Eric de Friúl
Eric (tamén Heirichus ou Ehericus [1]), finado en 799, foi duque de Friúl (Dux Foroiulensis ) desde 789 ata a súa morte.
Nome orixinal | (la) Heirichus (de) Hunroch I |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século VIII Reino franco |
Morte | 799 Liburnia (en) |
Causa da morte | morto en combate |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Carreira militar | |
Conflito | Avar Wars (en) |
Outro | |
Título | Duque de Friúl (789–799) |
Irmáns | Erbio Adriano de Orleães Geraldo Udalrich I Hildegarda de Vinzgau |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie (pt) |
Traxectoria
editarFoi o fillo máis vello de Gerold de Vinzgouw (Vintzgau) e polo matrimonio da súa irmá Hildegarda, o cuñado de Carlomagno .
A maior parte do goberno de Eric estaba ocupado na tarefa de someter os ávaros. Nisto, foi acompañado por Pipino de Italia e o seu propio pai, o margrave de Avaria. En 791, Pipino partiu da Lombardía cun exército cara ao Val do Drava e devastou Panonia, mentres que Carlomagno marchou ao longo do Danubio en territorio ávaro. Carlomagno abandonou a campaña para enfrontar unha rebelión saxoa en 792. Pipino e Eric continuaron, asaltando o Anel das fortalezas dos ávaros. O gran Anel dos ávaros, a súa capital-fortaleza, foi tomado dúas veces. O botín foi enviado a Carlomagno a Aquisgrán e redistribuído entre todos os seus seguidores, mesmo entre gobernantes estranxeiros, como o rei Offa de Mercia.
En 795 ou 796, Eric e Pipino, aliados co tudun (gobernador) dos ávaros occidentais, lideraron un ataque que forzou a submisión do khagan ávaro e levou á captura do Hringum Hunorum ou Anel dos ávaros. o seu campamento principal. O khan foi levado a Aquisgrán, onde foi bautizado como Teodoro. Segundo os Anais de Fulda, o khan foi asasinado polos seus propios homes.
Segundo os Anais Laurisenses, Eric enviou continxentes para atacar os ávaros en Panonia en 796, ao mando de Vojnomir, duque dos croatas de Panonia, sometidos aos francos.
Nalgún momento entre 787 e 796, Paulino de Aquilea (San Paulino) escribiu o Liber Exhortationis para Eric. O traballo está baseado nos Pais da Biblia e algúns da Igrexa para ofrecer instrucións sobre como vivir unha vida cristiá moralmente recta no exercicio dos dereitos seculares.
En 799 Eric morreu na Batalla de Trsat en Liburnia entre francos e croatas. O seu pai morreu na véspera da batalla cos ávaros, ese mesmo ano. Segundo o estudoso e cortesán franco, Exinardo, Eric morreu debido á traizón dos habitantes, pero non explica as circunstancias; O lugar da batalla, en latín Tharsatica ou Tarsatica, foi tradicionalmente identificado como Trsat, unha fortaleza cuxas ruínas dominan hoxe a cidade de Rijeka (Fiume). É máis probábel que a Tharsatica da historia de Exinardo sexa a civitas (en latín, "cidade"), que estaba ao outro lado do río Rječina, hoxe en día no centro histórico de Rijeka. O sitio de Trsat foi fundado polos habitantes de Tharsatica que sobreviviron, un ano despois da batalla.
Sucedeuno como duque Hunfrido.
Notas
editar- ↑ Suxeriuse que o seu nome sexa un erro de transcrición de Munichis.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Einhard. Vita Caroli Magni, versión en inglés a Fordham University Arquivado 09 de outubro de 2014 en Wayback Machine. trad. por Samuel Epes Turner. Nova York: Harper & Brothers, 1880.
- Wallach, Luitpold. "Alcuin on Virtues and Vices: A Manual for a Carolingian Soldier.", Harvard Theological Review, Vol. 48, No. 3. (Xullo. 1955), páx. 175–195.
- Ross, James Bruce. "Two Neglected Paladins of Charlemagne: Erich of Friúli and Gerold of Bavaria." Speculum, Vol. 20, No. 2. (abril 1945), páx. 212–235.
- Hodgkin, Thomas. Italy and her Invaders. Clarendon Press: 1895.