Hortensia von Roten

numismática e historiadora suíza

Hortensia von Roten, nada no cantón de Valais en 1952, é unha historiadora e numismática suíza, exdirectora do gabinete numismático do Museo Nacional Suízo.

Infotaula de personaHortensia von Roten
Biografía
Nacemento1952
Datos persoais
País de nacionalidadeSuízaSuíza
EducaciónETH Zürich.
Universidade de Zürich.
Actividade
Campo de traballoNumismática e historiografía.
Premios
2008: Premio Otto Paul Wenger.

Traxectoria

editar

Formación

editar

Hortensia von Roten naceu en 1952, filla de Iris von Roten-Meyer, unha coñecida xurista e xornalista feminista, e de Peter von Roten, un político suízo do cantón de Valais.[1][2]

Hortensia von Roten cursou o seu ensino secundario en Basilea e en Bury St. Edmunds, Inglaterra,[3] e posteriormente estudou Enxeñaría Civil no Instituto de Tecnoloxía Suízo, en Zürich, onde se graduou en 1976.[1][4]

De xeito intermitente, entre 1979 e 1989 ampliou os seus estudos na Universidade de Zürich, onde se graduou en Historia, en Literatura Inglesa e en Historia da Arte. Durante ese período, entre 1982 e 1984 residiu en Londres, onde recibiu formación numismática e musolóxica na casa de poxas Sotheby's e no Museo Victoria & Albert.[1][3][4]

Dedicación á numismática

editar

O seu exercicio profesional no ámbito numismático foi a súa contribución ao proxecto "Inventario de achados monetarios", dirixido por Hans-Ulrich Geiger, entre 1985 e 1987. E con Geiger compartiu tamén, a tempo parcial, o posto de conservadora de numismática no Museo Nacional Suízo de Zürich, no bienio 1990-1992.[1][4]

En 1993 foi nomeada conservadora titular do gabinete numismático do Museo Nacional, cargo que exerceu ata o seu retiro en 2016.[1][3] Neste período completou a súa formación con estudos de Xestión Cultural na Universidade de Basilea.[4]

No ámbito asociativo e institucional, Hortensia von Roten foi presidenta da Asoiciación Suíza de Achados Monetarios (1993-1996),[3] da Asociación Libre de Numismáticos de Zürich (desde 1992),[3] da Sociedade Suíza de Numismática (2002-2016)[3] e do Comité Internacional para os Museos Monetarios e Bancarios do ICOM (2004-2010).[1][4]

Recoñecementos

editar

Publicacións

editar

Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis representativos da traxectoria de Hortensia von Roten:[6]

  • (1988). Der Schatzfund von Ried bei Brig. Schweizerische numismatische Rundschau, Berna.
  • (1992). Münzen der Renaissance und des Barocks Kostbarkeiten aus der Sammlung der Zentralbibliothek Zürich (con E. B. Cahn e H-U. Geiger). L. Reichert, Wiesbaden. ISBN 978-3859180574
  • (1996). Keltische Münzen im Schweizerischen Landesmuseum. Katalog der Sammlung Peter Werhahn und der Neuerwerbungen seit 1978. Zeitschrift für Schweizerische Archäologie und Kunstgeschichte, Basilea.
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Kampmann, U. (2016). "Abschiedsfest für Hortensia von Roten". En Coins Weekly. 27 de xullo.
  2. "Iris von Roten, femme de droits". En Le Temps. 7 de marzo de 2013.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Kampmann, Ursula (27 de xullo de 2016). "Farewell celebration for Hortensia von Roten". coinsweekly.com (en inglés). Consultado o 10 de xullo de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "Roten, Hortensia von". En Coins Weekly. 26 de abril de 2017.
  5. "Otto Paul Wenger-Preis". NumisPost (www.numis-online.ch).
  6. "Roten, Hortensia von". WorldCat Identities.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar