rei de Francia
 
 
Lois V
(† 987)
rei de Francia

Notas editar

  1. Xenealoxía de Hugo o Grande. Arquivado 08 de novembro de 2019 en Wayback Machine. (en inglés)
  2. Raoul ou Rodolphe de Bourgogne devenu roi de France l'an 923 (en francés). Dupont. 1823. 
  3. 3,0 3,1 Olivier Guillot, Albert Rigaudière, Yves Sassier 'Pouvoirs et institutions dans la France médiévale, tome I : Des origines à l'époque féodale, Armand Colin, 2003, pàg. 170
  4. 4,0 4,1 4,2 Christian Bonnet, Christine Descatoire Les Carolingiens, 741-987, Armand Colin, 2001, pàg. 214
  5. Páxina 628 na Histoire générale du Moyen Âge de Ovide Chrysanthe Desmichels (1831)
  6. Joseph Guyot Chronique d'une ancienne ville royale, Dourdan capitale du Hurepoix, París, Auguste Aubry 1869, páx. 13