Helene Schjerfbeck

pintora finlandesa

Helena Sofia (Helene) Schjerfbeck, nada en Helsinqui o 10 de xullo de 1862 e finada en Saltsjöbaden (Suecia) o 23 de xaneiro de 1946, foi unha pintora modernista finesa. É coñecida tamén pola súa obra realista e os seus autorretratos, e tamén polas paisaxes e naturezas mortas. Durante a súa longa vida o estilo da súa obra mudou de xeito drástico. Dende o realismo de influencia francesa e a pintura ao ar libre foi gradualmente evolucionando cara a retratos e naturezas mortas. Ao principio da súa carreira ela creou acotío pinturas de temática histórica, como Guerreiro Ferido na Neve (1880), Na Porta da Prisión de Linköping en 1600 (1882) e A Morte de Wilhelm von Schwerin (1886).

Infotaula de personaHelene Schjerfbeck

Helene Schjerfbeck en 1890 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fi) Helena Sofia Schjerfbeck Editar o valor em Wikidata
10 de xullo de 1862 Editar o valor em Wikidata
Helsinqui, Finlandia Editar o valor em Wikidata
Morte23 de xaneiro de 1946 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Saltsjöbaden, Suecia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Hietaniemi Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesHelene Schjerfbeck Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFinlandia Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademy of Fine Arts of Helsinki (en) Traducir
Academia Colarossi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Italia (1888–1890)
Inglaterra (1886–1890)
Francia (1886–1887)
París (1880–1884)
Helsinqui (1873–1880) Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintora , artista Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoRetrato Editar o valor em Wikidata
MovementoRealismo Editar o valor em Wikidata
AlumnosHilda Flodin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua finesa Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsMagnus Schjerfbeck (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0772035 Musicbrainz: 3badcff9-01df-42ea-b818-fb0873dbf0f2 Editar o valor em Wikidata

A pintura histórica era polo xeral un terreo de homes, ao basearse na experimentación con influencias modernas e no naturalismo radical francés. En consecuencia, a súa obra da década de 1880 non tivo unha acollida favorábel até avanzada a súa vida.[1]

«Enceta a súa obra cunha técnica fascinante, unha versión algo melancólica do realismo académico de finais do século XIX…acaba con imaxes sintéticas, case abstractas, en que a pureza da pintura mantén un perfecto equilibrio cunha descrición enigmática». (Roberta Smith, The New York Times, 27 de novembro de 1992)[2]

O 10 de xullo, aniversario de Schjerbeck, é o día nacional da pintura en Finlandia.

Primeiros anos editar

 
Schjerfbeck en 1880

Helena Sofia Schjerfbeck naceu o 10 de xullo de 1862 en Helsinqui (daquela un Gran Ducado autónomo dentro do Imperio Ruso). O seu pai era Svante Schjerfbeck, director de oficina, e a súa nai, Olga Johanna (de solteira Printz).[3] Tivo un irmán máis vello, Magnus Schjerfbeck, arquitecto.[1] En 1866, con catro anos, caeu por unhas escaleiras e lesionou a cadeira, o que lle impediu ir á escola e deixouna coxa para o resto da súa vida.

Mostrou talento dende unha curta idade, e en 1873, con once anos, ingresou na Escola de Debuxo da Kuvataideakatemia (Sociedade de Arte de Finlandia). Os seus custos foron pagos polo pintor Adolf von Becker, quen viu o seu talento.[4] Na escola coñeceu a Helena Westermarck. Xunto coas artistas Maria Wiik e Ada Thilen, as catro tiveron unha amizade moi próxima durante as súas vidas.[1]

Tras finar de tuberculose o pai de Schjerfbeck o 2 de febreiro de 1876, a nai comezou a acoller hóspedes para poderen saír adiante. Un ano após a morte do pai, Schjerfbeck graduouse da Escola de Debuxo. Continuou a súa educación xunto con Westermarck nunha academia privada dirixida por Adolf von Becker, quen utilizaba o estudo de debuxo da Universidade de Helsinqui. O profesor Georg Asp sufragou esas leccións. Becker ensinoulle as técnicas da pintura ao óleo francesa.[1]

En 1879, con 17 anos, Schjerfbeck gañou o terceiro premio dun certame organizado pola Kuvataideakatemia, e o ano seguinte a súa obra foi parte dunha exposición anual organizada pola institución. Schjerfbeck pasou parte dese verán na mansión da súa tía materna Selma Printz e do home desta, Thomas Adlercreutz. Alí dedicouse a debuxar e a pintar aos seus curmáns. Schjerfbeck estabeleceu unha relación particularmente estreita coa súa curmá Selma Adlercreutz, da súa idade. Ese mesmo ano marchou a París tras recibir do Senado Dirixente imperial unha axuda para a viaxe.[1]

