Hermann Maier, nado en Altenmarkt im Pongau o 7 de decembro de 1972, é un ex-esquiador austríaco que gañou dúas medallas de ouro olímpicas (4 medallas en total), tres campionatos do mundo (6 medallas en total), 4 xerais da Copa do Mundo (e 10 Copas do Mundo en diferentes disciplinas) e 54 vitorias na Copa do Mundo de Esquí Alpino (cun total de 96 podios). Foi un dos mellores expoñentes do deporte. O martes 13 de outubro de 2009 anunciou a súa retirada definitiva da competición, tras unha lesión no xeonllo dereito producida no mes de marzo e que tivo que ser operada.[1]

Infotaula de personaHermann Maier

(2006) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de decembro de 1972 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Altenmarkt im Pongau, Austria (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustria Editar o valor em Wikidata
Altura181 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónesquiador alpino , Professor de esqui (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaAustria Editar o valor em Wikidata
Deporteesquí alpino Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivaSuper-G (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
2006Esqui alpino nos Jogos Olímpicos de Inverno de 2006 - Slalom gigante masculino (pt) Traducir  (Medalla de bronce olímpica)
2006Esqui alpino nos Jogos Olímpicos de Inverno de 2006 - Super-G masculino (pt) Traducir  (medalla de prata olímpica)
1998alpine skiing at the 1998 Winter Olympics – men's giant slalom (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1998alpine skiing at the 1998 Winter Olympics – men's Super-G (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica) Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webhm1.com Editar o valor em Wikidata
Olympic.org: hermann-maier Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Inicios editar

 
Maier no "Day of Sports" de Viena en 2006.

Aínda que a Maier inicialmente non lle entusiasmaba o éxito no esquí, ía á escola de esquí Schladming, mais aos seus 15 anos foi enviado á casa porque tiña unha constitución débil debido ao seu crecemento. Unha vez na casa estivo na escola de esquí do seu pai en Flachau. No verán dedicábase a traballar como albanel e no inverno como profesor de esquí.

Participando en carreiras locais ilegais, Maier comezou a destacar como campión rexional en Salzburgo e no Tirol, pero aínda non se gañou un sitio no equipo da Copa do Mundo de esquí de Austria. O seu sobresaliente talento foi recoñecido por primeira vez polos adestradores austríacos en 1996 cando se colocou co duodécimo mellor tempo no slálom xigante da Copa do Mundo en Flachau, aínda que Maier só estaba a abrir a pista e non participaba na competición. Isto foi o principio da súa carreira internacional.

Carreira editar

En febreiro de 1997 gañou o seu primeiro evento na Copa do Mundo, unha carreira do Super-G en Garmisch-Partenkirchen, Alemaña. Rapidamente estableceuse como un esquiador explosivo e dinámico, ben coñecido pola súa forza e a súa valentía tomando risco e o esforzo sen fin que puña nas súas sesións de adestramento. Dende entón foi dominador no esquí alpino, dende o slálom xigante ata o descenso.

Nos Xogos Olímpicos de Nagano (1998) sufriu na proba de descenso unha das caídas máis espectaculares que se lembran cando saíu despedido polo aire cando ía máis de 100 quilómetros por hora voando literalmente unha centena de metros e rompendo finalmente dúas proteccións que non lograron detelo totalmente, parando case 30 metros despois. Estas imaxes deron a volta a todo o mundo e mesmo foi a portada de Sports Illustrated. Foi tan impresionante como a súa expresión de normalidade ao erguerse e abandonar polo seu propio pé a pista con só molestias no xeonllo e o ombreiro e que a pesar das súas lesións gañase nos días seguintes a medalla de ouro no slálom xigante e no super-G. Ese mesmo ano gañou a Copa do Mundo global e a modalidade de Super-G. Nos anos 2000 e 2001 volveu gañar a competición global da Copa do Mundo.

