Bernardo de Italia

rei dos longobardos (813-817)

Bernardo de Italia, nado sobre 797 e finado o 17 de abril de 818, foi rei dos longobardos desde 813 ata 817. Neto de Carlomagno, era un fillo ilexítimo de Pipino, rei dos longobardos.

Bernardo de Italia
Sepoltura di bernardo re d'italia, figlio di pipino e nipote di carlo magno, con affresco del xvii secolo.jpg
Nacementoc. 797
Lugar de nacementovalor descoñecido e Altos de Francia
Falecemento17 de abril de 818
Lugar de falecementoMilán
SoterradoLombardía e Basilica of Sant'Ambrogio
Ocupaciónmonarca
PaiPipino de Italia
NaiRotaida
CónxuxeCunigunda
FillosPepino de Vermandois
IrmánsAdelaide, Atala, Gundrada, Berta e Theodrada
Na rede
WikiTree: Carolingian-119 Find a Grave: 66394545 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

BiografíaEditar

Á morte de seu pai, estaba destinado a ser rei dos longobardos, pero o seu avó, Carlomagno esperou a que cumprise os quince anos antes de envialo para tomar o control de Italia, en 812. Recibiu a dignidade real en abril de 813, gobernando pero, baixo a tutela dun neto de Carlos Martel, Adalhart, primo e antigo titor de seu pai e quizais parente de súa nai.

Logo da morte de Carlomagno, prestou homenaxe ao novo emperador, o seu tío Luís o Piadoso. En xullo de 817, este último, baixo a influencia da contorna da emperatriz Ermengarda, retiroulle o goberno de Italia e o título real, coa intención de proclamar algún dos seus fillos.

Malia que había motivos para a revolta, Bernardo, nun primeiro momento non fixo movemento ningún. Pero en decembro de 817, co apoio de grandes personaxes por exemplo Anselmo, bispo de Milán, toma as armas contra o seu tío. Este someteuno obrigándoo a lle implorar perdón en Chalon-sur-Saône. Deportado a Aix-la-Chapelle, condenárono a morte. Afectado pola axitación que se vive neses momentos, provocada polos seus propios fillos, Luís o Piadoso, parece que se vai apiadar do seu sobriño, conmutando a pena de morte pola de ser cegado cun ferro candente. Bernardo morreu tres días máis tarde, a consecuencia do suplicio.

Nupcias e descendentesEditar

Cara a 813, estaba casado cunha muller chamada Cunegunda. A filiación desta muller non é coñecida, pero o seu nome coincide co de Cunegunda, esposa de Guillerme de Aquitania, e nai dun tal Heriberto, nome que aparece tamén entre os descendentes de Bernardo. Cronoloxicamente a esposa de Bernardo podería ser a filla pequena de Guillerme de Xelona e Cunegunda.

Véxase taménEditar