París editar

En París Schjerfbeck pintou con Helena Westermarck, e posteriormente comezou a estudar con Léon Bonnat no estudio de Madame Trélat de Vigny. En 1881 trasladouse á Académie Colarossi, onde volveu coincidir con Westermarck. O Senado Dirixente deulle outra bolsa, coa que botou un par de meses en Meudon e despois algúns máis en Pont-Aven, preto de Concarneau, na Bretaña. Máis tarde regresou á Académie Colarossi por un breve período antes de instalarse de novo en Finlandia, na mansión Adlercreutz, en 1882. Schjerfbeck mudábase acotío, pintando e estudando con distintas persoas. A Kuvataideakatemia remunerouna por continuar a mostrar a súa pintura nas súas exposicións, e tamén fixo ilustracións para libros.

En 1884 volveu a París á Académie Colarossi con Westermarck, mais esta vez para traballaren alí. Durante este período participou en Le Salon, a exposición anual da Académie des Beaux-Arts, e volveu pintar na Bretaña. Na capela de Tremalo, preto de Pont-Aven, pintou A Porta (1884).[1]

Compromiso e viaxes editar

A finais do outono de 1883 comprometeuse co pintor sueco, Otto Hagborg, quen tamén viviu en Pont-Aven durante o inverno e a primavera de 18831884. Porén, o compromiso rompeuse en 1885 cando a súa coxeira fixo sospeitar á familia de Hagborg dunha posíbel tuberculose. Schjerfbeck nunca chegou a casar.[1]

Despois de pasar un ano en Finlandia, Schjerfbeck volveu a París no outono de 1886. A Kuvataideakatemia deulle máis diñeiro para viaxar e en 1887 viaxou a Porth Ia (Cornualla).[1] Alí pintou A Panadaría (1887) e O Convalecente. Por este último recibiu a medalla de bronce na Exposición Universal de París en 1889, e posteriormente foi adquirido pola Kuvataideakatemia. Neste período o seu era un estilo de pintura ao ar libre naturalista.

Docencia e sanatorio editar

Na década de 1890 Schjerfbeck comezou a dar clases na Escola de Debuxo da Kuvataideakatemia, renomeada como Academia de Belas Artes. Hilda Flodin foi unha das súas alumnas.[5] Porén, en 1901 caeu demasiado enferma para ensinar e en 1902 renunciou ao seu posto. Mudouse a Hyvinkää, onde continuou a pintar e expoñer mentres coidaba da súa nai, quen viviu con ela até a súa morte en 1923.[2] O contacto único de Schjerfbeck co mundo de arte era a través das revistas enviadas por amizades súas.[6]

Durante este período pintou naturezas mortas, paisaxes, autorretratos e retratos, como os da súa nai, de mozas escolares do lugar e de mulleres traballadoras, co que evolucionou cara ao modernismo. A súa obra foi comparada coa de artistas como James McNeill Whistler e Edvard Munch, mais dende 1905 adquiriu un carácter xenuíno e persoal.[2]

Exposicións editar

En 1913 Schjerfbeck coñeceu o negociante de arte Gösta Stenman, quen a animou a expoñer en Malmö (1914), Estocolmo (1916) e San Petersburgo (1917). En 1917 Stenman organizou a primeira exposición de Schjerfbeck en solitario e ese ano Einar Reuter (alias H. Ahtela) publicou o primeiro monográfico de Schjerfbeck. Expuxo tamén en Copenhague (1919), Gotemburgo (1923) e Estocolmo (1934). En 1937 Stenman organizou outra exposición en solitario dela en Estocolmo, e en 1938 empezou a pagarlle un estipendio mensual.[2] Nas décadas de 1930 e 1940 expuxo con éxito a súa obra en Suecia.

Últimos anos e morte editar

Co paso dos anos, Schjerfbeck foi viaxando cada vez menos. Por causas familiares regresou a Helsinqui e pasou a maioría de 1920 en Ekenäs, mais en 1921 volveu a Hyvinkää.