A súa prometedora carreira estivo a piques de truncarse definitivamente tras un accidente de moto en agosto de 2001 no que chocou cun automóbil camiño da casa tras unha sesión de adestramento. Os médicos estiveron a piques de cortarlle unha perna, mais a súa insistencia así como a decisión e fe do cirurxián Arthur Trost (que durante varias horas loitou coa fractura aberta, cos tendóns e os ósos esnaquizados para evitar unha amputación que parecía inevitable) salvaron mediante unha intensiva cirurxía reconstrutiva a perna esquerda do mellor esquiador do momento. Contaba entón con tres Globos de cristal (Xeral da Copa do Mundo), 41 triunfos e 69 podios na Copa do mundo e era dobre Campión Olímpico e Mundial. Maier comezou un longo e duro proceso de rehabilitación que durou 17 meses e que lle fixo perderse as tempadas 2001-2002 e 2002-2003 así como os Xogos Olímpicos de Salt Lake City 2002. Moitos pensaron que a súa carreira rematara e poucos que puidese volver andar con normalidade e moito menos esquiar.

Con todo Maier volveu á Copa do Mundo en xaneiro de 2003 en Adelboden, Suíza, e só dúas semanas despois sorprendeu a todo o mundo do esquí cunha sorprendente vitoria do super-G en Kitzbühel, Austria. En 2004, na súa primeira tempada completa tras o accidente, Maier volveu gañar a competición global da Copa do Mundo por cuarta vez na súa carreira e a súa quinta Copa do Mundo no Super-G, un feito visto como un dos maiores regresos na historia dos deportes. Ese ano, Hermann Maier recibiu o premio Laureus World Sports Award polo regreso do ano.

Como reflexo da súa natureza aparentemente indestructible, foi alcumado Herminator. Despois dos Xogos Olímpicos de Nagano apareceu no programa de Jay Leno, xunto co actor Arnold Schwarzenegger, coñecido no mundo enteiro pola saga Terminator.[2]

En 2004, Maier escribiu unha autobiografía cos seus amigos e o seu axente de publicidade, Knut Okresek. Un libro en lingua alemá titulado Hermann Maier: Dás Rennen Meines Lebens ("Herman Maier: A carreira da miña vida") no que contaba a súa recuperación dende o accidente de motocicleta en 2001. En 2005, VeloPress, adquiriu os dereitos do libro e foi publicado durante os Xogos Olímpicos de 2006 como Hermann Maier: The Race of My Life.

En outubro de 2005 Maier gañou o slálom xigante de Sölden, o que o colocou como o segundo esquiador con máis vitorias na Copa do Mundo con 51 por detrás unicamente de Ingemar Stenmark que sumou 86 e por diante de Alberto Tomba con 50. Maier conseguiu as súas vitorias en slálom xigante, superxigante, descenso e combinada, mentres que Stenmark e Tomba o fixeron unicamente en slálom e slálom xigante, o cal indica o completo que foi Maier no esquí.

O 30 de novembro de 2008, case tres anos despois do seu último triunfo nunha proba da copa do mundo, logrou sumar en Lake Louise a súa vitoria número 54 (e podio número 95), aumentando ademais a 24 a marca de vitorias en superxigante, disciplina na cal é claramente o mellor de todos os tempos. Converteuse ademais no segundo esquiador alpino de maior idade en gañar unha proba da Copa do Mundo con 35 anos e 358 días, por detrás de Marco Buechel con 36 anos e 45 días.

Resultados editar

Xogos Olímpicos de Inverno editar

Campionatos Mundiais editar

Copa do Mundo editar

Clasificación xeral Copa do Mundo editar

  • 1995-1996: 106°
  • 1996-1997: 21°
  • 1997-1998: 1º
  • 1998-1999: 3°
  • 1999-2000: 1º
  • 2000-2001: 1º
  • 2001-2002: Non participou
  • 2002-2003: 45° (soamente participou en cinco carreiras)
  • 2003-2004: 1º
  • 2004-2005: 3°
  • 2005-2006: 6°
  • 2006-2007: 19°
  • 2007-2008: 21°
  • 2008-2009: 26°

Clasificación por disciplinas (Top-10) editar

  • 1996-1997:
    • Super Xigante: 4º
  • 1997-1998:
    • Super Xigante: 1º
    • Slálom Xigante: 1º
    • Descenso: 2º
    • Combinada: 2º
  • 1998-1999:
    • Super Xigante: 1º
    • Slálom Xigante: 3º
    • Descenso: 6º
    • Combinada: 6º
  • 1999-2000:
    • Descenso: 1º
    • Super Xigante: 1º
    • Slálom Xigante: 1º
    • Combinada: 2º
  • 2000-2001:
    • Descenso: 1º
    • Super Xigante: 1º
    • Slálom Xigante: 1º
  • 2003-2004:
    • Super Xigante: 1º
    • Descenso: 3º
    • Combinada: 10º
  • 2004-2005:
    • Super Xigante: 2º
    • Descenso: 3º
    • Slálom Xigante: 4º
    • Combinada: 9º
  • 2005-2006:
    • Super Xigante: 2º
    • Descenso: 7º
    • Slálom Xigante: 8º
  • 2006-2007:
    • Super Xigante: 6º
  • 2007-2008:
    • Super Xigante: 10º
  • 2008-2009:
    • Super Xigante: 4º

