Provincia de Güiana

A Provincia de Güiana (en castelán, Provincia de Guayana)[1] é unha das provincias históricas que se constituíron durante o período colonial español e que terminaría formando parte integral da Capitanía Xeneral de Venezuela despois da súa creación en 1777.

Mapa de Venezuela en 1810. En amarelo, a provincia de Güiana.

Máis tarde formou parte da Gran Colombia e, unha vez que este país desapareceu, da República de Venezuela.

Abarcaba un territorio que comprende os actuais estados venezolanos de Bolívar, Delta Amacuro e Amazonas, así como a actual zona en reclamación da Güiana Esequiba (Guayana Esequiba) e parte de Pacaraima e Pirara, no Brasil.

Notas editar

  1. Viajando por Venezuela (ed.). "Historia del Estado Bolívar". Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2014. Consultado o 25 de abril de 2015.