Schjerfbeck viviu arredor dun ano nunha granxa en Tenala para evitar a Guerra de Inverno, mais volveu a Ekenäs a mediados de 1940. Posteriormente residiu algo menos dun ano nun asilo antes de trasladarse ao sanatorio de Luontola. En 1944 instalouse no hotel balneario de Saltsjöbaden (Suecia), onde continuou a pintar activamente, mesmo nos seus últimos anos. Deste período destaca a súa serie de autorretratos.[1]

Morreu o 23 de xaneiro de 1946 e foi enterrada noCemiterio de Hietaniemi (Helsinqui).[7]

Obra editar

Tanssiaiskengät («Zapatos de Baile») é un dos seus cadros máis coñecidos. Pintado en 1882, retomouno en tres ocasións, e mesmo elaborou unha litografía del que o catapultou a fama internacional. A pintura mostra a súa curmá Esther Lupander, quen tiña unhas pernas extremadamente longas, polo que a pintura tamén foi coñecida como "O Saltón". De estilo realista, mostra a influencia da estadía de Schjerfbeck en París, onde declarou a súa admiración por Édouard Manet, Edgar Degas, Berthe Morisot e Mary Cassatt. O cadro foi vendido en 2008 en Londres por 3.044.500£ nunha poxa de Sotheby.[8]

Vaaleatukkainen tyttö («Moza de Cabelo Louro») é unha mostra dun estilo máis maduro, seguindo o modernismo francés. Pintado en 1916, pertence a unha serie sobre Jenny e Impi Tamlander, veciñas que facían mandados para Schjerfbeck e a súa nai e as axudaban a levar a casa familiar. Aquí a modelo é Impi. A pintura vendeuse por 869.000£ en 2015 nunha poxa de Sotheby en Londres.[9] Schjerfbeck foi incluída na exposición de 2018 Women in París 1850–1900.[10]

Legado editar

Veli Seppä, falsificador de obras de arte e admirador seu, escribiu sobre o tempo en que falsificaba obras de Schjerfbeck:

«Cando invadín a Schjerfbeck sentín como se profanase algo sagrado. Foi como irrompese unha igrexa para roubar os obxectos de valor da sancristía».

O tamén falsificador Jouni Ranta (amigo de Seppä), quen recoñeceu a venda de 60 falsificacións de Schjerfbeck, foi máis crítico e considerou que a fama da pintora era inmerecida.[11]

A novela biográfica Helene (2003), de Rakel Liehu, foi un éxito de crítica e de vendas, e en 2004 gañou o Premio Runeberg.[12] Foi adaptada ao cinema en 2020, baixo a dirección por Antti Jokinen e con Laura Birn como Schjerfbeck.[13] O filme foi nomeado para un premio na categoría de longametraxe no Festival Internacional de Cinema de Shanghai de 2020.[14]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Konttinen, Riitta. "Details". Suomalaisen Kirjallisuuden Seura - Henkilöhistoria (en inglés). 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Smith, Roberta (27 de novembro de 1992). "Review/Art; A Neglected Finnish Modernist Is Rediscovered". New York Times (en inglés). Consultado o 15 de xullo de 2023. 
  3. Lindroos, Charlotte; Löyttyniemi, Raili (7 de xullo de 2017). "Omakuvista tunnettu Helene Schjerfbeck rikkoi rajoja monella tavalla". YLE (en finés) (Helsinki). Consultado o 15 de xullo de 2023. 
  4. Ahtola-Moorhouse, Lena: 'Schjerfbeck, Helene [Helena] (Sofia)'
  5. "Hilda Foldin". Keuruun Museosäätiö (en finés). Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2016. 
  6. Facos, Michelle (primavera-verán de 1995). "Helene Schjerfbeck's Self-Portraits: Revelation and Dissimulation". Woman's Art Journal (en inglés) 16 (1): 12–17. ISSN 0270-7993. doi:10.2307/1358625. 
  7. "HIETANIEMEN MERKITTÄVIÄ VAINAJIA" (PDF). Kirkko Helsingissä (en finés). 
  8. "(#219) Helene Schjerfbeck Finnish 1862-1946". Sotheby's (en inglés). 
  9. "(#10) Helene Schjerfbeck". Sotheby's (en inglés). 
  10. Madeline, Laurence (2017). Women Artists in Paris, 1850-1900 (en inglés). Yale University Press. ASIN 0300223935. ISBN 9780300223934. 
  11. Kotirinta, Pirkko (25 de xuño de 2020). "Suomen taitavimpiin kuulunut väärentäjä Veli Seppä kertoo kirjassa, kuinka helppoa työ oli – Kymmeniä väärennettyjä Schjerfbeckejä saattaa yhä seikkailla jossain". Helsingin Sanomat (en finés). Consultado o 19 de xullo de 2023. 
  12. Ruuska, Helena (25 de outubro de 2020). "Rakel Liehun Valaanluiset koskettimet kertoo runoilijan omakohtaisen kasvukertomuksen – kiehtovasti pianon näkökulmasta". Helsingin Sanomat (en finés). Consultado o 19 de xullo de 2023. 
  13. "Helene (2020)". IMDb (en inglés). 
  14. "Antti J. Jokisen Helene-elokuva on valittu ehdolle kansainvälisen elokuvafestivaalin kilpasarjaan". Keski-Uusimaa (en finés). STT. 24 de xullo de 2020. Consultado o 19 de xullo de 2023.