Vitorias da Copa do Mundo (54) editar

Descenso (15)
Data Lugar
29 de decembro de 1997 Bormio   Italia
16 de xaneiro de 1998 Wengen   Suíza
29 de decembro de 1998 Bormio   Italia
27 de novembro de 1999 Beaver Creek   Estados Unidos
8 de xaneiro de 2000 Chamonix   Francia
29 de xaneiro de 2000 Garmisch-Partenkirchen   Alemaña
2 de decembro de 2000 Beaver Creek   Estados Unidos
9 de decembro de 2000 Val d'Isère   Francia
20 de xaneiro de 2001 Kitzbühel   Austria
2 de marzo de 2001 Kvitfjell   Noruega
8 de marzo de 2001 Åre   Suecia
6 de decembro de 2003 Beaver Creek   Estados Unidos
14 de febreiro de 2004 Sankt Anton am Arlberg   Austria
5 de marzo de 2005 Kvitfjell   Noruega
28 de xaneiro de 2006 Garmisch-Partenkirchen   Alemaña
Slálom Xigante (14)
Data Lugar
25 de novembro de 1997 Park City   Estados Unidos
6 de xaneiro de 1998 Saalbach-Hinterglemm   Austria
13 de xaneiro de 1998 Adelboden   Suíza
25 de outubro de 1998 Sölden   Austria
12 de xaneiro de 1999 Adelboden   Suíza
31 de outubro de 1999 Tignes   Francia
24 de novembro de 1999 Beaver Creek   Estados Unidos
5 de febreiro de 2000 Todtnau   Alemaña
29 de outubro de 2000 Sölden   Austria
10 de decembro de 2000 Val d'Isère   Francia
9 de xaneiro de 2001 Adelboden   Suíza
15 de febreiro de 2001 Shigakogen   Xapón
10 de marzo de 2001 Åre   Suecia
23 de outubro de 2005 Sölden   Austria
Super Xigante (24)
Data Lugar
23 de febreiro de 1997 Garmisch-Partenkirchen   Alemaña
6 de decembro de 1997 Beaver Creek   Estados Unidos
10 de xaneiro de 1998 Schladming   Austria
11 de xaneiro de 1998 Schladming   Austria
1 de febreiro de 1998 Garmisch-Partenkirchen   Alemaña
13 de decembro de 1998 Val d'Isère   Francia
21 de decembro de 1998 Innsbruck   Austria
9 de xaneiro de 1999 Schladming   Austria
7 de marzo de 1999 Kvitfjell   Noruega
28 de novembro de 1999 Vail   Estados Unidos
5 de decembro de 1999 Lake Louise   Canadá
21 de xaneiro de 2000 Kitzbühel   Austria
16 de marzo de 2000 Bormio   Italia
26 de novembro de 2000 Lake Louise   Canadá
19 de xaneiro de 2001 Kitzbühel   Austria
4 de marzo de 2001 Kvitfjell   Noruega
27 de xaneiro de 2003 Kitzbühel   Austria
30 de novembro de 2003 Lake Louise   Canadá
1 de febreiro de 2004 Garmisch-Partenkirchen   Alemaña
11 de marzo de 2004 Sestrières   Italia
24 de xaneiro de 2005 Kitzbühel   Austria
6 de marzo de 2005 Kvitfjell   Noruega
20 de xaneiro de 2006 Kitzbühel   Austria
30 de novembro de 2008 Lake Louise   Canadá
Combinada (1)
Data Lugar
18 de xaneiro de 1998 Wengen/Veysonnaz   Suíza

Notas editar

  1. El austriaco Hermann Maier anuncia su retirada del esquí alpino
  2. Espen, Hal (28 de outubro de 2003). Outside 25: Classic Tales and New Voices from the Frontiers of Adventure. W. W. Norton & Company. p. 269. ISBN 978-0-393-32503-4. Consultado o 25 de marzo de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar