Pipino de Italia
Pipino de Italia, nado en abril de 773 e finado o 8 de xullo de 810, era fillo de Carlomagno e foi rei de Italia (781-810) baixo a autoridade de seu pai.
Pipino de Italia | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 777 |
Lugar de nacemento | valor descoñecido |
Falecemento | 8 de xullo de 810 |
Lugar de falecemento | Milán |
Causa | doenza |
Soterrado | Milán e Basílica de San Zenón |
Ocupación | monarca |
Pai | Carlomagno |
Nai | Hildegarda (esposa de Carlos Magno) |
Cónxuxe | Rotaida |
Fillos | Bernardo de Italia, Adelaide, Atala, Gundrada, Berta e Theodrada |
Irmáns | Carlos, o Jovem, Pipino o Xiboso, Luís I o Piadoso, Drogon de Metz, Hugh, Lotário, Teodorico, Rotrude, Teodrada, Berta, Gisela, Alpaida, Adelaide, Hildegarda, Chrotais, Hiltrude, Rodaida e Adaltruda |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Foi o terceiro fillo de Carlomagno e segundo dos tidos coa súa muller Hildegarda. Ao nacemento recibiu o nome de Carlomán, pero, a raíz da traizón de seu irmán, Pipino o Chepudo, aplicáronlle a el o nome real de Pipino. Foi proclamado Rei de Italia logo da conquista do reino longobardo por parte de seu pai. En 781 coroouno o Papa Hadrián I coa coroa de ferro dos longobardos.
Foi un gobernante activo que traballou pola expansión do Imperio Franco. En 791, conduciu un exército longobardo cara ao Val do Drava e saqueou Pannonia, mentres seu pai seguía o curso do Danubio cara ao territorio dos ávaros. Carlomagno tivo que abandonar a empresa para atender a revolta saxoa do 792. Pipino e o Duque Eric de Friúl continuaron, pero, atacando as fortificacións dos ávaros. O gran anel dos ávaros, a súa fortaleza principal, foi tomada dúas veces. O botín foi enviado á corte de Carlomagno, a Aquisgrán, e foi distribuído entre os seus colaboradores e mesmo entre gobernantes estranxeiros, coma o rei Offa de Mercia.
Realizou un longo pero infrutuoso asedio a Venecia, cidade baixo o dominio bizantino (polo menos nominalmente), no ano 810. O acoso durou seis meses e o seu exército foi devastado polas enfermidades propias das zonas húmidas da rexión e tivo que se retirar. Pipino morreu uns meses máis tarde.
Casou con Berta, filla, quizais, do conde Guillerme I de Tolosa. Tiveron cinco fillas: Adelaida, que casou con Lamberto I de Nantes, Atala, Gundrada, Berta e Tetrada. Todas elas naceron entre o ano 800 e a morte de Pipino. Tivo ademais un fillo ilexítimo, Bernardo. Pipino estaba destinado a herdar unha terceira parte do Imperio de seu pai pero morreu antes ca el. A coroa de Italia pasou ao seu fillo Bernardo, pero a dignidade imperial foi para o seu irmán máis novo, Luís o Piadoso.