Historia de Colombia

Colombia fórmase como nación no 1810 a partir da colonia española de Nueva Granada, oficializada no 1550, aínda que se constituíu uns anos antes e tomou definitivamente o seu nome actual no 1863. Este artigo cobre a historia do actual territorio de Colombia, incluíndo o que sabemos de antes da colonia.

Época precolombiana editar

As testemuñas arqueolóxicas indican que o territorio actual de Colombia foi habitado polo ser humano polo menos durante 10.000 anos.

Época hispánica editar

Os exploradores españois chegaron á zona arredor do ano 1500, atopando na rexión tribos indíxenas como os Muiscas, ás que foron subxugadas e conquistadas. Os españois construíron varios asentamentos que finalmente se converteron nas provincias que conformaron a Nova Granada, ao principio como Real Audiencia e dende 1717 como vicerreinado, incluíndo varias provincias que pertenceran ata ese momento á xurisdición do vicerreinado do Perú.

Época da independencia editar

O movemento de independencia, en gran parte liderado por Simón Bolívar e Francisco de Paula Santander, dende 1810 finalmente tivo éxito no 1819 cando o territorio ocupado polo vicerreinado de Nova Granada se converteu nunha República Federal, logo coñecida como a Gran Colombia en honra ao navegante Cristovo Colón, tras a batalla de Boyacá (7 de agosto de 1819) e o Congreso de Angostura ese mesmo ano.

A República do século XIX editar

As divisións internas dos caudillistas conduciron no 1830 á separación dos departamentos que compuñan a Gran Colombia: Venezuela, Quito (actual Ecuador) e Cundinamarca no 1830. Cundinamarca tivo o nome de Nueva Granada ata o 1863, e logo foi nomeada Estados Unidos de Colombia ata que no 1886 tomou o seu nome actual: República de Colombia.

As divisións internas permaneceron, acendendo a guerra civil de vez en cando e contribuíndo a debilitar o país no tempo previo á independencia, coa axuda de Estados Unidos que proxectaba construír unha canle de paso entre o Caribe e o Pacífico, de Panamá no 1903, que orixinalmente se unira á Gran Colombia dende 1821.

Século XX en Colombia editar

Dende a década de 1960 en adiante, o país viuse afectado por grupos insurxentes irregulares como as Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia (FARC) ou o Exército de Liberación Nacional (ELN). O presidente Belisario Betancur no 1982 comezou un movemento de reconstrución nacional tratando de integrar ás guerrillas no sistema, con resultados parciais e á vez tráxicos. No 2002, o fracaso da negociación do presidente Andrés Pastrana Arango coas guerrillas levou á elección de Álvaro Uribe, e ao desestimarse a necesidade de negociación, preséntase nun primeiro plano continuar á elaborar as estratexias da loita contra as drogas, que se materializou co Plan Colombia.


 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.