Congreso de Angostura
O Congreso de Angostura, instalado o 15 de febreiro de 1819 polo xeneral en Xefe Simón Bolívar, na súa condición de Xefe Supremo da República de Venezuela e Capitán Xeral dos Exércitos de Venezuela e da Nova Granada (no presente Colombia), na cidade de Angostura (a presente Ciudad Bolívar), representou o Segundo Congreso Constituínte da República de Venezuela. Foi elaborado no contexto das guerras de independencia de Venezuela e independencia da Nova Granada. As súas palabras están recollidas no soado Discurso de Angostura publicado no Correo del Orinoco, números 19, 20, 21 e 22, publicado do 20 de febreiro ó 13 de marzo de 1819.
Historia
editarO 15 de febreiro de 1819, seis meses antes da batalla de Boyacá, reuníronse 26 representantes dos 30 electos, quen representaban as provincias de Caracas, Cumaná, Trujillo, Margarita, Barinas, Barcelona, e Güiana, pola República de Venezuela, a provincia do Casanare pola República de Nova Granada. As provincias venezolanas Coro e Maracaibo aínda permanecían baixo o dominio dos realistas.[1]
Logo da invasión á Nova Granada (a presente Colombia) adiantada por Bolívar, o Libertador quixo que desta rexión se enviasen delegados. Pouco tempo despois, Bolívar dispuxo que a rexión administrada por Quito, aínda baixo dominio español, fóra incluída na unión xunto con Venezuela e a Nova Granada.
Constitución de Angostura
editarO Congreso instalouse para formular o que historicamente se chamou a "Lei Fundamental" (Constitución). As decisións tomadas inicialmente foron as seguintes:
- A Nova Granada foi renomeada Cundinamarca e a súa capital, Santa Fe renomeada Bogotá. A capital de Quito sería Quito. A capital de Venezuela sería Caracas. A capital da Gran Colombia sería unha nova cidade que levaría o nome do libertador Bolívar, cuxa localización debía ser determinada posteriormente (Artigo 7).
- Créase a República de Colombia, que sería gobernada por un presidente. Existiría un vicepresidente que suplantaría ó presidente na súa ausencia.
- Os gobernadores do tres Departamentos tamén se chamarían Vicepresidentes.
- A Bolívar dáselle o título de "Libertador" e o seu retrato exporíase no salón de sesións do Congreso coa lema "Bolívar, Libertador de Colombia e pai da Patria".
- O presidente e vicepresidente elixiríanse con voto indirecto, pero para efectos de empezar, o Congreso elixiunos da seguinte forma:
- Presidente da República: Simón Bolívar.
- Vicepresidente: Francisco de Paula Santander.
En agosto, Bolívar continúa a súa tarefa libertadora, parte cara á Nova Granada e deixa a cargo da presidencia a Santander mentres que Francisco Antonio Zea foi designado vicepresidente encargado e presidente do Congreso.
Ó final das sesións, o Congreso acordou que se reuniría novamente en Cúcuta, en xaneiro de 1821, para expedir a nova constitución.